• Axudámosche
  • Oficinas
  • @somosABANCA
  • fa fa-facebook
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-instagram
  • Blog
  • Sala de comunicación
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
Menu
  • Opcións accesibilidade
    • Texto

    • Filtros de cor

    • Seleccionar cores

  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
  • Sala de comunicación
  • B Blog
  • Tusitiodecompras.es
  • Vive la vida
  • Para a túa empresa
  • Español
Volver a axuda
Produtos e servizos
Hipotecas
  • Que vantaxes ten a Hipoteca Mari Carmen que non teñan outras?

    A principal vantaxe da Hipoteca Mari Carmen é o tipo de xuro que é moi competitivo e ademais podes facer que sexa moito máis reducido. Se domicilias a túa nómina e contratas un seguro de fogar, vida ou realizas compras coa tarxeta de crédito ABANCA, a cota rebáixaseche considerablemente.

    Fai a túa simulación de como se che rebaixará o empréstito se o pides con nós. Pero ademais:

    • A Hipoteca Mari Carmen non ten comisións de estudo, nin amortización anticipada e tampouco de apertura.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#103
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Cales son as vantaxes da hipoteca a tipo fixo Mari Carmen?

    A hipoteca a tipo fixo Mari Carmen é unha hipoteca coa que pagarás sempre a mesma cota, desde o primeiro mes ata o último, coa tranquilidade que iso supón. Ademais conta cun tipo de xuro moi competitivo que podes mellorar co sistema de bonificacións, facendo que sexa aínda máis reducido. Bota as contas.

    Ademais,  fácemonos cargo nós dos gastos de notaría, rexistro e xestoría. Nin comisión de apertura!

    Tes toda a información na FIPRE e nas Condicións Xerais do Contraro, dous documentos que deberías ler con repouso se ao cabo te decides a mercar casa. 

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#455
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como solicito a hipoteca de ABANCA?

    Solicítaa agora e chamarémoste dende a oficina que ti elixas para pechar a contratación. Só podes solicitala se es un particular (non unha entidade), tes más de 18 anos e o destino da hipoteca é mercar unha vivenda ou construír unha para ti. Ten presente a documentación que vas necesitar para formalizar a hipoteca, para ila preparando.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#104
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que podo facer para rebaixar a cota da hipoteca?

    Canto máis amplíes a duración da hipoteca, menor será a cantidade que teñas que pagar todos os meses. Mais lembra que iso tamén significa que en total, ao pagar os xuros durante máis tempo, pagarás un pouco máis. Ademais o prazo de devolución da hipoteca ten un límite máximo de 30 anos.

    Se preferirías rebaixar a cota mensual, a Hipoteca Mari Carmen dispón dunha serie de bonificacións que che poden axudar:

    1. Ingresando todos os meses na conta a nómina ou a pensión, ou porque con regularidade achegas diñeiro á túa conta:
    • Se domicilias a túa nómina ou pensión, ou se realizas ingresos mensuais de 600 € ou máis, ou se domicilias os teus seguros sociais, a bonificación é dun -0,20% no tipo de xuro.
    • Se os teus ingresos son de 2.500 € ao mes ou máis (ou 3.500 ou máis en diferentes ingresos), ou se domicilias os teus seguros socias e mantés un saldo medio de 2.000 € na túa conta, terás unha bonificación do -0,40%.  Tamén se che aplicará se tendo un ingreso recurrente superior a 600 € contratas un seguro de proteción de pagos polo valor do que resta de crédito.
    1. Contratando un seguro de vida polo 100% do saldo pendente da hipoteca na data de revisión, descontas - 0,25%.
    2. Contratando un seguro de fogar vencellado á hipoteca e que teña unha cobertura cando menos igual ao valor de taxación, a bonificación é de - 0,20%.
    3. Realizando 24 compras ao ano coa túa tarxeta de crédito ABANCA, ou gastando con ela cando menos 2.500 € ao ano, redúceseche un -0,15%

    En total poderías rebaixar até o 1% o tipo de xuro. Consulta as condicións na páxina da Hipoteca Mari Carmen ou realiza a túa propia simulación.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#105
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Cando empezo a beneficiarme das bonificacións na miña hipoteca?

    As bonificacións aplícanse desde a sinatura da hipoteca. As condicións que orixinan estas bonificacións revisarémolas periodicamente, unhas semanas antes de que haxa que recalcular os xuros da hipoteca. E lembra que as primas dos seguros deberán ser abonadas cando contrates ou renoves a hipoteca.

    Por outra parte, as bonificacións por domiciliación de nómina, pensión ou seguros sociais non son acumulables: dependendo da súa contía ou do saldo medio terás [unha bonificación de cota ou outra](ayuda-hipotecas#cota-mensual-hipoteca-maricarmen.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#457
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Poderiades financiarme o 100% da vivenda?

    O habitual é financiar como máximo o 80% do menor dos seguintes importes: o valor de taxación actualizado da vivenda a hipotecar, ou o prezo polo que vas pagar.

    Para financiar o 100%, habería que realizar unha análise a maiores da hipoteca: examinariamos as características da vivenda, estudariamos a túa situación económica e a da túa unidade familiar, e teriamos en conta que outras garantías poderías achegar (por exemplo, se podes ter máis avalistas ou garantías hipotecarias adicionais). Solicitar máis do 80% pode diminuír a probabilidade de concesión do empréstito.

    En todo caso, recomendámosche que consultes na túa oficina o teu caso particular.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#107
    • En Twitter
    • En Facebook
  • ABANCA está adherida ao Código de Boas Prácticas?
    Aínda que ten carácter voluntario, ABANCA adheriuse desde o primeiro momento ao Código de Boas Prácticas, unha iniciativa posta en marcha pola Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, regulada no Real Decreto Lei 6/2012, coa que se establecen diversos mecanismos que permiten, por unha banda, a restruturación da débeda hipotecaria das persoas que teñen extraordinarias dificultades para facer os pagamentos e, por outra, a flexibilización da execución da garantía real (a vivenda).
    Todos os nosos clientes que cumpran os requisitos fixados nesa norma poderán solicitar, desde o momento en que teñan dificultades para atender o pagamento da cota hipotecaria, a aplicación das medidas previstas no Código de Boas Prácticas (reestruturación da débeda hipotecaria, quita e dación en pagamento). Pódeste informar con detalle no anexo da norma, na web do Ministerio de Economía ou no noso taboleiro de anuncios, onde agrupamos información de interese sobre tarifas, transparencia bancaria e outras garantías que protexen as persoas que confían en ABANCA.
     
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#306
    • En Twitter
    • En Facebook
  • En caso de falecemento que pasa cos bens inmobles con hipoteca?

    Se existen bens inmobles con hipoteca, os herdeiros deberedes de tramitar no Rexistro da Propiedade correspondente a inscrición a nome do que resulte adxudicatario. (Non te preocupes, para este trámite podemos axudarte desde ABANCA).

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#109
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Documentación dun empréstito hipotecario

    Consulta toda a documentación precisas para solicitar un empréstito hipotecario na nosa guía de compra de vivenda.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#138
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Calcula a cota da túa hipoteca
    Calcula se se axusta mellor ás túas necesidades a hipoteca fixa ou a variable, co noso comparador de hipotecas. Compáraas. Para aclarar calquera dúbida estamos á túa disposición no 981 17 96 23 en horario de luns a venres de 8:00 a 22:00
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#225
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Vou comprar unha casa, algún consello?

    Se te animaches a dar o paso e vas comprar unha vivenda, contámosche todo no que tes que fixarte para que non te leves ningún susto. Dános o mesmo se é unha casa nova ou de segunda man, pero nesta guía explicamoscho todo para cada caso: seguros, hipotecas, Euribor, taxas...

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#511
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que é o Seguro de Pagos Protexidos?

    Os nosos seguros de pagos protexidos cobren aos empregados por conta allea e contrato indefinido o pago de ata 12 meses consecutivos (e 36 meses alternos) da cota do préstamo por cada 30 días en desemprego. Ademais, a indemnización inclúe o pago dun 15% do importe da cota para que o cliente poida dedicalo ao pago doutros gastos e recibos. O importe máximo cuberto é de 1.052 euros ao mes no caso de préstamos persoais, e de 1.600 se se trata dunha hipoteca.

    Polo que respecta aos seguros de protección integral de tarxetas, garanten o pago dun 10% do gasto mensual medio ou saldo pendente (dependendo da modalidade de tarxeta), ata 12 meses consecutivos (e 18 meses alternos), cun importe máximo mensual de 500 euros.

    O cliente pode solicitar estas coberturas de pagos unha vez cumpridos 30 días en situación de desemprego a través deste formulario. 

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#713
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Xa teño un Seguro de Pagos Protexidos, como me pode axudar?
    O  ERTE e o ERE son coberturas recollidas no seguro. Para a súa tramitación non é necesario acudir fisicamente á túa oficina, xa que podes iniciar o proceso a través deste formulario. Un xestor contactará contigo para indicarche os próximos pasos.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#714
    • En Twitter
    • En Facebook

Se non atopas o que buscas, podes...

  • @somosABANCA
  • preguntárnoslas por escrito
  • venir a las oficinas
  • Programa Cero comisiones
  • Seguros
  • Productos y servicios
  • Términos financieros: Glosario
  • Productos y servicios
  • Tarjetas
  • Promociones y ofertas
  • Operaciones habituales
  • Oficinas, horarios, valores
  • Banca a distancia
  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • SomosABANCA
  • fa fa-youtube
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-bold
  • fa fa-instagram
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Traballa con nós
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Información MIFID
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.