• Ir al contenido principal
logo-primaryABANCA
  • Particulares
  • Empresas
  • Banca Privada
  • Faite cliente
  • Área clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Inicio particulares
  • Contas
    • Contas bancarias
      • Conta Online Clara
      • Conta Remunerada
      • Conta Xove con Nómina
      • Conta Xove sen Nómina
      • Conta Conxunta
      • Conta Netclub
      • Conta de Pago Básica
    • Vantaxes das contas ABANCA
  • Tarxetas
    • Tarxetas
      • Tarxeta Tú
      • Tarxeta Tú NX
      • Tarxeta Visa Débito
      • Tarxeta Visa Proxecta
      • Tarxeta Visa Ouro
      • Tarxeta de crédito Visa Clip
      • Tarxeta Dorada Renfe
  • Créditos
    • Créditos
      • Préstamo 24h
      • Préstamo Auto 24h
      • Empréstito Coche Ecolóxico 24h
      • Préstamo Reforma 24h
      • Préstamo de rehabilitación de comunidades
      • Financiamento de paneis solares
      • Préstamo ABANCA Estudia
      • Préstamo ABANCA Estudia UIE
      • Anticipo das Bolsas MEC
  • Hipotecas
    • Hipotecas
      • Hipoteca Mixta Mari Carmen
      • Hipoteca Fixa Mari Carmen
      • Hipoteca variable Mari Carmen
      • Hipoteca Mari Carmen para vivenda eficiente
      • Hipoteca Xove
    • Guía de Hipotecas
      • Que é unha Hipoteca
      • FAQs sobre Hipotecas
    • Simulador de HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • Comparador de Hipotecas
      • Vantaxes das Hipotecas ABANCA
  • Seguros
    • Seguros
      • Seguro Saúde
      • Seguro de Coche
      • Seguro Fogar
      • Seguro de Decesos
      • Seguro Vida
      • Seguro de vida por accidente ON-OFF
      • Seguro de Viaxe
      • Seguro de dependencia
      • Seguro de Impago de Alugueiros
    • Tarifa Plana Seguros
  • Investimento e bolsa
    • Investimento e bolsa
      • Xestión Delegada de Carteiras
        • Carteira ABANCA 360
        • Carteira ABANCA Futuro
        • Carteira ABANCA Responsable
        • Carteira ABANCA Equilibrio
      • Fondos de investimento
      • Accións e Bolsa
      • Bróker online ABANCA
      • Modelo de Investimento Alpha 360 ABANCA
    • Análise de Mercados ABANCA
  • Plans de pensións
    • Plans de pensións
      • Plans de pensións
      • Plan de pensións para Autónomos
      • EPSV
    • Como aforrar cun Plan de Pensións
  • Banca Persoal
    • Tarxeta ABANCA Persoal
  • Inicio Empresas
  • Autónomos e profesionais
  • Pemes e Grandes Empresas
  • ABANCA Agro
  • ABANCA Mar
  • ABANCA Turismo
  • Inicio Banca Privada
  • Faite cliente
  • Área clienteSerás redirixido a outro sitio web
Volver a axuda
Seguros

Sobre Seguro Fogar

  • Que son o continente e o contido dun seguro de fogar?

    O continente fai referencia á edificación en si e engloba estes elementos: 

    • Estrutura da vivenda: paredes, teitos,...
    • Construcións anexas: rochos, garaxes, ...
    • Instalacións: tubaxes, cables,...
    • Elementos decorativos: parqués, molduras,...


    O contido engloba as pertenzas que están dentro da vivenda ou do rocho, como poden ser o mobiliario, electrodomésticos, roupa ou electrónica, entre outros.


    Amosámosche un exemplo moi sinxelo que te vai axudar a entender os dous conceptos: se puidésemos poñer boca abaixo a nosa casa, o continente é todo o que permanecería no seu sitio e o contido todo o que caería. 


    Non abonda con ter contratado un seguro para a nosa casa, tamén cómpre que estea ben feito e realizar unha correcta valoración dos bens.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#395
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Podo cambiar o continente ou contido da miña póliza en calquera momento?

    Si, en efecto, podes aumentar e diminuír os capitais asegurados salvo que a túa póliza estea próxima á renovación. Neste caso, terás que esperar uns días. 


    Ao aumentar o continente ou o contido, xerarase un recibo pola diferenza da prima correspondente. 
    Pero é importante que saibas que o valor do continente nunca se poderá reducir por debaixo do valor recomendado, posto que está calculado en función da información que nos deches sobre a vivenda. 

    Así evitamos que en caso dun sinistro, a indemnización non alcance o dano que realmente sufriches. Isto coñécese como infraseguro.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#398
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Se vivo en alugueiro, de que me vale o Seguro Fogar?

    Como inquilino, é aconsellable que asegures o contido da vivenda (mobiliario, tecnoloxía, xoias, ...) sobre todos os bens que sexan teus e así protexeraste das consecuencias que un sinistro poida ter sobre eles. 


    Ademais, aínda que a vivenda sexa doutra persoa, ti podes ser causante dun dano polo que debas responder, como danos nas paredes ou nas tubaxes, polo que é recomendable asegurar o contido para ter cuberta a responsabilidade civil que derive del. Co Paquete Inquilino, que leva incluída a modalidade Serenidade Plus, axudarémoste coa devolución da fianza e coa defensa e reclamación dos teus dereitos como arrendatario. 

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#57
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Como funciona o servizo Manitas do seguro de fogar?

    Por ter contratado un seguro de fogar ABANCA poderás solicitar este servizo gratuíto, porque non todos somos uns mañosos. Tes incluída a asistencia ata 2 veces ao ano (3 horas máximo por visita), para montar mobles, colocar cortinas ou instalar lámpadas, entre outras.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#58
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Que é un infraseguro? Que ocorrería coa miña vivenda en caso de sinistro?

    Un infraseguro prodúcese cando o importe dos capitais asegurados é inferior aos valores reais. 

    En caso de sinistro atoparíaste cunha situación na que poderiamos non facernos cargo do importe total da indemnización por aplicación da denominada regra proporcional.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#619
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Que usos pode ter unha vivenda para os efectos do seguro de fogar?

    Podes darlle á vivenda distintos usos e, para poder personalizar o Seguro Fogar ABANCA, segundo as túas necesidades, temos que coñecelo. Se vives principalmente nela é a túa vivenda habitual. Cando a utilizas de forma esporádica nas vacacións ou en días puntuais é a túa segunda residencia. Se a destinas ao alugueiro a medio e longo prazo, o uso será en alugueiro. En caso de non utilizala entenderase que está deshabitada e non sería posible asegurala coa cobertura de roubo. 
    Se o que necesitas é asegurar unha vivenda de uso turístico terás que contratar un seguro de negocios. 

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#598
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Que tipos de vivenda podo asegurar?

    Segundo como sexa a túa vivenda poderase clasificar como: 

    • Piso en planta intermedia: vivenda situada nun edificio no que as fiestras, terrazas ou balcóns están a máis de tres metros do chan e non é un piso na última planta.
    • Piso na última planta (ático): o último piso dun edificio de vivendas.
    • Piso na planta baixa: vivenda situada nun edificio no que as fiestras, terrazas ou balcóns están a menos de tres metros do chan.
    • Unifamiliar independente: é a vivenda independente e de uso exclusivo que non comparte parede con outra edificación, aínda que pode compartir un muro, peche ou sebe.
    • Unifamiliar acaroada: é a vivenda dunha ou varias plantas e de uso exclusivo, unida a outras vivendas, coas que comparte unha ou máis paredes laterais.


    Necesitamos coñecelo para poderche ofrecer un seguro totalmente personalizado.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#599
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Como calculo os metros cadrados (m2) da miña vivenda?

    Para o cálculo dos m2 da vivenda debes ter en conta tanto os m2 construídos correspondentes á vivenda coma os espazos exteriores de uso privativo (terrazas, soportais, tendais e similares). Non se deberán incluír como m2 construídos da vivenda os dos anexos (garaxes e rochos). 

    Non poderemos asegurar de forma automática vivendas que superen os 1000 metros cadrados construídos, incluídos os anexos. No caso de que a vivenda supere os 1000 m2 e teñas a hipoteca con ABANCA consulta coa oficina as posibilidades de aseguramento.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#600
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Que se consideran anexos da vivenda?

    Considéranse anexos á vivenda os garaxes e mais os rochos situados no mesmo edificio no que estea a vivenda, e non é posible asegurar anexos situados nun edificio diferente.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#601
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Por que é importante o ano de construción da vivenda no seguro de fogar?

    O ano de construción da vivenda é unha información relevante para o seguro de fogar de ABANCA xa que se a vivenda ten máis de 80 anos de antigüidade será necesario que se realizara unha reforma integral inferior a 30 anos de antigüidade. 

    No caso de que teña máis de 125 anos de antigüidade non será posible asegurala. 

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#602
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Que se considera reforma integral da vivenda no seguro de fogar?

    Considérase reforma integral da vivenda a rehabilitación total de todas as conducións de auga, luz e gas do inmoble asegurado.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#603
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Cales son os tipos de materiais cos que pode estar construída a vivenda para os efectos do seguro de fogar?

    Segundo os materiais cos que estea construída principalmente a vivenda pódese clasificar como: 


    -Vivendas de ladrillo e/ou pedra na súa totalidade: as vivendas construídas con materiais totalmente incombustibles en peches, estrutura e cuberta, como ladrillo, pedra, tella ou formigón. As casas prefabricadas de formigón e/ou aceiro están cubertas e englóbanse nesta epígrafe.
    -Vivendas con vigas de madeira na estrutura ou na cuberta: as vivendas que, a pesar de contar con peches incombustibles, na construción teñen vigas de madeira na estrutura da edificación ou na cuberta.
    -Vivendas de madeira ou adobe (máis do 25% de materiais combustibles): as vivendas cuxo elemento principal na construción é a madeira e/ou o adobe. Neste caso, o seguro de Fogar de ABANCA exclúe a contratación de vivendas con materiais de construción que se consideran de alto risco inflamable como as vivendas de madeira ou adobe se eses materiais superan o 25% do total da construción. As vivendas prefabricadas tipo contedor e prefabricadas de madeira tamén están excluídas da contratación. No caso de que sexa unha vivenda hipotecada con ABANCA un equipo experto valorará o risco e a posibilidade de aseguramento.


    Por outra banda, as casas móbiles non é posible aseguralas posto que non teñen un domicilio fixo dado que non están ancoradas ao solo.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#605
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Como se calcula o valor do continente?

    Para o cálculo do capital recomendado do continente terase en conta toda a información que nos proporcionaches da túa vivenda, por iso é moi importante que sexa correcta. Aplicando diferentes variables darémosche o capital recomendado e personalizado, asegurándoche desta forma que a túa vivenda estea correctamente asegurada e evitando así o infraseguro.


    O continente fai referencia á edificación en si e engloba estes elementos: 
    Estrutura da vivenda: paredes, teitos,...
    Construcións anexas: rochos, garaxes. 
    Instalacións: tubaxes, cables,...
    Elementos decorativos: parqués, molduras.


    Sexan ou non independentes do edificio, tamén se consideran inmoble asegurado as cercas, os peches e muros de cerramento e de contención.
    En caso de propiedade horizontal ou proindivisa, queda incluída a parte proporcional dos elementos comúns do edificio, así como da antena colectiva de TV e frecuencia modulada. Non é posible asegurar vivendas cun capital de continente superior a 1.200.000 €. 

    Se a túa vivenda ten hipoteca con ABANCA e necesitas asegurar un capital de continente superior a 1.200.000 € consulta coa túa oficina ABANCA as posibilidades de aseguramento.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#607
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Como se calcula o valor do contido?

    O cálculo do capital recomendado do contido realízase baseándose nunha estimación do seu posible valor en función das características da túa vivenda (uso da vivenda, localización, m2 etc.) e ao capital recomendado para o continente. 


    Considérase contido o conxunto de bens mobles, roupa, efectos, electrodomésticos, portátiles... e, en xeral, cantos obxectos e elementos estean dentro dunha vivenda, ou nos locais dependentes dela, da túa propiedade, dos teus familiares, das persoas que convivan contigo ou do persoal ao teu servizo. 

    En calquera caso, pódese axustar o capital inicialmente recomendado en función do contido real.
    Segundo o uso e a localización da vivenda existirán uns límites máximos de contido asegurable; este límite será, por exemplo, nunha residencia habitual, de 360.000 €.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#608
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Que inclúe a cobertura da responsabilidade civil?

    A cobertura da Responsabilidade Civil é moi importante porque por ela se indemnizará a terceiras persoas que resultaran prexudicadas por un sinistro orixinado na nosa vivenda.

    • Se existe capital asegurado para o inmoble (continente):

    As contraprestacións monetarias das que poidas resultar responsable ante terceiros por mor dos danos que lles puideras causar directa e accidentalmente por accións ou omisións neglixentes túas ou das persoas das cales debas responder legalmente e por feitos derivados da propiedade do inmoble asegurado.

    Se o inmoble asegurado formara parte dunha comunidade de propietarios, queda garantida a responsabilidade civil que che incumba polos danos causados a terceiros en calidade de copropietario dos elementos comúns do edificio en que estean os bens asegurados e cando os danos deriven de servizos comúns á finca ou proveñan de actos ou omisións do persoal ao seu servizo.

    • Se existe capital asegurado para o mobiliario e obxectos asegurados (contido):

    As contraprestacións monetarias das que poidas resultar civilmente responsable ante terceiros por mor dos danos directa e accidentalmente causados por:

    Os teus actos ou os das persoas polas que debas responder como posuidor do mobiliario e/ou como inquilino da vivenda.

    Ou caída da antena individual de televisión ou obxectos caídos ou tirados desde a túa fiestra.

    Ou danos ocasionados a terceiros pola auga derivados de instalacións non fixas ou pola omisión involuntaria do peche de válvulas, chaves de paso ou billas.

    Ou danos materiais ou corporais causados por mor dun incendio e/ou explosión no contido da vivenda asegurada.

    Ou a responsabilidade civil persoal e como cabeza de familia por mor de: os teus actos persoais e os do teu cónxuxe, fillos e demais familiares que dependan de ti e convivan contigo, de animais domésticos, da práctica de deportes non profesional, do uso de bicicletas sen motor, por intoxicacións alimentarias sufridas por terceiros servidos no domicilio e por actos ou omisións do persoal doméstico ou dos seus danos corporais.

    Tamén está incluída a defensa penal e a elección de avogado e procurador.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#609
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Que inclúe a cobertura de ampliación de xoias?

    Empecemos por aclarar que se consideran como xoias as alfaias ou obxectos compostos de ouro, platino, perlas ou pedras preciosas.

    O Seguro de Fogar ABANCA cobre, en todas as pólizas, en caso de roubo ou vandalismo na túa vivenda, un capital para xoias de ata o 30% do valor asegurado no contido, cun máximo de 3.000 € e un límite de indemnización por peza de 500 € en caso de sinistro.
    Estará excluída esta cobertura no caso de que non se asegure o contido, se a túa vivenda está situada nun despoboado ou está en alugueiro ou deshabitada.
    En caso de necesitar un capital adicional para xoias, é posible contratar a cobertura opcional "ampliación de xoias" coa que se poderá asegurar un capital de libre elección de ata o 50% do capital asegurado no contido e cun límite de 50.000 €. 

    Se se trata dunha segunda residencia non se poderá contratar esta cobertura.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#610
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Que inclúe a cobertura de ampliación de obxectos de valor especial (OVE)?

    Empecemos por aclarar que se consideran como obxectos de valor especial os cadros, obras de arte, antigüidades, reloxos e obxectos compostos en todo ou en parte de metais preciosos ou marfil ou pedras preciosas ou semipreciosas que non teñan a consideración de xoias. Tamén as peles, tapices, bolsos, alfombras, aparatos electrónicos e aparatos de imaxe ou son. No caso de conxuntos que constitúan naturalmente un xogo, o valor unitario é o do conxunto na totalidade, por exemplo unha vaixela.
    O uso ten que ser persoal ou decorativo cun valor unitario superior a 2.000 €. 
    O Seguro de Fogar ABANCA, cobre, en todas as pólizas, en caso de roubo ou vandalismo na túa vivenda, un capital para obxectos OVE ata o 30% do valor asegurado no contido, cun máximo de 5.000 € e un límite de indemnización por peza de 2.500 € en caso de sinistro. 
    Estará excluída esta cobertura no caso de que non se asegure o contido, se a túa vivenda está situada nun despoboado ou está en alugueiro ou deshabitada.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#611
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Quen pode ser o tomador do seguro de fogar de ABANCA Seguros?

    Pode ser tomador do seguro de fogar de ABANCA Seguros:

    • O propietario da vivenda: que en función do uso da vivenda (habitual, segunda residencia, en alugueiro) poderá seleccionar as coberturas correspondentes.
    • O inquilino da vivenda.
    • Ou poden darse outras situacións: con esta opción dáselles cobertura a aquelas persoas que non son propietarios nin inquilinos pero viven e gozan da vivenda, e polo tanto teñen interese en asegurala nas mesmas condicións ca o propietario. Por exemplo, familiares do propietario que residen na vivenda, ou persoas que teñen o seu usufruto pero aínda non son propietarios.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#708
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Onde se localiza a túa vivenda?

     lugar onde se localiza a vivenda é necesario para poder personalizar o teu Seguro Fogar ABANCA. 
    Se está situada no casco urbano dun municipio constituído polo menos por 50 vivendas e/ou 500 habitantes a vivenda está en núcleo urbano. No caso de que forme parte dun conxunto de vivendas con menos de 500 m de distancia entre elas situado a unha distancia superior a 1 km do núcleo urbano e que dispoña de rede pública de iluminación e auga, considérase outros núcleos poboacionais.
    Se se trata dunha vivenda que non reúne as condicións e as características de núcleo urbano nin doutros núcleos poboacionais estará nunha área despoboada. 

    No caso de vivendas nun despoboado non será posible asegurar a cobertura de roubo.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#604
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Cales son as medidas contra roubo que pode ter unha vivenda para os efectos do seguro de fogar?

    Estas son as diferentes medidas de seguridade contra roubo que pode ter a túa vivenda para os efectos do seguro de fogar:


    • Porta de seguridade: porta de madeira e contrachapado metálico ou de madeira maciza ou blindada, que dispoña de pechadura de seguridade ou dúas pechaduras simples.
    • Reixas fixas de ferro: reixas de ferro ou aceiro e solidamente ancoradas ao muro.
    • Alarma 24 h: sistema electrónico homologado segundo a lexislación vixente, capaz de detectar a intrusión de estraños no inmoble asegurado. Considerarase que está conectada 24 h cando teña comunicación coa central receptora autorizada polo Ministerio do Interior as 24 horas do día.
    • Caixa forte: caixa de caudais encaixada ou ancorada na totalidade no chan ou na parede, ou que teña un peso superior a 100 kg de peso, debidamente pechada e activada a combinación para o bloqueo da apertura.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#606
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Que diferenza existe entre roubo, furto e atraco?

    Por roubo enténdese toda aquela subtracción que se produce cando se exerce forza ou violencia contra obxectos pero non contra as persoas. Xeralmente cando entran na túa vivenda forzando as portas ou as fiestras, esteas ou non na vivenda nese momento. 


    O furto sería cando a subtracción se produce por un despiste ou descoido dos propietarios. 


    Para rematar, o atraco é unha subtracción con forza e/ou intimidación exercida sobre as persoas.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#612
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web
  • Que se entende por número de cuartos no seguro de fogar de ABANCA?

    O número de cuartos fai referencia aos posibles espazos habilitados para durmir, sexan estes utilizados ou non para tal fin, excluíndo a cociña, o salón e os baños deste cómputo.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar/#724
    • En TwitterSerás redirixido a outro sitio web
    • En FacebookSerás redirixido a outro sitio web

Se non atopas o que buscas, podes...

  • twitearnos a @somosABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • preguntárnoslas por escrito
  • venir a las oficinas
  • Banca a distancia
  • Seguros
  • Termos financeiros: Glosario
  • Operacións habituais
  • Seguridade
  • Oficinas, horarios, valores
  • Programa Servizos ABANCA
  • Produtos e servizos
  • Promocións e ofertas
  • Tarxetas
En que podemos axudarche?
Sala de comunicaciónSerás redirixido a outro sitio web
Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
Presenza internacional
Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
Axentes Financeiros
Traballa en ABANCASerás redirixido a outro sitio web
Contáctanos
Servizo de Atención ao Cliente
Seguridade
Busca de oficinas
Preguntas frecuentes
Política de privacidade
Somos accesibles
Política de cookies
Configuración de cookies
Aviso legal
Taboleiro de anuncios
Información MIFID
Outra información legal
Área clienteSerás redirixido a outro sitio web
ABANCA Servicios FinancierosSerás redirixido a outro sitio web
ABANCA USASerás redirixido a outro sitio web
ABANCA PortugalSerás redirixido a outro sitio web
EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
Tusitiodecompras.esSerás redirixido a outro sitio web
Open BankingSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Atención ao cliente

Accede para consultar ou presentar unha reclamación

logo-primary
Logo da UNEP - Ligazón aos asinantes dos Principios de Banca ResponsableSerás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventáLogo de PRI - Ligazón ao directorio de asinantes dos Principios para o Investimento ResponsableSerás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
    • Español
    • En galego
    • En euskera
    • En català
    • English
©2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Texto

Filtros de cor
Seleccionar cores