Información básica sobre protección de datos persoais
1. Quen é o responsable do tratamento?
ABANCA GENERALES DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A., con NIF A-14715270 (en adiante, “ABANCA Seguros Generales”).
2. Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?
Fontes das que proceden os teus datos: Os teus datos persoais tratados por ABANCA Seguros Generales poden proceder de ti mesmo, ser xerados en ABANCA Seguros Generales, ou ter a súa orixe en fontes externas: i) datos facilitados por ti; ii) datos facilitados por ABANCA Corporación Bancaria, S.A.; iii) datos xerados sobre ti derivados da propia xestión, desenvolvemento e mantemento das relacións contractuais ou precontractuais que manteñas con ABANCA Seguros Generales; iv) entidades encargadas da xestión das continxencias recollidas no contrato de seguro que manteñas con ABANCA Seguros Generales; v) empresas do Grupo Económico de ABANCA Corporación Bancaria, S.A.; vi) ficheiros comúns do sector de seguros (p.ex. ficheiros de selección e tarificación de riscos e ficheiros para a elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais); vii) fontes accesibles ao público (p.ex., rexistros públicos, censo promocional, diarios e boletíns oficiais ou redes sociais abertas); e viii) ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito (p.ex., ASNEF).
No caso de que proporciones datos de terceiros, especialmente no caso de datos de saúde, garantes que contas co consentimento expreso de ditos terceiros para comunicar a ABANCA Seguros Generales os seus datos. Así mesmo, garantes que os terceiros cuxos datos proporciones foron debidamente informados dos tratamentos que ABANCA Seguros Generales levará a cabo con eses datos.
Categorías de datos persoais: Os datos que tratamos corresponden ás seguintes categorías, en relación co Tomador e, se é o caso, o Asegurado: i) datos identificativos e de contacto; ii) datos referidos a voz e imaxe; iii) datos de sinatura (manuscrita e, se é o caso, dixitalizada) e datos relativos a códigos ou claves de identificación; iv) datos dos seguros contratados; v) datos sobre os sinistros ocorridos; vi) datos persoais de terceiros que se atopen baixo a cobertura da póliza; vii) datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; viii) datos sociodemográficos; ix) datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais; x) datos biométricos; xi) datos de situación xeográfica; xii) datos de persoas sobre as que existen sancións e contramedidas financeiras internacionais.
3. Para que tratamos os datos persoais e baixo que lexitimación?
A continuación, informámoste sobre os distintos tratamentos dos teus datos persoais dos que ABANCA Seguros Generales é responsable, coa especificación das respectivas bases xurídicas que os lexitiman e as finalidades de cada un deles:
Tratamentos necesarios para a execución das túas relacións contractuais ou precontractuais con ABANCA Seguros Generales. Co obxectivo de executar as relacións contractuais ou precontractuais que establezas con ABANCA Seguros Generales e, polo tanto, para poder proporcionarte os produtos e prestarte os servizos que sexan obxecto desas relacións, trataremos os teus datos (e, se é o caso, os relativos ao asegurado) para a formalización, mantemento e cumprimento das túas relacións contractuais ou precontractuais con ABANCA Seguros Generales (o que comprende recibir as solicitudes de información ou de contratación que realizases sobre os nosos produtos de seguro ou sobre os nosos servizos; levar a cabo a análise e valoración do risco mediante a aplicación de técnicas actuariais e estatísticas para, se é o caso, proceder á alta da operación solicitada mediante a sinatura do correspondente contrato; manter, desenvolver e controlar as túas relacións de seguro con ABANCA Seguros Generales; enviarte comunicacións non comerciais estritamente relacionadas cos produtos e servizos que teñas contratados; con previo aviso, gravar as conversas telefónicas que manteñas connosco; analizar e xestionar situacións de impagos que poidan producirse; ou xestionar a aplicación de bonificacións, descontos ou calquera outras condicións promocionais, así como a entrega de premios e/ou agasallos promocionais que, se é o caso, estivesen asociados ou fosen de aplicación á relación contractual establecida con ABANCA Seguros Generales).
Tratamentos realizados para o cumprimento de obrigas legais. Para cumprir coas obrigas legais que nos resulten aplicables en cada caso, poderemos tratar os teus datos coa finalidade de: i) dar resposta, se procede, ás solicitudes de información realizadas polas administracións e organismos públicos e xuíces e tribunais competentes; ii) consultar listas de persoas e entidades suxeitas a sancións e contramedidas financeiras internacionais (p.ex.: lista de cidadáns especialmente designados e persoas bloqueadas no Departamento do Tesouro dos Estados Unidos “SDN List” -http://sdnsearch.ofac.treas.gov-), xa sexa de forma directa ou a través de ferramentas de consulta e bases de datos facilitadas por terceiros; e iii) consultar e enriquecer ficheiros comúns do sector seguros para a elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais. Estes datos poden ser compartidos co Consorcio de Compensación de Seguros e con entidades privadas por razóns de reaseguro, coaseguro ou xestión da póliza.
Tratamentos realizados por interese lexítimo de ABANCA Seguros Generales. Tratamos os teus datos persoais, agás os catalogados como sensibles (saúde, etc.) en base á satisfacción dos intereses lexítimos perseguidos por ABANCA Seguros Generales, e na medida en que sobre eses intereses lexítimos non prevalezan os teus propios intereses ou dereitos e liberdades fundamentais, para as seguintes finalidades: i) previr a fraude na contratación e durante a provisión ou execución dos nosos produtos e servizos que poida derivar nun prexuízo para ti, para terceiros e/ou para ABANCA Seguros Generales; ii) elaborar, facendo uso exclusivamente de datos procedentes das nosas fontes internas, perfís comerciais (o que nos permite analizar e predicir as túas preferencias persoais, situación económica, intereses, localización xeográfica e comportamento) e perfís de risco en materia de seguros con fins comerciais (o que nos permite avaliar, en base á túa situación particular, os eventuais riscos asegurables nos que poidas incorrer) para poder ofrecerche información publicitaria axustada a ditos perfís, sobre os nosos produtos e servizos similares aos que teñas contratados; iii) consultar datos relativos ao incumprimento por parte túa de obrigas dinerarias, financeiras ou de crédito que figuren en sistemas comúns de información crediticia, como, por exemplo, o ficheiro ASNEF; iv) ofrecerche información publicitaria sobre produtos e servizos similares aos contratados; v) realizar enquisas de satisfacción dos nosos produtos e servizos contratados; e vi) anonimizar os teus datos persoais para a realización de estudos estatísticos e históricos que permitan recoñecer e analizar factores e pautas de comportamento comúns co fin de elaborar estudos sobre a evolución da carteira de produtos e a identificación de posibles modelos predictivos ou estudos retrospectivos que contribúan a unha xestión máis eficiente do negocio. En calquera momento, poderás exercer o teu dereito de oposición ao envío de dita información publicitaria, así como ao tratamento dos teus datos para a elaboración do perfil mencionado no apartado ii), dirixíndote ao enderezo de correo electrónico dpo.abancagenerales@abancaseguros.com.
Tratamentos realizados co teu consentimento. Exclusivamente no caso de ter solicitado e obtido o teu previo consentimento a tal efecto, poderemos realizar os seguintes tratamentos dos teus datos persoais:
- Ofrecerche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos das empresas do Grupo Económico de ABANCA Corporación Bancaria, S.A. e de colaboradores. Trataremos os teus datos persoais para ofrecerche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil -SMS ou mensaxes push-, correo electrónico, redes sociais e mensaxes de WhatsApp ou a través da App), información axustada aos teus perfís comercial e de risco en materia de seguros (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades e preferencias) sobre produtos e servizos das demais empresas do Grupo Económico de ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en adiante, “Grupo Económico de ABANCA”), así como de terceiros colaboradores de ABANCA Seguros Generales (empresas coas que ABANCA Seguros Generales mantén acordos de colaboración comercial).
- Ceder os teus datos a empresas do Grupo Económico de ABANCA para facilitar os seus procesos de contratación contigo. Compartiremos os teus datos persoais con empresas do Grupo Económico de ABANCA co fin de facilitar e axilizar a análise e a posible formalización dun contrato ou precontrato que solicitases á correspondente empresa do Grupo Económico de ABANCA destinataria dos datos; ou ben para facilitar e axilizar a xestión e execución dun contrato ou precontrato que xa manteñas coa correspondente empresa do Grupo Económico de ABANCA destinataria dos datos.
- Ceder os teus datos a empresas do Grupo Económico de ABANCA para que poidan ofrecerche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre os seus produtos e servizos. Compartiremos os teus datos persoais con empresas do Grupo Económico de ABANCA para que tales empresas elaboren ou actualicen o teu perfil comercial e o teu perfil de risco en materia de seguros ou, se é o caso, o teu perfil de risco crediticio, e, facendo uso de tales perfís, poidan preparar, para ofrecérchela, información publicitaria axustada aos mesmos (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades, preferencias, capacidade de aforro e capacidade crediticia) sobre os produtos e servizos que comercialicen en cada momento; información que, en consecuencia, ditas empresas farán chegar de forma directa e a través de calquera medio (incluído o correo electrónico, as mensaxes SMS e outros medios de comunicación electrónica equivalente).
- Elaboración do teu perfil comercial e do teu perfil de risco en materia de seguros coa finalidade de contratar o seguro e fins comerciais facendo uso de fontes externas. Enriqueceremos a información sobre ti da que xa dispoñemos a través das nosas fontes internas (é dicir, a información que fose facilitada por ti ou xerada en ABANCA Seguros Generales con motivo da xestión dos produtos e servizos que contratases con ABANCA Seguros Generales), con outros datos sobre a túa persoa proporcionados por distintas fontes externas, tales como rexistros públicos (como, p.ex., o Rexistro da Propiedade, o Rexistro Mercantil, o INE e o Catastro); fontes accesibles ao público (como, p.ex., listados públicos de persoas asociadas a colexios profesionais, diarios e boletíns oficiais, medios de comunicación social e redes sociais abertas); as empresas do Grupo Económico de ABANCA ás que autorizases que nos cedan os teus datos persoais para a elaboración pola nosa parte do teu perfil comercial e do teu perfil de risco en materia de seguros; ferramentas e bases de datos de xeomarketing; datos de navegación en páxinas web ou aplicacións de terceiros, no caso de que aceptases o uso de cookies e outras tecnoloxías similares nos dispositivos de navegación correspondentes; así como os ficheiros comúns do sector de seguros (p.ex., ficheiros de selección e tarificación de riscos e ficheiros para a elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais) e crediticios (como, p.ex. ASNEF). Todo iso co propósito de elaborar respecto de ti un perfil comercial e un perfil de risco en materia de seguros con fins comerciais máis completos e con máis profundidade que os elaborados con fontes internas, así como para completar a contratación do teu seguro cun perfil de risco máis axustado, o que nos permitirá personalizar de xeito máis certeiro as ofertas que che dirixamos en relación cos nosos produtos e servizos, incluíndo a elaboración dunha tarifa ou prezo personalizados en función do teu perfil.
- Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación para a xestión dunha nova solicitude. Conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para xestionar as novas solicitudes de produtos ou servizos que poidas formularnos.
- Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación para continuar enviándoche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos de ABANCA Seguros Generales. Conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para continuar enviándoche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil –como SMS ou mensaxes push–, correo electrónico, redes sociais ou a través de app), información publicitaria axustada aos teus perfís comercial e de risco en materia de seguros (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades e preferencias) sobre produtos e servizos propios de ABANCA Seguros Generales.
- Manter o tratamento dos teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación para continuar enviándoche información publicitaria axustada ao teu perfil sobre produtos e servizos de empresas do Grupo Económico de ABANCA e de colaboradores. Conservaremos os teus datos persoais unha vez finalizada a nosa relación contigo, e por un prazo máximo de 5 anos, para continuar enviándoche, a través de calquera medio (correo postal, teléfono, mensaxes de calquera tipo ao teléfono móbil –como SMS ou mensaxes push–, correo electrónico, redes sociais ou as nosas app), información axustada aos teus perfís comercial e de risco en materia de seguros (é dicir, adaptada aos teus intereses, necesidades e preferencias) sobre produtos e servizos das empresas do Grupo Económico de ABANCA e de terceiros colaboradores de ABANCA Seguros Generales (empresas coas que ABANCA Seguros Generales mantén acordos de colaboración comercial).
Para a constancia dos correspondentes consentimentos que nos outorgases, aos que ABANCA Seguros Generales se atenderá en tanto non sexan revogados, tales consentimentos indícanse no apartado que figura a tal efecto no presente documento.
4. Con quen compartimos os teus datos?
O tratamento, para dar cumprimento ás finalidades anteriormente detalladas en función da base xurídica lexitimadora especificada para cada finalidade, pode implicar que os teus datos persoais sexan comunicados a terceiros, tales como: i) a ficheiros comúns do sector seguros para a elaboración de estudos técnicos e estatístico-actuariais; ii) ás entidades que xestionan os sistemas comúns de información crediticia; iii) ao Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas; iv) ao Consorcio de Compensación de Seguros; v) a entidades privadas por razóns de reaseguro, coaseguro ou xestión da póliza; vi) ás entidades encargadas da xestión das continxencias e servizos recollidos no contrato de seguro que manteñas con ABANCA Seguros Generales; viii) ás Empresas do Grupo Económico ABANCA e a empresas colaboradoras; ix) a mediadores de seguros; x) a provedores de servizos; xi) ás autoridades de supervisión nacionais e da Unión Europea (como, por exemplo, a Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións); xii) autoridades competentes en materia de prevención do branqueo de capitais e da financiación do terrorismo; xiii) á Unión Española de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras (UNESPA); ix) a ficheiros comúns de solvencia relativos ao cumprimento e incumprimento de obrigas dinerarias (p.ex., ASNEF); x) á Axencia Estatal de Administración Tributaria; xi) a Xuíces e Tribunais; e xii) a entidades do grupo de ABANCA Seguros Generales e provedores co obxecto de dar cumprimento á normativa en materia de sancións internacionais e consulta de listas de persoas e entidades suxeitas a sancións e contramedidas financeiras internacionais.
En determinadas ocasións transfírense datos a entidades fóra do Espazo Económico Europeo (EEE). Podes consultar información adicional sobre estas Transferencias Internacionais de Datos dirixíndote á páxina web que se indica máis abaixo, na sección “Onde podes consultar a información detallada de Protección de Datos?”
5. Cales son os Dereitos que che asisten?
Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos teus datos persoais, así como de non ser obxecto de decisións baseadas unicamente en tratamentos automatizados. Tamén podes retirar o teu consentimento en calquera momento, dirixíndote ao DPO de ABANCA Seguros Generales a través dos canais referidos na información adicional e detallada sobre Protección de Datos que figura na política de privacidade de ABANCA Seguros Generales accesible na páxina web abanca.com/regimen-datos-decesos-primaunica, ou a través do enderezo de correo electrónico dpo.abancagenerales@abancaseguros.com.
6. Onde podes consultar a información detallada de Protección de Datos?
Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na Política de privacidade de ABANCA Seguros Generales accesible na páxina web abanca.com/regimen-datos-decesos-primaunica. Na Política de privacidade tamén se detallan, respecto de cada tratamento que ABANCA Seguros Generales leve a cabo, as concretas categorías de datos utilizados en cada un deses tratamentos, e inclúese a explicación da lóxica aplicada aos perfilados que se poidan realizar sobre os teus datos persoais en función da correspondente base lexitimadora.