500€ polos teus ingresos
Só por abrir a túa conta e domiciliar a túa nómina levas:
- 500€ se é de 1200€ ou máis(1)
- 185€ se é maior de 800€ e menor de 1200€
Si, 500€ directos á túa conta aos poucos días de recibir a túa primeira nómina en ABANCA.
A túa tarxeta, como ti queiras
Coa túa conta en liña tes unha tarxeta de débito sen custo, e unha de crédito sen comisión de emisión nin mantemento o primeiro ano(2). Úsaa física, úsaa virtual. Ou as dúas.
50€ por cada amigo
Por cada amigo que se faga cliente de ABANCA e domicilie a súa nómina, levas 50€ netos, ata o 31 de maio de 2026. ¡Podes invitar ata un máximo de 10 amigos e conseguir ata 500€! Cantos máis invites, máis gañas.
Consulta as condicións
Si, tamén tes Bizum
Actívao na app en segundos e comeza a enviar ou recibir diñeiro en España ou no estranxeiro (si, en ABANCA podes facer Bizum a países como Portugal, Italia ou Andorra). Todo desde o teu móbil.
Move o teu diñeiro
Sen moverte
Envía diñeiro a onde queiras, cando queiras e sen custo.
Coa túa conta online podes facer transferencias en euros non urxentes dentro da UE, directamente desde a túa app.
Solicita a túa conta online en só 10 minutos
O teu DNI ou NIE
O teu móbil
Un vídeo selfie
Descubre todas a nosas contas
Xa sexa que queiras rendibilizar os aforros ou tirarlles partido aos ingresos, temos unha conta para ti.
Banco dixital: si
900 oficinas: tamén
Tes dúbidas sobre a conta online? Nós respondemos
A Conta Online está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros, traspasos ou transferencias na oficina durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a ter unha conta estándar.
Unha conta estándar trae asociada unha serie de pagos polos servizos que che ofrecemos e que terías que empezar a pagar. Con todo, co Programa Servizos ABANCA é moi fácil que non pagues por estes servizos se cumpres uns requisitos moi sinxelos. Podes comprobalo na nosa web.
En calquera caso, antes de que teñas que empezar a pagar, avisarémoste.
A Conta Online Clara está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros inferiores a 600€ en ventanilla ou vas a oficina a realizar transferencias ou traspasos de calquera importe durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a unha conta estándar.
Para que isto non suceda, avisarémoste a tempo no caso de que estés incumprindo algunha das condicións e poder evitar deste xeito a cancelación da Conta Online Clara.
Para abrir unha Conta Clara sin comisiones y de forma online tes que ser residente en España e ter máis de 18 anos.
Facerse cliente é moi sinxelo, 100 % online e só che levará uns minutos. Para sermos o máis áxiles posible, debes ter á man o teu documento de identidade (DNI ou NIE con foto), o teu teléfono móbil e un documento que acredite a túa actividade laboral (pedirémoscho ao final do proceso para que che dea tempo a buscalo). O documento pode ser unha copia da nómina, o IRPF ou a vida laboral da Seguridade Social. Por último, farémosche un vídeo selfie para identificarte; asegúrate de que o teu dispositivo móbil ten activados os permisos da cámara.
Non é necesario que domicilies a túa nómina para gozar de todas as vantaxes da conta pero se o fas, podes beneficiarte das nosas promocións. Lembra que para poder gozar deste beneficio é necesario que:
- Adhíraste á campaña (preguntarémosche durante o proceso de alta se aceptas as condicións).
- Fagas o cambio de domiciliación da nómina coa túa empresa ou da pensión coa Seguridade Social (ou outros organismos).
- Recibas o ingreso na túa nova conta. Tes dous meses desde a sinatura da adhesión á campaña.
- O incentivo da ‘promo’ recibiralo nun prazo máximo dun mes desde ese primeiro ingreso de nómina ou pensión.
Non te preocupes, iremoste guiando a medida que avances no formulario de contratación.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG
(1) Incentivo de 405€ netos, que son 500€ brutos, ata o 31 de maio de 2026 para novos clientes que domicilien unha nómina ou pensión cun importe igual ou superior a 1200€/mes; se a túa nómina é maior de 800€ e menor de 1200€, o incentivo será de 150€, que son 185€ brutos. Deberás mantela durante 24 meses e asinar o compromiso de permanencia. Rendemento de capital mobiliario dinerario suxeito a retención. Non acumulable a outras campañas de nómina/pensión. Non se aplicará a promoción a clientes que xa tivesen a súa nómina ou pensión domiciliada en ABANCA nalgún momento dos últimos 12 meses. No caso de incumprir o requisito de permanencia, deberás reembolsarnos a parte proporcional do incentivo bruto polos meses que resten para acadar a permanencia de 24 meses.
A Conta Online Nómina é unha conta corrente non remunerada para novos clientes TIN 0%, TAE:0%, sen comisión de mantemento nin condicións, calculando para un suposto de saldo positivo diario durante un ano.
Para poder contratar a conta online nómina de ABANCA só tes que ser maior de idade, vivir en España e non ser cliente de ABANCA. Unha vez contratada a conta, se queres gozar de todas as vantaxes da conta debes estar ao día cos teus pagos se tes algún préstamo, crédito ou calquera outro produto con ABANCA. Ademais, como se trata dunha conta para clientes dixitais, tes que realizar as túas operacións habituais a través da túa app ou banca electrónica.
Se vemos que vas ás nosas oficinas a realizar operacións en ventanilla como ingresos ou reintegros de menos de 600€ (que podes facer desde algúns dos nosos caixeiros) ou transferencias e traspasos (que podes facer gratis desde a túa app) durante dous meses seguidos, a túa conta pasaría a ter as condicións dunha conta corrente normal, que si ten comisións de administración e mantemento, e, ademais, terías outras comisións nas tarxetas ou transferencias.
Para que non te teñas que preocupar e evitar que isto ocorra, avisarémoste previamente. Recomendámosche que consultes a FIPRE e o contrato, onde tamén cho explicamos.
(2) A tarxeta Visa Ti de crédito será sen comisión de emisión durante o primeiro ano. Despois poderás seguir gozando desta tarxeta de crédito sen pagar comisión se fas compras anuais con ela por valor de polo menos 3000€. A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade.
No pack da conta tamén contratarás a nosa Tarifa Plana Seguros, así se algún día contratas un seguro con ABANCA poderás pagalo en 12 mensualidades idénticas, sen intereses nin comisións (TIN 0%, TAE 0%). Poñémosche un exemplo do pago dos seguros domiciliados na túa Tarifa Plana Seguros sen ter en conta a bonificación. Supón que o importe anual das primas de todos os seguros é de 420€, o importe que terías que pagar en cada unha das doce cotas mensuais sería de 35€. Polo tanto, o importe total adebedado sería 420€. Sen comisións, TIN 0% TAE 0%. A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade. Consulta as condicións da Tarifa Plana Seguros en abanca.com/tpsCCGGVer ficheiro PDF
MEDIADOR: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na avda. da Mariña núm. 1, 4ª, A Coruña, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3321, folio 64, folla C-38698 no Rexistro Especial de Mediadores da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co núm. OV-0044. Con seguro de responsabilidade civil profesional e capacidade financeira necesaria esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. CIF: B-70049630.
ASEGURADORAS: ABANCA Vida e Pensións de Seguros e Reaseguros, S.A.U, CIF: A15140387, con clave de rexistro na DGSFP C0628 e domicilio social na avda. da Mariña 1, 3ª, A Coruña. ABANCA Xerais de Seguros e Reaseguros, S.A., con NIF A14715270 e domicilio social na Coruña, Avda Linares Rivas 30 3ª, CP 15005. Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3407, folio 9, folla C-47133 con clave de rexistro na DGSFP C-0808. CASER, Caixa de Seguros Reunidos, Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A. con domicilio social en Avenida de Burgos, 109 - 28050 Madrid e con clave de rexistro na DGSFP C0031 e SANITAS, Sanitas Sociedade Anónima de Seguros con domicilio social en Ribeira do Loira, 52 –28042 Madrid e con clave de rexistro na DGSFP C0320. Consulta o resto de entidades aseguradoras coas que o mediador ten concertado un contrato de axencia no apartado de seguros de abanca.com