Que teño que facer se non podo acceder á miña banca electrónica?
Que teño que facer se non podo acceder á miña banca electrónica? A banca electrónica na área de clientes é un dos canles que se activan co contrato de Banca a Distancia, ademais da App móbil e da Banca telefónica. Pola túa seguridade, establécense controis de acceso cando non usas habitualmente un dos canles. Se é o teu caso, é necesario que nos contactes para podelo reestablecer. Chámanos ao 900 815 522 e indícanos: ‘necesito activar o canle de banca electrónica’. Ou tamén podes acudir á túa oficina máis próxima coa mesma petición.
Se non é o teu caso e entras habitualmente, revisa se estás utilizando correctamente o teu Usuario e PIN. Para acceder á túa banca electrónica, tamén é necesario que o teu número de móbil estea correcto na nosa base de datos. Podes rexistralo en calquera oficina ou por teléfono coas túas claves Banca telefónica no 981 17 96 00 (ou no +34 981 17 96 00 se nos chamas desde o estranxeiro).
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-teno-que-facer-se-non-podo-acceder-a-mina-banca-electronica/