Para que podo solicitar unha cita previa co meu xestor?
Para que podo solicitar unha cita previa co meu xestor? Podes pedir unha cita para informarte ou solicitar produtos que te interesen, como préstamos, tarxetas, seguros, entre outros. Ademais, tamén podes pedir unha cita previa para xestionar trámites relacionados con produtos que xa tes contratados, especialmente se precisas facer cambios por situacións especiais. Por exemplo, para tramitar unha herdanza ou actualizar autorizacións de conta porque o teu fillo acadou a maioría de idade.
Se che interesa solicitar unha cita previa, preme nesta ligazón e explicámosche como facelo. Unha vez finalices a solicitude enviarémosche unha confirmación da cita por email onde podes consultar a data e hora. Tamén cho lembraremos o día anterior e unha hora antes, para que non te esquezas.
En que casos non precisas cita previa?
Para operacións de caixa como ingresar ou retirar efectivo, moeda estranxeira, ou realizar pagos de taxas e licenzas, non precisas solicitar unha cita previa. Só verifica o horario de caixa da túa oficina.Se o que precisas é consultar saldos, movementos, facer transferencias, devolver un recibo, apagar unha tarxeta, ou amortizar un préstamo, tampouco é necesario pedir cita. Para estas xestións, podes utilizar a app, a banca electrónica, ou a banca telefónica chamando ao 981 17 96 00 (+34 981 17 96 00 se estás no estranxeiro) coas túas claves de banca a distancia.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/para-que-podo-solicitar-unha-cita-previa-co-meu-xestor/