Ir al contenido principal
Ir a menú accesibilidad
Abanca
Particulares Empresas Banca Persoal Atención ao cliente
GL
ES
EU
CA
Oficinas Faite cliente Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Para a túa empresa
  • Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Contas e aforro
  • Tarxetas
  • Créditos
  • Hipotecas
  • Seguros
  • Investimento e bolsa
  • Plans de pensións
  • Programa Servizos ABANCA
  • Todos os produtos
  • Banca persoal
  • Banca privada
  • Atención ao cliente
  • Preguntas frecuentes
  • Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
  • Español
  • En euskera
  • En català
Contas e aforro
Tarxetas
Créditos
Hipotecas
Seguros
Investimento e bolsa
Plans de pensións

Aviso legal

  • Política de privacidade
  • Política de privacidade de clientes
  • Condicións de uso da nosa app
  • Política de cookies
  • Aviso legal
  • Taboleiro de anuncios
  • Somos accesibles

Titularidade do Sitio Web

ABANCA Corporación Bancaria S.A. (no sucesivo, “ABANCA”), con enderezo social en Betanzos (A Coruña), na rúa Cantón Claudino Pita nº2 C.P.15300 e con CIF A-70302039, é unha entidade de crédito suxeita á supervisión do Banco de España e inscrita no Rexistro de Bancos e Banqueiros do Banco de España co número de codificación 2080, á que lle corresponde a titularidade da web https://www.abanca.com (no sucesivo, o “Sitio Web”), que pon ao dispor dos usuarios de Internet co fin tanto de proporcionar información sobre os servizos, produtos e actividades ofrecidos por ABANCA como de permitir a prestación de determinados servizos a través do propio Sitio Web, denominados “on-line”.

ABANCA atópase inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, no tomo 3426 da Sección Xeral, folio 1, folla C-47803, inscrición 1ª.

Con data 17 de marzo de 2016 (data da súa publicación no BORME), modificouse a páxina web corporativa. O novo dominio é www.abancacorporacionbancaria.comSerás redirixido a outro sitio web, tal e como se acordou polo Consejo de Administración del Banco, en su reunión celebrada el día 29 de febrero de 2016Ver ficheiro PDF.

Condicións de uso do Sitio Web

As presentes Condicións de uso regulan o acceso, navegación e utilización do Sitio Web.

  1. Aceptación das Condicións do uso do Sitio Web

    Estas condicións xerais de uso do Sitio Web, xunto coas condicións xerais de contratación dos servizos prestados a través do mesmo, así como calquera outra condición que, a tal efecto, se poda estabelecer, teñen por finalidade tanto a regulación e información aos usuarios do Sitio Web dos servizos que presta ABANCA, como a propia regulación do seu uso.

    A navegación e/ou utilización dos servizos do Sitio Web supoñen a aceptación como usuario e sen reservas de ningún tipo de tódalas condicións xerais da súa utilización, así como das condicións xerais de contratación e de calquera outra condición que se poda estabelecer en relación coa prestación, a través do Sitio Web, dos servizos ofrecidos por ABANCA.

    ABANCA resérvase o dereito de actualizar, modificar ou eliminar unilateralmente, en calquera momento e sen previo aviso, o contido do Sitio Web e do presente Aviso Legal coa finalidade de adaptalo a cambios operativos, técnicos ou lexislativos. Por iso, recomendamos aos usuarios do Sitio Web que, periodicamente e con carácter previo á navegación polo Sitio Web, lean atentamente o seu contido.

  2. Condicións de uso xerais do Sitio Web

    Tódolos medios técnicos que sexan necesarios para acceder ao Sitio Web e á prestación dos servizos ofertados nel por ABANCA serán por conta exclusiva do usuario, así como tamén calquera imposto ou gasto doutro tipo aos que a prestación destes servizos dese lugar,

    O acceso e navegación polo Sitio Web por parte do usuario implica o compromiso de empregar os contidos so Sitio Web de xeito dilixente, correcto e lícito, absténdose, en todo caso, de:

    1. Empregar ditos contidos con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e ás boas costumes xeralmente aceptadas ou á orde pública.
    2. Reproducir, copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos incluídos no Sitio Web, non sendo que se conte coa correspondente autorización expresa e por escrito do seu titular.
    3. Danar, inutilizar ou sobrecargar o Sitio Web de xeito que impida, de calquera forma, o normal funcionamento do mesmo.
    4. Utilizar os contidos do Sitio Web: (I) con fins fraudulentos; e (ii) para remitir publicidade, comunicacións con fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, mensaxes non solicitadas dirixidas a unha pluralidade de persoas calquera que sexa a súa finalidade, nin comercializar ou divulgar de ningún xeito dita información.

    O incumprimento de calquera das prohibicións anteriormente referidas poderá levar aparellada a adopción de ABANCA de cantas medidas legais resulten oportunas para a defensa dos seus dereitos.

Propiedade industrial e intelectual

Tódolos contidos incluídos no Sitio Web e, en particular, as marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficas, logotipos, iconas, software, e/ou calquera outros signos ou elementos susceptibles de utilización industrial e/ou comercial están protexidos polos dereitos de propiedade industrial e intelectual de ABANCA ou de terceiros titulares dos mesmos que autorizaron a súa inclusión no Sitio Web.

A estes efectos, o usuario recoñece que a reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizada previamente e por escrito por ABANCA dos elementos anteriormente referidos, pode constituír unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial de ABANCA ou de terceiros titulares dos mesmos. En consecuencia, queda expresamente prohibida a reprodución, transformación, comunicación pública, distribución, posta ao dispor do público e, en xeral, calquera outra forma de explotación, por calquera procedemento, de todo ou parte dos contidos do Sitio Web, así como do seu deseño e forma de presentación dos contidos sen contar coa correspondente autorización do titular dos dereitos.

ABANCA non será responsable da infracción dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes a terceiros que se derivase da inclusión no Sitio Web de marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, gráficas, logotipos, iconas, software e calquera outro signo ou elemento susceptible de utilización industrial ou comercial pertencentes a terceiros que declararan ser titulares dos mesmos e autorizado a súa inclusión no Sitio Web.

En ningún case se entenderá que o acceso e/ou navegación do usuario polo Sitio Web comportan renuncia, transmisión, cesión - ben sexa total ou parcial - dos dereitos citados por parte de ABANCA ou dos titulares correspondentes, nin a concesión de dereitos, expectativas de dereito ou autorización algunha para alterar, transformar, explotar, reproducir, distribuír ou comunicar publicamente os contidos incluídos no Sitio Web.

Non se poderá estabelecer ningún vínculo ao Sitio Web desde ningunha outra páxina web sen o consentimento previo, expreso e por escrito de ABANCA. As ligazóns que se estabelezan deberán facerse sempre á páxina principal do Sitio Web ou, no seu caso, a aquela páxina web que a propia ABANCA determine, sendo dita ligazón absoluta e completa, de xeito que leve ao usuario ao Sitio Web de ABANCA que deberá abranguer completamente toda a extensión da pantalla da páxina principal. ABANCA non será responsable do contido das páxinas web de destino que se estabelezan mediante ligazóns no Sitio Web, nin tampouco das infraccións de dereitos de terceiros nas que ditas páxinas puidesen incorrer.

Responsabilidade de ABANCA

O usuario recoñece e acepta que a utilización do Sitio Web e dos seus servizos se realiza baixo a súa enteira e exclusiva responsabilidade.

ABANCA non garante nin se responsabiliza en ningún caso e circunstancia dos seguintes feitos e contidos nin de calquera dano e/ou prexuízo que puidera, no seu caso, derivarse dos mesmos:

  1. Falta de dispoñibilidade, acceso, continuidade, actualización, mantemento e/ou efectivo funcionamento do Sitio Web, calquera que sexa a súa causa, así como de aqueles problemas técnicos ou de outra natureza nos que teñan orixe as referidas circunstancias.
  2. A transmisión e/ou existencia de virus, outros elementos ou programas lesivos para o equipo dos usuarios que puidesen afectalos como consecuencia do acceso e navegación polo Sitio Web.

Porén, ABANCA adoptará, en todo momento, as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades e tendo en conta o estado da tecnoloxía, para garantir o adecuado funcionamento do Sitio Web.

Lexislación aplicable e xurisdición competente

En todo caso, serán de aplicación ás relacións estabelecidas entre o usuario do Sitio Web e ABANCA as normas de ordenamento xurídico español. ABANCA informa ao usuario do Sitio Web de que ABANCA se basea na lexislación do Estado español para estabelecer relacións co consumidor antes da celebración dos contratos.

Para aqueles casos nos que a normativa permita ás partes a posibilidade de se someteren voluntariamente a un foro, ABANCA e o usuario do Sitio Web, con renuncia expresa a calquera outro foro que lles puidese corresponder, someteranse ao dos Xulgados e Tribunais da cidade de A Coruña para a resolución de calquera litixio ou controversia que puidera xerarse con motivo das relacións estabelecidas entre o usuario do Sitio Web e ABANCA.

  • Política de privacidade
  • Política de privacidade de clientes
  • Condicións de uso da nosa app
  • Política de cookies
  • Aviso legal
  • Taboleiro de anuncios
  • Somos accesibles
En que podemos axudarche?

Sobre ABANCA

Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
Información corporativa Serás redirixido a outro sitio web
Presenza internacional
Banesco Internacional Serás redirixido a outro sitio web
Axentes Financeiros
Traballa en ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Contáctanos
Servizo de Atención ao Cliente
Seguridade

Aspectos legais

Política de privacidade
Somos accesibles
Política de cookies
Configuración de cookies
Aviso legal
Taboleiro de anuncios
Información MIFID
Outra información legal

Máis webs da rede ABANCA

Cuentas Claras: Blog de ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente empresas Serás redirixido a outro sitio web
Bróker online Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Servicios Financieros Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA USA Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Portugal Serás redirixido a outro sitio web
Escogecasa Serás redirixido a outro sitio web
Tusitiodecompras.es Serás redirixido a outro sitio web
Open Banking Serás redirixido a outro sitio web

Produtos

Contas e aforro
Tarxetas
Hipotecas
Créditos
Seguros
Plans de pensións
Particulares
Empresas e Autónomos
Banca Persoal
Banca Privada
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Logo da UNEP - Ligazón aos asinantes dos Principios de Banca Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Logo de PRI - Ligazón ao directorio de asinantes dos Principios para o Investimento Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
©2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Texto

Filtros de cor

Seleccionar cores