Coñece os nosos produtos e solucións sostibles para Empresas
Financiamos actividades para a transición sostible a través de produtos como préstamos agropecuarios, financiamento para a renovación de flotas ou para a renovación enerxética mediante paneis solares. Coñece as nosas solucións para enerxías renovables, mobilidade sostible e construción eficiente.

Next Generation: financiamento e asesoramento
Contamos con solucións de financiamento e asesoramento específico para desenvolver proxectos de sustentabilidade ou de dixitalización no teu negocio.

Agro sostible
Ofrecemos solucións específicas para o sector agro orientadas a facilitar a transición cara a unha economía máis sostible; con ABANCA Agro terás asesoramento experto e produtos deseñados para as necesidades concretas do sector.

Un sector marítimo e pesqueiro sostible
En ABANCA Mar contamos cunha oferta de valor segmentada e exclusiva para o sector do Mar, con foco no anticipo de financiamento para investimentos que combatan o cambio climático, melloren a eficiencia enerxética ou a biodiversidade.

Transición enerxética sostible
Da man dos nosos xestores especializados, en ABANCA Energy promovemos a transición enerxética das empresas e Comunidades de Propietarios a través do aforro de enerxía, a redución do uso de combustibles fósiles e a adopción de novas fontes de enerxía sostibles.

Recoñecemento en Sustentabilidade
O noso desempeño conta cos máis altos avales externos:
- A axencia Sustainalytics(1) de rating ESG posicionounos como a 1ª mellor entidade bancaria española e 2ª entidade a nivel mundial en "Regional banks".
- Este recoñecemento avala a nosa excelencia en ética empresarial, gobernanza corporativa e integración de factores ESG, respaldada ademais por diversas certificacións de bo goberno medioambientais, xestión de talento e persoas.

Preguntas frecuentes sobre sustentabilidade en ABANCA
Dúbidas
É moi sinxelo, rápido e non precisas usar sobres nin colectores especiais. Só tes que seguir estes pasos en calquera caixa automático de ABANCA:
- Introduce a tarxeta que desexas reciclar na caixa.
- Na pantalla principal, selecciona a opción "Reciclar tarxeta".
- A caixa reterá a tarxeta de xeito seguro e nós encargarémonos de todo o proceso de xestión do residuo.
Non, este servizo é totalmente gratuíto. En ABANCA queremos poñerlle as cousas fáciles ás empresas para que adopten prácticas sostibles. Podes renovar e reciclar todo o parque de tarxetas de empresa de ABANCA dos teus colaboradores a coste cero, sabendo que cumpres cunha xestión responsable dos residuos plásticos e tecnolóxicos da túa actividade.
A seguridade das túas contas corporativas é o primeiro. Ao seleccionar a opción de reciclaixe en calquera caixa automática de ABANCA, a máquina retén o plástico nun compartimento interno blindado de forma irreversible. Nese mesmo microsegundo, o sistema dá de baixa e destrúe loxicamente os datos da empresa vinculados a ese plástico. Así evitamos calquera risco de fraude, duplicación ou brecha de seguridade coas tarxetas dos teus empregados.
Para que a actividade do teu negocio non se deteña, antes de que un empregado recicle a súa tarxeta caducada na caixa automática de ABANCA, asegúrate de que xa recibiu e activou a súa nova tarxeta de empresa. A activación pódese realizar nun segundo a través da banca electrónica de empresas, a app ou facendo unha operación co PIN na propia caixa automática. Unha vez activa a nova, a vella xa pode ir directa ao circuito de reciclaixe.
En ABANCA ofrecémosche asesoramento especializado para axudarche coa financiación dos fondos Next Generation.
Acompañámoste en todo o proceso se o obxectivo da túa empresa é:
- Mellorar a eficiencia enerxética das túas instalacións.
- Renovar os vehículos do teu negocio por opcións máis sostibles.
- Transformar a túa industria cara a un modelo de baixas emisións.
Ademais, se precisas liquidez mentres chega a resolución oficial, contamos coa opción de anticipar as axudas e subvencións oficialmente concedidas e debidamente xustificadas vinculadas á sostibilidade para que non teñas que frear os teus plans.
A principal diferenza reside no propósito e nas condicións. As nosas solucións sostibles están vinculadas a (reducción de emisións, eficiencia enerxética). Isto permítenos ofrecer prazos de amortización adaptados ao retorno enerxético do proxecto, acceso a liñas de anticipo de subvencións ou CAEs, e en ocasións, condicións financeiras bonificadas polo cumprimento de obxectivos ESG.
En ABANCA, financiamos unha ampla gama de investimentos sostibles deseñados para mellorar a eficiencia e reducir a pegada de carbono da túa empresa:
- Eficiencia enerxética: Actuacións orientadas ao aforro de enerxía como a rehabilitación de envolventes térmicas (illamento en fachadas, cubertas, cambio de xandaias e selaxe de ocos) e climatización eficiente (como caldeiras de condensación, bombas de calor, aerotermia, xeotermia,...). Moitas destas inversións poden beneficiarse do sistema de Certificados de Aforro Enerxético (CAEs), que permite monetizar o aforro enerxético xerado.
- Mobilidade sostible: Adquisición de vehículos electrificados e puntos de recarga tanto para empresas como Comunidades de Propietarios.
- Enerxías renovables para autoconsumo: Instalacións de xeración mediante paneis solares fotovoltaicos ou aeroxeradores de pequena potencia (minieólica), con ou sen sistemas de almacenamento integrados (baterías).
- Proxectos de enerxías renovables a gran escala: Financiamento de proxectos de xeración de enerxía renovable, incluíndo tecnoloxía solar fotovoltaica (FV), eólica terrestre, biometano, eólica offshore (mariña), baterías, hidróxeno verde, biocombustibles ou calquera outro activo renovable. Ofrecemos solucións adaptadas tanto a nivel corporativo como baixo a modalidade de Project Finance para grandes infraestruturas enerxéticas.
Para a nosa liña de financiamento, consideramos vehículos electrificados a aqueles que incorporan tecnoloxías de propulsión eléctrica para reducir emisións fronte aos motores de combustión tradicionais:
- Vehículos 100% eléctricos (BEV): Propulsados unicamente por enerxía eléctrica almacenada en baterías.
- Híbridos enchufables (PHEV): Combinan un motor de combustión con un eléctrico que se pode recargar externamente.
- Vehículos de autonomía estendida: Vehículos eléctricos cuxo motor de combustión actúa unicamente como xerador para aumentar o seu rango de uso.
Desde ABANCA Energy desenvolvemos unha oferta sectorial integral deseñada para cubrir as necesidades específicas de toda a cadea de valor do sector enerxético (produción, distribución e comercialización), así como das empresas auxiliares que o sustentan.
Ademais de financiar proxectos concretos de transición enerxética (como renovables ou eficiencia), ofrecemos solucións financeiras flexibles para a operativa diaria e a xestión de liquidez destas empresas, incluíndo tarifas de activo específicas para financiar circulante. O noso obxectivo é acompañar a estas compañías na súa actividade recorrente con condicións preferentes e un coñecemento experto do sector.
Aínda que non é un requisito excluyente para todas as liñas, contar cunha auditoría ou certificado enerxético é altamente recomendable. Aporta transparencia sobre o aforro proxectado, o que pode facilitar a aprobación e, en certos casos, acceder a condicións máis vantaxosas se o investimento se aliña con programas específicos (como os fondos Next Generation ou liñas ICO).
A través do noso modelo de banca de proximidade, acompañámoste non só con financiamento, senón con asesoramento experto para priorizar investimentos que reduzan as túas emisións e promovan a eficiencia, e asegurar que o teu negocio sexa resiliente fronte aos riscos climáticos futuros.
(1) Podes consultar información adicional sobre as cualificacións destas axencias neste documentoVer ficheiro PDF. As cualificacións outorgadas poden ser revisadas, suspendidas ou retiradas polas entidades cualificadoras en calquera momento. Estas cualificacións non constitúen unha recomendación para mercar, vender ou subscribir os valores emitidos por ABANCA Corporación Bancaria, S.A.




