Ir al contenido principal
Ir a menú accesibilidad
Abanca
Particulares Empresas Banca Persoal Atención ao cliente
GL
ES
EU
CA
Oficinas Faite cliente Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Para ti
  • Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Autónomos e profesionais
  • Comercios
  • Pemes
  • Empresas
  • ABANCA Agro
  • ABANCA Mar
  • Todos os productos
  • Atención ao cliente
  • Preguntas frecuentes
  • Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
  • Español
  • En euskera
  • En català
Autónomos e profesionais
Comercios
Pemes
Empresas
ABANCA Agro
ABANCA Mar

Tarxeta VISA Business

Se es autónomo ou tes unha empresa, a VISA Business pode serche de gran axuda: crea todo tipo de informes a través da túa banca electrónica e, se queres, limita os gastos dos teus empregados. Benefíciate de diferentes opcións de finanzamento e personaliza as tarxetas coa imaxe da túa empresa.

  • Solicítaa agora Serás redirixido a outro sitio web
  • Solicítaa xa https://solicitudonline.abanca.com/empresas/es/solicitartarjetabusiness_emp/J Serás redirixido a outro sitio web
  • Como funciona?

    Permíteche elixir tres opcións de pagamento: mes a mes, a tres meses, ou pagar unha cota fixa mensual.

  • Que é o mellor?

    Permíteche crear informes das tarxetas e establecer un límite de gasto diario e mensual.

  • Que aforro?

    Aproveita os seguros gratuítos, descontos en gasolineiras e todas as ofertas do programa EURO 6000 Plus.

  • E que máis?

    Se solicitas máis de dez tarxetas podes personalizalas de balde coa imaxe corporativa da túa empresa.

Un sistema de pagamento seguro e personalizado

A tarxeta VISA Business é unha ferramenta de traballo fácil de utilizar que che axuda a xestionar e controlar o teu negocio.

A través da banca electrónica terás acceso a informes personalizados para que poidas supervisar de forma rápida e sinxela os teus gastos, unha opción sempre útil que pode ser indispensable se no teu negocio necesitas xestionar un gran número de pagamentos, como gastos de viaxe ou representación.

Sexa como sexa a túa empresa poderás contratar tantas tarxetas VISA Business como necesites. A túa empresa, como titular da tarxeta, terá un crédito global que poderás distribuir entre as tarxetas que lles facilites aos empregados.

Coa VISA Business non só poderás controlar mellor os gastos dos empregados, senón que até poderás fixar os límites de disposición diarios e mensuais de cada tarxeta. Ademáis, grazas á súa tecnoloxía contacless, aforrarás tempo nos vosos pagamentos e poderás empregalas para pagar co móvil con Apple Pay, Google Pay ou Samsung Pay.

E recorda: se contratas máis de 10 tarxetas VISA Business para a túa empresa, ¡personalizámoschas de balde!, incorporando o teu logo e cores corporativas.

Vantaxes e descontos

Coa VISA Business disporás dunha ampla cobertura de seguros gratuítos (de asistencia e accidente en viaxes, de atraco e uso fraudulento, etc.)

Tamén terás un desconto do 4% en gasoliñeiras Galp EnerxíaSerás redirixido a outro sitio web tanto en combustible como nas súas tendas e 1% no resto de gasoliñeiras. Se queres, podes consultar as condiciónsVer ficheiro PDF para aproveitares este desconto.

Tamén pasarás a beneficiarte do programa de descontos EURO 6000 Plus con bonificacións en hoteis, viaxes e outros establecementos. Para iso só tes que inscribirte na promoción na web do programa, onde tamén podes consultar todos os descontos e as novidades que se vaian incluíndo nel.

Opcións de pagamento e financiamento a medida

A tarxeta VISA Business ofréceche a posibilidade de adaptar os teus pagamentos segundo as necesidades de financiamento do teu negocio:

  • Poderás aboar todos os pagamentos ao final de cada mes. Por exemplo, o que gastes coa túa tarxeta entre o día 20 de xullo e o 19 de agosto, pagaralo o 31 de agosto.

  • Tamén poderás adiar os teus pagamentos a tres meses.

  • Se o prefires poderás aboar unha cuota fixa mensual (a modalidade revolving) sexa cal sexa o gasto global.

A comisión de mantemento da túa tarxeta será gratis se os pagamentos que fas con ela superan os 4000 € nun ano. Se non superas ese importe, a tarxeta terá un custo anual de 45 € por tarxeta titular e 25 € por tarxeta beneficiaria.

Para saber máis...

dúbidas

  • Podo repartirlles tarxetas de crédito aos meus empregados?

    Si, coa Tarxeta Business ABANCA podes entregar tantas tarxetas como queiras. A túa empresa, que é a titular das tarxetas, poderá distribuír o crédito global que teña entre os empregados que a necesiten. Ti decides canto crédito distribúes entre eles.

  • Podo solicitar límites de crédito diferentes nas tarxetas para os distintos empregados?

    Si. A empresa elixe o límite que lle quere asignar a cada un dos seus empregados, pero entre todos eles no poderán dispoñer de unha cantidade que sexa maior que o total do crédito global do que dispón a túa empresa.

    Podes establecer límites mensuais diferentes para cada traballador, pero tamén límites diarios, para controlar non só o disposto total ao longo do mes, senón tamén o disposto nas operacións do día a día.

  • Podo personalizar a tarxeta co logotipo da miña empresa?

    Se contratas máis de 10 tarxetas, non só podes personalizalas co logo da empresa, senón que ademais esta personalización che sairá de balde.

    Podes personalizar o logotipo e tamén a cor de fondo, como elemento diferenciador da túa empresa. Así a tarxeta de crédito converterase noutro dos elementos promocionais da túa compañía.

  • Máis preguntas e respostas reais sobre a tarxeta Visa Business

DOCUMENTACIÓN

  • Consulta toda a información xeral previa de servizos de pago. Ver ficheiro PDF

NO BLOG

  • Banca electrónica: un superpoder para o teu negocioSerás redirixido a outro sitio web
  • Banca electrónica: un superpoder para o teu negocioSerás redirixido a outro sitio web
  • Solicítaa xa Serás redirixido a outro sitio web
En que podemos axudarche?

Sobre ABANCA

Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
Información corporativa Serás redirixido a outro sitio web
Presenza internacional
Banesco Internacional Serás redirixido a outro sitio web
Axentes Financeiros
Traballa en ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Contáctanos
Servizo de Atención ao Cliente
Seguridade

Aspectos legais

Política de privacidade
Somos accesibles
Política de cookies
Configuración de cookies
Aviso legal
Taboleiro de anuncios
Información MIFID
Outra información legal

Máis webs da rede ABANCA

Cuentas Claras: Blog de ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente empresas Serás redirixido a outro sitio web
Bróker online Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Servicios Financieros Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA USA Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Portugal Serás redirixido a outro sitio web
Escogecasa Serás redirixido a outro sitio web
Tusitiodecompras.es Serás redirixido a outro sitio web
Open Banking Serás redirixido a outro sitio web

Produtos

Contas e aforro
Tarxetas
Hipotecas
Créditos
Seguros
Plans de pensións
Particulares
Empresas e Autónomos
Banca Persoal
Banca Privada
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Logo da UNEP - Ligazón aos asinantes dos Principios de Banca Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Logo de PRI - Ligazón ao directorio de asinantes dos Principios para o Investimento Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
©2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Texto

Filtros de cor

Seleccionar cores