Plans de pensións
-
En caso de falecemento que pasa cos plans de pensións?
Se existen produtos xestionados por un terceiro, é dicir, fondos, plans de pensións ou seguros, serán as compañías xestoras ou aseguradoras as que procederán á partición ou pago do capital/prestacións. Nós comprometémonos a entregarlles a documentación que nos facilitaches e a tratar de que respondan no prazo máis breve posible.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#61 -
Fiscalmente, en que me axuda o plan de pensións?
Os plans de pensións son a mellor maneira para que reduzas agora o diñeiro que pagas por impostos. Ao reducir a túa base impoñible terás que pagar menos na túa declaración da renda nos anos en que fagas contribucións ao plan.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#121 -
Que achega mínima teño que facer ao plan de pensións?
Ao contratares o plan de pensións individual podes indicar unha achega periódica mínima de 30 € ao mes pero tamén podes contribuír de forma trimestral, semestral ou anual. Ademais, podes realizar achegas extraordinarias cando queiras. Se nun momento dado non podes facer contribucións, é posible suspender as achegas e reanudalas cando mellor se che axeite.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#122 -
E se necesito os cartos do plan de pesións por algún imprevisto podo recuperalos?
En caso de enfermidade grave ou desemprego poderás solicitar o cobro do capital acumulado no plan até ese momento.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#123 -
Cal é a rendibilidade dos plans de pensións de ABANCA?
Podes consultar toda a documentación legal do noso catálogo de plans de pensións nesta mesma web, e que se tes dúbidas podes acudir a calquera das nosas oficina. Pide cita e un experto estará a esperar por ti á hora que ti prefiras.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#406 -
No caso de falecemento dun titular dun plan de pensións, que documentación teño que presentar para abrir un proceso de tramitación hereditaria?
Se o falecido posuía un destes produtos, será necesario que presentes:
- DNI do falecido.
- DNI dos beneficiarios.
- De designar como beneficiarios aos fillos, o Libro de Familia.
- De designar como beneficiario ao cónxuxe, o Certificado de inscrición de matrimonio no Rexistro Civil.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#42 -
Para que serve un plan de pensións?
Os plans de pensións son un instrumento de aforro para a nosa xubilación e constitúen un complemento ideal para a pensión de xubilación da Seguridade Social. Ademais, dispoñen dun tratamento fiscal vantaxoso nas contribucións que vaias realizando.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#319 -
Por que un complemento á pensión de xubilación da Seguridade Social?
A taxa de substitución das pensións é a ratio entre a pensión que se cobra no momento da xubilación e o último salario percibido como traballador en activo. Por exemplo, para o caso dunha persoa que cobrase 2000 € de último salario e que perciba unha pensión de 1700 €, a taxa de substitución é do 85%.
En España, segundo un informe da OCDE do ano 2015, a taxa de substitución ascende ao 82% e está entre as máis altas do grupo de países desenvolvidos. Coas últimas reformas das pensións, o avellentamento da poboación e o aumento da esperanza de vida, a OCDE estima que esa porcentaxe se irá reducindo de vagariño. Cun plan de pensións podes constituír un aforro que che axude a compensar esa diferenza.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#320 -
Quen pode necesitar un plan de pensións?
Canto antes empecemos a aforrar para a nosa xubilación, maior aforro acumularemos para cando chegue o momento. Así poderemos gozar dun mellor nivel de vida e, no camiño, reduciremos a cantidade que pagamos de IRPF.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#321 -
En que casos podo cobrar o plan de pensións?
Para alén das continxencias establecidas (xubilación, o falecemento, a incapacidade permanente total ou absoluta, a grande invalidez e a dependencia severa ou gran dependencia) tamén podes recuperar o importe acumulado en caso de enfermidade grave ou desemprego. A partir do 1 de xaneiro de 2025 poderás rescatar todas as túas achegas, sempre que teñan unha antigüidade de 10 anos.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#322 -
Como podo cobrar o meu plan de pensións?
A prestación do plan de pensións puede percibirse en forma de capital (total o parcial), en forma de renta y en forma mixta, de manera que mejor se adapte a tus necesidades.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#323 -
Se agora non traballo, para que podo querer un plan de pensións?
Porque acumularás aforro para a xubilación igualmente, aínda que non che beneficie fiscalmente xa que non tes rendementos do traballo.
Ademais, se a túa parella traballa, pode aportar ao teu plan de pensións (ata 1000€). Esta contribución reducirá notablemente o IRPF da persoa en activo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#324 -
Que é mellor, un plan de pensións ou un seguro de vida aforro?
Depende de quen contrate. A fiscalidade no momento de cobrar é mellor nun seguro de aforro pero non tes ningún no momento en que fas a contribución. Ademais, sempre será máis axeitado un seguro de vida aforro para as persoas que non produzan rendementos do traballo.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#325 -
E por que debo facer un plan de pensións con ABANCA e non con outra entidade?
O catálogo de plans de pensións de ABANCA adáptase ás diferentes tipoloxías de investimento e perfís de risco de cada uno. Ademais, atópase entre os mellores do mercado en cuanto a rendibilidades obtidas a longos e medios períodos.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#326 -
Que é MiPlan?
MiPlan é un portal de acceso aos partícipes con información sobre os plans de pensións e EPSV de ABANCA Vida y Pensiones xa contratados, onde poderás acceder a información moi útil para levar o control dos teus produtos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#572 -
Como podo acceder a MiPlan?
O proceso é moi sinxelo. O primeiro que debes facer é acudir á oficina de ABANCA máis próxima para darte de alta na ferramenta. Despois de facer isto, xa poderás entrar en MiPlanSerás redirixido a outro sitio web para completar o rexistro e empezar a consultar todos os datos sobre os teus plans de pensións.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#573 -
Que me ofrece MiPlan?
Esta ferramenta permíteche ver a posición do teu plan de pensións ou EPSV no momento actual e a súa evolución en diferentes períodos. Ademais, poderás consultar os movementos e acceder á información xeral do produto. Se o que necesitas é realizar calquera xestión, poderalo facer a través da túa banca móbil ou banca electrónica ou acudindo á oficina de ABANCA máis próxima.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#574 -
Esquecín o PIN de MiPlan, podo solicitar un novo? E modificalo?
Dentro da propia ferramenta de MiPlan poderás solicitar tanto un PIN novo como modificar o actual para acceder a MiPlanSerás redirixido a outro sitio web. Para asegurármonos de que es ti, necesitarás ter á man o número de teléfono que estea vinculado á túa conta e cubrir algúns campos para que poidamos verificar a túa identidade.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#575 -
Como funcionan as achegas periódicas a un plan de pensións ou EPSV?
No teu Plan de Pensións ou EPSV podes realizar unha achega periódica mínima de 30 € ao mes, pero tamén podes achegar de forma trimestral, semestral ou anual. Ademais, podes facer achegas extraordinarias cando queiras desde 150 €. Se nun momento dado non podes achegar, é posible suspender as contribucións e reanudalas cando mellor che conveña.
É importante que teñas en conta que existe un límite anual de achega establecido polo IRPF. Este límite inclúe tanto as achegas periódicas (mensuais, trimestrais…) como as extraordinarias que poidas realizar ao longo do ano non só en ABANCA senón en calquera produto de previsión social.
E cal é o límite máximo de achega anual?
- Plans de Pensións Individuais: o límite de achega é de 1.500 €, aínda que só poderás desgravar ata o 30% do Rendemento Neto do traballo e Actividades Económicas.
- Plans de Pensións de Emprego: existe un límite adicional de 8.500 €, sempre que a empresa tamén faga achegas ao plan.
- EPSV Individual: aínda que non hai límite de achega, o límite máximo de desgravación é de 5.000 €.
- EPSV Emprego: ao límite de desgravación individual engádese o empresarial de 8.000 € e un límite conxunto de 12.000 €. Poderíase achegar por riba destes importes, pero non se desgravaría no IRPF.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/plans-de-pensions#753