Sobre Valores de ABANCA
-
Que é ABANCA?
ABANCA é un banco con vocación ibérica que aposta por unha forma diferencial de facer banca baseada no coñecemento das necesidades do cliente e nun catálogo de produtos e servizos sinxelos, innovadores e transparentes.
Somos un equipo de máis de 8.000 persoas volcadas en satisfacer as necesidades financeiras e de aseguramento de familias e empresas.
A nosa proposta diferencial combina a atención persoal, a través dunha rede de arredor de 900 oficinas distribuídas por España, Portugal e outros 9 países, coa operativa a través de canles dixitais e a distancia.
A especialización, a internacionalización e a sustentabilidade son outros sinais de identidade dunha entidade financeira situada entre as máis solventes do sector en España.
ABANCA conta cun rating na categoría A, o bloque de cualificacións máis elevado das axencias.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca/valores-de-abanca#10 -
Ofertas de emprego en ABANCA
Podes inscribirte na comunidade de talento de ABANCA, empleo.abanca.comSerás redirixido a outro sitio web. Déixanos o teu currículo e coñece as ofertas de emprego que ofrecemos antes que ninguén.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca/valores-de-abanca#176 -
Como é ABANCA?
Queremos conciliar os atributos da banca tradicional coas características dun banco de última xeración que aposta pola innovación como un dos seus valores primordiais.
En ABANCA o cliente está no centro de todas as nosas decisións, e se nos gusta dicir que somos unha banca de persoas para persoas é porque os nosos empregados son a outra parte fundamental deste Sentir Común.
O noso modelo é dunha banca de servizo e proximidade.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca/valores-de-abanca#11 -
Que valores son os de ABANCA?
A alma deste banco e desta marca resúmese nunha emoción: Sentir Común. O Sentir Común é un compromiso cos nosos clientes: o de facer sempre o que sexa mellor para todos; o de mollarse se os demais se mollan. Sentir Común é ter o pés na terra e ir todos no mesmo barco. Sentir Común é escoitar e responder. Con transparencia e honestidade, con proximidade e sinxeleza.
Ademais, neste novo banco todos os empregados e empregadas comprometémonos con catro valores irrenunciables: responsabilidade (somos serios e cumprimos coa palabra dada); confiabilidade (dicimos sempre a verdade, porque é a única forma de xerar confianza); innovación (porque o mellor sempre está esperando uns pasos máis adiante) e calidade (porque nos propomos ser os mellores, cada día, para superar as expectativas dos nosos clientes).
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca/valores-de-abanca#12 -
Como podo poñer unha reclamación?
Se sufriches algunha incidencia e non a puideches resolver na túa oficina, podes dirixirte ao noso Servizo de Atención ao Cliente.
Atenderemos cualquera queixa ou reclamación que presentes no prazo máximo dun mes desde que a recibamos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca/valores-de-abanca#164 -
Como podo contactar con ABANCA?
Para contactar connosco, envíanos a túa consulta a través do seguinte formulario ou chámanos ao teléfono 900 815 522. Se chamas desde o extranxeiro faino ao +34 981 910 522.
Se o prefires, podes contactarnos a través do buzón da túa banca electrónica desde a sección de 'Axuda e Contacto' tanto se nos escribes a nivel particular como representando á túa empresa.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca/valores-de-abanca#168 -
Podes confiar en ABANCA
Tes todas as garantías derivadas das normativas regulatorias que cumprimos como entidade financeira española e europea, e da aplicación do noso modelo de goberno corporativo, a altura dos máis elevados estándares internacionais.
Os nosos indicadores de redabilidade, solvencia e liquidez avalan a nosa estratexia de sostenibilidade a longo prazo, focalizada no negocio minorista tradicional e a concesión de crédito.
ABANCA obtivo no 2015 un beneficio neto de 330 millóns de euros, o que supón unha rendabilidade (ROTE) do 8,7%, unha das máis elevadas do mercado bancario en España.
Somos unha das entidades máis solventes do sector financeiro español e europeo, o que nos permite superar o nivel de capital mínimo requerido de acordo coas directrices de Basilea III.
Dispoñemos dunha posición de liquidez de 10.917 millóns de euros en activos dispoñibles e capacidade de emisión, cifra coa que cumprimos amplamente os requerimentos esixibles en 2018.
Desenvolvimos un novo modelo comercial onde cobran protagonismo a solidez, a atención ao cliente e a innovación, así que estamos nas mellores condicións para atender, con responsabilidade e sentido común, as túas necesidades.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca/valores-de-abanca#109 -
Que podemos agardar os empresarios e emprendedores de ABANCA?
ABANCA mantén sempre un claro compromiso cos empresarios, os emprendedores, a industria e o comercio.
O tecido empresarial é o principal destinatario da nosa concesión de financiamento. Somos o seu socio financeiro no día a día, e tamén nos seus proxectos de investimento para o crecemento dos seus negocios ou a entrada en novos mercados.
Poñemos á súa disposición o coñecemento especializado de áreas como ABANCA Empresas, ABANCA Energy, Next Generation ABANCA, ABANCA Negocios, ABANCA Seguros, ABANCA Agro e ABANCA Mar, para que, sexa cal sexa a súa actividade e necesidades específicas, conten sempre coa mellor solución financeira.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca/valores-de-abanca#110 -
En que consiste o noso apoio á restauración ambiental de bosques en Galicia?
Promovemos a plantación de especies autóctonas de Galicia, coníferas ecoloxicamente adaptadas ás áreas onde se realizan as plantacións. Concretamente en áreas forestais degradadas que necesitan ser restauradas porque se viron afectadas por incendios forestais ou por catástrofes naturais.
Para iso contamos coa axuda do equipo de expertos da Fundación Arume e da Asociación Forestal de Galicia, que se encargará de plantar as árbores na época do ano idónea e coidalos da mellor forma posible para que crezan sas e fortes. As actuacións seguen un modelo silvícola establecido que debe contar cunha certificación baseada en boas prácticas de xestión forestal.
No ano 2022, apoiamos a restauración de máis de 55.000 árbores autóctonas, nunha superficie de 52 hectáreas en zonas das 4 provincias galegas, como O Rosal, Dodro, O Valadouro, Lobeira ou Lalín. Desde o ano 2020 levamos plantadas máis de 180.000 especies.
O obxectivo desta iniciativa é compensar as emisións de CO2 que non puidemos reducir da nosa pegada operativa e lograr ser neutros en carbono. ABANCA é neutra en carbono desde o ano 2020.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca/valores-de-abanca#675 -
Como medimos o dato de recomendación dos nosos clientes?
Este dato provén das nosas enquisas de satisfacción, nas que lles preguntamos aos nosos novos clientes en que medida recomendarían ABANCA a familiares e amigos nunha escala do 0 ao 10.
Segundo os últimos datos, o 72% dos nosos novos clientes puntúannos entre 9 ou 10. Son clientes satisfeitos que clasificamos como potenciais prescritores de ABANCA.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca/valores-de-abanca#787