CONTA CLARA: INDICADOR DE RISCO
1/6
Escala numérica, na que 1/6 é o indicador de menor risco e 6/6, de maior risco.
FONDO DE GARANTÍA
ABANCA está adscrita ao Fondo de Garantía de Depósitos de entidades de crédito. O Fondo garante ata un máximo de 100.000 euros por depositante e entidade de crédito.

Conta Xove Online

Ata
500€

pola túa nómina

Se no teu banco non pasa, pasa do teu banco. Exclusiva para novos clientes

500€ polos teus ingresos

Só por abrir a túa conta e traer a nómina a ABANCA levas:

  • 500€ se é de 1200€ ou máis(1)
  • 185€ se é maior de 800€ e menor de 1200€


Aos poucos días de recibir a túa primeira nómina en ABANCA, abonarémosche na conta o incentivo que che corresponda. Para o que queiras!

Sen comisións
Sen preocupacións

Aquí non che cobramos comisión de mantemento (0% TAE).
slider-comisiones-home-gl

A túa tarxeta, como ti queiras

Coa túa conta Xoven Nómina tes unha tarxeta de débito Tú NX e unha de crédito sen comisión de emisión nin mantemento ata que cumpras 35 anos. Pídea física, úsaa virtual. Ou as dúas

500 € polos teus amigos

Por cada amigo que se faga cliente de ABANCA e domicilie a nómina levas 50 € netos, ata o 30 de decembro de 2025. Podes invitar ata un máximo de 10 amigos! Cantos máis invites, máis ganas.

Consulta as condicións

Compartir conta,
duplicar vantaxes

Aquí podedes abrir a conta xuntos, xestionar o diñeiro a medias e, se os dous traedes a nómina, levades o incentivo por cada unha.

Si, tamén tes Bizum

Actívao na app en segundos e empeza a enviar ou recibir diñeiro. Todo desde o teu móbil.

Para as túas viaxes

Saca cartos onde queiras, ata cinco retiradas a débito ao mes en calquera caixeiro do mundo,sen comisións pola nosa parte.

Lembra que algúns bancos si poderían cobrarche polo uso do caixeiro.

Paga en calquera parte do mundo, ¡sen comisión por cambio de divisa!

Solicita a túa conta online en só 10 minutos

O teu DNI ou NIE

E se estás traballando, tamén a túa nómina.

O teu móbil

Enviarémosche notificacións para que as valides.

Un vídeo selfie

Ten a cámara activada e listo.

Seguridade que se sente, non se pensa

O teu diñeiro está onde debe estar: protexido, seguro e baixo o teu control. A nosa tecnoloxía Chave ABANCA engádelle capas extra de seguridade a cada operación desde a túa app.

Descubre todas a nosas contas

Xa sexa que queiras rendibilizar os aforros ou tirarlles partido aos ingresos, temos unha conta para ti.

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas

A Conta Online está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros, traspasos ou transferencias na oficina durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a ter unha conta estándar.

Unha conta estándar trae asociada unha serie de pagos polos servizos que che ofrecemos e que terías que empezar a pagar. Con todo, co Programa Servizos ABANCA é moi fácil que non pagues por estes servizos se cumpres uns requisitos moi sinxelos. Podes comprobalo na nosa web.

En calquera caso, antes de que teñas que empezar a pagar, avisarémoste.

 

A Conta Online Clara está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros inferiores a 600€ en ventanilla ou vas a oficina a realizar transferencias ou traspasos de calquera importe durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a unha conta estándar.

Para que isto non suceda, avisarémoste a tempo no caso de que estés incumprindo algunha das condicións e poder evitar deste xeito a cancelación da Conta Online Clara.

Para abrir unha Conta Clara sin comisiones y de forma online tes que ser residente en España e ter máis de 18 anos.

Facerse cliente é moi sinxelo, 100 % online e só che levará uns minutos. Para sermos o máis áxiles posible, debes ter á man o teu documento de identidade (DNI ou NIE con foto), o teu teléfono móbil e un documento que acredite a túa actividade laboral (pedirémoscho ao final do proceso para que che dea tempo a buscalo). O documento pode ser unha copia da nómina, o IRPF ou a vida laboral da Seguridade Social. Por último, farémosche un vídeo selfie para identificarte; asegúrate de que o teu dispositivo móbil ten activados os permisos da cámara.

Non é necesario que domicilies a túa nómina para gozar de todas as vantaxes da conta pero se o fas, podes beneficiarte das nosas promocións. Lembra que para poder gozar deste beneficio é necesario que:

  1. Adhíraste á campaña (preguntarémosche durante o proceso de alta se aceptas as condicións).
  2. Fagas o cambio de domiciliación da nómina coa túa empresa ou da pensión coa Seguridade Social (ou outros organismos).
  3. Recibas o ingreso na túa nova conta. Tes dous meses desde a sinatura da adhesión á campaña.
  4. O incentivo da ‘promo’ recibiralo nun prazo máximo dun mes desde ese primeiro ingreso de nómina ou pensión.

Non te preocupes, iremoste guiando a medida que avances no formulario de contratación. 

Promovemos a plantación de especies autóctonas de Galicia, coníferas ecoloxicamente adaptadas ás áreas onde se realizan as plantacións. Concretamente en áreas forestais degradadas que necesitan ser restauradas porque se viron afectadas por incendios forestais ou por catástrofes naturais.

Para iso contamos coa axuda do equipo de expertos da Fundación Arume e da Asociación Forestal de Galicia, que se encargará de plantar as árbores na época do ano idónea e coidalos da mellor forma posible para que crezan sas e fortes. As actuacións seguen un modelo silvícola establecido que debe contar cunha certificación baseada en boas prácticas de xestión forestal.

No ano 2022, apoiamos a restauración de máis de 55.000 árbores autóctonas, nunha superficie de 52 hectáreas en zonas das 4 provincias galegas, como O Rosal, Dodro, O Valadouro, Lobeira ou Lalín. Desde o ano 2020 levamos plantadas máis de 180.000 especies.

O obxectivo desta iniciativa é compensar as emisións de CO2 que non puidemos reducir da nosa pegada operativa e lograr ser neutros en carbono. ABANCA é neutra en carbono desde o ano 2020.

DOCUMENTACIÓN

NO BLOG

(1) Incentivo de 405 € netos, que son 500 € brutos, ata o 31 de decembro de 2025 para novas domiciliacións da nómina ou pensión cun importe igual ou superior a 1200 €/mes, se a nómina é maior de 800 € e menor de 1200€ o incentivo será de 150 €, que son 185 € brutos. Deberás mantela durante 24 meses e asinar o compromiso de permanencia. Rendemento de capital mobiliario monetario suxeito a retención. Non acumulable a outras campañas de nómina. Non se lles aplicará a promoción aos clientes que tiveran a nómina ou pensión domiciliada en ABANCA nalgún momento dos últimos 12 meses; ou a clientes que teñan contratada unha conta remunerada na entidade. No caso de incumprir o requisito de permanencia, deberás reembolsarnos a parte proporcional do incentivo bruto aos meses que resten para alcanzar a permanencia de 24 meses.

A Conta Xove Online é unha conta corrente non remunerada para novos clientes TXN 0%, TAE:0%, sen comisión de mantemento nin condicións, calculándoo para un suposto de saldo positivo diario durante un ano.

Para poder contratar a Conta Xove Online só tes que ser maior de idade, vivir en España e non ser cliente de ABANCA. Unha vez contratada a Conta remunerada Clara, se queres gozar de todas as vantaxes da conta debes estar ao día cos teus pagos se tes algún préstamo, crédito ou calquera outro produto con ABANCA. Ademais, como se trata dunha conta para clientes dixitais, tes que realizar as túas operacións habituais a través da túa app ou banca electrónica.

Se vemos que vas ás nosas oficinas para realizar operacións en ventanilla como ingresos ou reintegros de menos de 600€ (que podes facer desde moitos dos nosos caixeiros) ou transferencias e traspasos (que podes facer gratis desde a túa app), durante dous meses seguidos a túa Conta remunerada Clara pasaría a ter as condicións dunha conta corrente normal, que si que ten comisións de administración e mantemento, e, ademais terías outras comisións nas tarxetas ou transferencias.

Para que non te teñas que preocupar e evitar que isto ocorra, avisarémoste previamente. Recomendámosche que consultes a FIPRE e o contrato, onde tamén o explicamos.

(2)A tarxeta Visa Tú de crédito será sen custo, sen comisión de emisión, durante o primeiro ano. Despois poderás seguir gozando desta tarxeta de crédito sen pagar nin un céntimo se fas compras anuais con ela por valor de polo menos 3000€. A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade.

No pack de Conta remunerada Clara tamén contratarás a nosa Tarifa Plana Seguros, así se algún día contratas un seguro con ABANCA poderás pagalo mes a mes, sen xuros nin comisións (TXN 0%, TAE 0%). Poñémosche un exemplo do pago dos seguros domiciliados na túa Tarifa Plana Seguros sen ter en conta a bonificación. Supón que o importe anual das primas de todos os seguros é de 420€, o importe que terías que pagar en cada unha das doce cotas mensuais sería de 35€. Por tanto, o importe total debido serían 420€. Sen comisións, TXN 0% TAE 0%. A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade. Consulta a promoción en calquera das nosas oficinas. Consulta as condicions da Tarifa Plana Seguros en abanca.com/tpsCCGG.

MEDIADOR: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en la avda. de la Marina núm. 1, 4ª, A Coruña, inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña, tomo 3321, folio 64, hoja C-38698 en el Registro Especial de Mediadores de la Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones con núm. OV-0044. Con seguro de responsabilidad civil profesional y capacidad financiera necesaria exigidos por la normativa de distribución de seguros vigente. CIF: B-70049630.

ASEGURADORAS: ABANCA Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A.U, CIF: A15140387, con clave de registro en la DGSFP C0628 y domicilio social en la avda. de la Marina 1, 3ª, A Coruña. ABANCA Generales de Seguros y Reaseguros, S.A., con NIF A14715270 y domicilio social en A Coruña, Avda Linares Rivas 30 3ª, CP 15005. Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña, tomo 3407, folio 9, hoja C-47133 con clave de registro en la DGSFP C-0808. CASER, Caja de Seguros Reunidos, Compañía de Seguros Y Reaseguros, S.A. con domicilio social en en Avenida de Burgos, 109 - 28050 Madrid y con clave de registro en la DGSFP C0031 y SANITAS, Sanitas Sociedad Anónima de Seguros con domicilio social en Ribera del Loira, 52 –28042 Madrid y con clave de registro en la DGSFP C0320. Consulta el resto de entidades aseguradoras con las que el mediador tiene concertado un contrato de agencia en el apartado de seguros de abanca.com