Política de Privacidade para usuarios e candidatos do portal de emprego de ABANCA
1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?
O responsable do tratamento dos teus datos persoais é ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en diante, “ABANCA” ou a “Entidade”), provista de NIF A70302039 e con domicilio social en Betanzos (A Coruña), na Rúa Cantón Claudino Pita, nº 2, C.P. 15300.
En ABANCA contamos cun Delegado de Protección de Datos (en diante, “DPO”), formalmente designado, co que podes poñerte en contacto por escrito, se o necesitas, para obter máis información sobre calquera dos puntos incluídos nesta Política de Privacidade e para facerlle chegar as túas dúbidas, consultas ou reclamacións relacionadas co tratamento dos teus datos persoais, a través do enderezo de correo electrónico: privacidad@abanca.com.
2. Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?
Debemos diferenciar entre as fontes das que proceden os teus datos persoais e as categorías de datos persoais que tratamos:
2.1. Fontes das que proceden os teus datos persoais
Os teus datos persoais tratados por ABANCA poden proceder de ti mesmo (cando os facilitas ou achegas como usuario do portal de emprego de ABANCA, solicitante de emprego ou candidato en procesos de selección de persoal nos que participes, como persoal en prácticas ou como participante en programas de captación de talento impulsados por ABANCA), ser xerados en ABANCA (como usuario do portal de emprego ou derivados do desenvolvemento e xestión dos procesos referidos), ou ter a súa orixe en fontes externas (é dicir, proceder de terceiros dos que obtemos datos referentes á túa persoa ao abeiro do consentimento que outorgases para o efecto, ou ben ao abeiro dalgunha outra das bases xurídicas legalmente previstas que o permiten). A continuación, ofrecémosche información detallada respecto das mencionadas fontes internas e externas das que poden proceder os teus datos persoais:
Datos facilitados por ti de maneira directa como usuario do portal de emprego, solicitante de emprego ou candidato en procesos de selección de persoal nos que participes, como persoal en prácticas ou como participante en programas de captación de talento impulsados por ABANCA.
Datos xerados sobre ti durante a túa navegación polo portal de emprego, así como os derivados da propia xestión e desenvolvemento dos procesos de selección nos que participes como solicitante de emprego ou candidato, como persoal en prácticas ou como participante en programas de captación de talento impulsados por ABANCA.
Entidades de formación e/ou ensino (tales como Universidades, Escolas de negocios, etc).
Portais de emprego.
Captadores de talento (headhunters) ou axencias de selección de persoal.
Colegios profesionais.
Prestadores de servizos especializados na realización de probas selectivas (p. ex., test psicotécnicos).
Redes sociais abertas e, en particular, aquelas orientadas ao uso empresarial, aos negocios e ao emprego (p. ex., Linkedin, Xing, Viadeo, Womenalia, etc.).
2.2. Categorías de datos persoais
En ABANCA tratamos distintos tipos de datos persoais para En ABANCA tratamos distintos tipos de datos persoais para acadar as finalidades previstas no apartado 3 “Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?” da presente Política de Privacidade.
Co propósito de que dispoñas de información clara e detallada ao respecto, agrupamos os datos persoais que tratamos nas seguintes categorías:
Datos identificativos e de contacto: nome, apelidos, documento de identidade (DNI, pasaporte ou NIE), enderezo postal, enderezo electrónico e número de teléfono fixo ou móbil.
Datos referidos á túa voz e imaxe obtidos mediante a captación da túa imaxe e/ou voz por fotografía e/ou vídeo durante o/os procedemento/s de selección e/ou entrevista/s que, se é o caso, poidan ter lugar como proba de desenvolvemento do correspondente procedemento de selección e/ou entrevista ou para valorar a idoneidade da candidatura do posto ofertado. Nestes casos, e con carácter previo ao inicio da captación da túa imaxe e/ou voz, serás informado desta circunstancia podendo opoñerte á referida captación.
Datos relativos a circunstancias persoais contidos no teu documento de identidade: sexo, nacionalidade, lugar e data de nacemento e nomes dos teus proxenitores..
Datos relativos a circunstancias familiares e sociais: estado civil e situación familiar.
Datos académicos: formación/titulacións e, se é o caso, pertenza a colexios e/ou asociacións profesionais.
Datos de emprego, no caso de que o candidato teña experiencia laboral previa (p.ex. folla de vida laboral, tipo de contrato, posto de traballo, antigüidade, experiencia profesional, etc).
Datos adicionais proporcionados polo candidato; p.ex. o CV ou unha carta de presentación e/ou recomendación.
Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais: agrupación de solicitantes de emprego ou candidatos en categorías e segmentos en función de criterios obxectivos tales como a idade, o nivel de estudos e/ou similar.
Categorías especiais de datos: referímonos a aqueles datos que, pola súa natureza, son particularmente sensibles en relación cos dereitos e liberdades fundamentais e que, por iso, merecen especial protección, xa que o seu tratamento podería implicar un maior risco para o individuo. En ABANCA, con carácter xeral, non recollemos nin utilizamos esta tipoloxía de datos persoais, unicamente podemos solicitalos e tratalos no caso de que presentes a túa candidatura a ofertas dirixidas no portal de emprego a persoas con discapacidade, así no contexto do devandito proceso de selección poderemos solicitarche información sobre o teu grao de discapacidade.
O candidato garante, baixo a súa exclusiva responsabilidade, que todos os datos que facilite a ABANCA no marco do proceso de selección de persoal correspondente, como persoal en prácticas ou como participante en programas de talento impulsados por ABANCA serán veraces, exactos, completos e actualizados, comprometéndose a comunicar a ABANCA calquera modificación dos mesmos e asumindo a responsabilidade sobre a inexactitude e erro nos mesmos.
3. Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?
Seguidamente informámoste sobre os distintos tratamentos dos teus datos persoais dos que ABANCA é responsable, con especificación das finalidades e as bases xurídicas de cada un deles. Adicionalmente, e conforme ao indicado no anterior subapartado 2.2. (“Categorías de datos persoais”), detállanse respecto de cada tratamento as concretas categorías de datos utilizados na súa realización.
3.1 Tratamentos necesarios na túa condición de candidato no marco dos procesos de selección de persoal ou na túa condición de persoal en prácticas ou como participante en programas de talento impulsados por ABANCA.
Facemos referencia neste subapartado ás finalidades dos tratamentos cuxa base xurídica radica no desenvolvemento e/ou execución dos procesos e relacións precontractuais que solicites e/ou manteñas con ABANCA.
A continuación detállanse as finalidades dos tratamentos referidos, con indicación das súas respectivas finalidades, así como das categorías de datos persoais que se utilizan en cada un deles:
Poder contactar contigo para facerche chegar ofertas de emprego que encaixen de forma específica co teu perfil profesional sobre a base da información que facilitases no portal de emprego de ABANCA.
Avaliar a idoneidade da túa candidatura naqueles procesos de selección de persoal ou en programas de captación de talento impulsados por ABANCA nos que solicites participar. A solicitude de participación nos referidos procesos de selección de persoal poderá levarse a cabo: (i) de forma directa, cubrindo o correspondente formulario no portal de emprego de ABANCA (empleo.abanca.com) ou en calquera outras plataformas online que ABANCA estableza en cada momento; ou (ii) de forma indirecta, cando solicitas a terceiros (tales como Universidades, Escolas de negocio, Colegios profesionais, etc.) que nos comuniquen os teus datos persoais para a súa inclusión nun proceso de selección concreto, previa obtención por parte dos devanditos terceiros do correspondente consentimento.
Analizar a idoneidade do perfil profesional do candidato para o posto vacante a través da información contida no seu CV, os tests psicotécnicos que, se é o caso, realizase durante o desenvolvemento do proceso de selección correspondente, así como a información adicional que, se é o caso, puidese proporcionar durante o mesmo.
Avaliar a solicitude do candidato para a realización de prácticas profesionais en ABANCA, previa inscrición no programa de “Prácticas Universitarias” de ABANCA a través da súa plataforma online ou de calquera medios que poidan establecer as Universidades, Escolas de negocios ou colexios profesionais cos que ABANCA asinase un convenio de colaboración.
Valorar a solicitude do candidato para a súa participación en programas formativos de ABANCA, previa inscrición na correspondente plataforma online ou de calquera medios que poidan establecer as Universidades, ou Escolas de negocios cos que ABANCA asinase un convenio de colaboración.
No caso de que nos proporciones datos de terceiros, estes serán tratados coa única finalidade de contrastar e verificar as referencias e antecedentes que, se é o caso, puideses proporcionarnos.
Para o cumprimento das finalidades indicadas con anterioridade podemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no apartado 2.2 (“Categorías de datos persoais”) da presente Política de Privacidade: Datos identificativos e de contacto; Datos referidos á túa voz e imaxe; Datos relativos a circunstancias persoais contidos no teu documento de identidade; Datos relativos a circunstancias familiares e sociais; Datos académicos; Datos de emprego; Datos adicionais proporcionados polo candidato; Categorías especiais de datos (de conformidade co indicado no subapartado 2.2).
3.2. Tratamentos realizados para o cumprimento de obrigas legais.
Facemos referencia neste subapartado a aqueles tratamentos cuxa base xurídica radica no cumprimento de obrigas legais ás que ABANCA se atopa suxeita por lei ou por aplicación do convenio colectivo correspondente.
A continuación detállanse as operacións de tratamento dos teus datos persoais que poderemos efectuar no contexto do tratamento referido e en función do marco legal aplicable a ABANCA en cada caso:
Cesión de información ás administracións públicas que determine a lexislación vixente en cada momento, tales como Autoridades Laborais, Servizo Público de Emprego Estatal, Fundación Estatal para a Formación no Emprego, Tesourería Xeral da Seguridade Social, Axencia Española da Administración Tributaria, así como órganos xudiciais e órganos sindicais.
Comunicación de información á Representación Legal dos Traballadores (RLT) en materia laboral, conforme estableza a lexislación laboral vixente en cada momento, en cumprimento do deber legal de información.
Para cumprir coas obrigas que impón a lei, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos”) da presente Política de Privacidade: Datos identificativos e de contacto; e Datos relativos a circunstancias persoais contidos no teu documento de identidade.
3.3. Tratamentos baseados no interese lexítimo de ABANCA
Facemos referencia neste apartado aos tratamentos dos teus datos persoais que teñen como base xurídica a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos por ABANCA sempre que sobre eses intereses lexítimos non prevalezan os teus propios intereses ou dereitos e liberdades fundamentais.
Por este motivo, de forma previa á realización do tratamento descrito neste subapartado 3.3., realizamos unha ponderación entre os teus dereitos e o interese lexítimo de ABANCA, concluíndo que prevalece este último. Podes consultar a análise de ponderación que realizamos poñéndote en contacto co noso DPO no seguinte enderezo de correo electrónico: privacidad@abanca.com.
3.3.1 Anonimización dos teus datos
Previamente á cancelación dos teus datos persoais, segundo os criterios detallados no apartado 6 (“Por canto tempo conservamos os teus datos persoais?”) da presente Política de Privacidade, en ABANCA realizaremos un tratamento consistente na anonimización dos teus datos.
A propia anonimización de datos supón en si mesma un tratamento de datos de carácter persoal e ten como finalidade que ABANCA poida levar a cabo estudos estatísticos e mellorar os seus procesos de selección de persoal.
A anonimización dos teus datos será completa, sendo imposible con carácter posterior ao devandito proceso a vinculación da información conservada á túa persoa.
3.4. Tratamentos baseados no teu consentimento como usuario do portal de emprego de ABANCA
Neste subapartado facemos referencia ás finalidades do tratamento dos teus datos persoais que realizaremos exclusivamente no caso de solicitar e obter o teu consentimento previo para tal efecto.
A base xurídica do tratamento dos teus datos radica, polo tanto, no consentimento que, se é o caso, nos outorgases para a realización de cada un deles.
Lembrámosche o carácter revogable do devandito consentimento, é dicir, poderás retiralo cando o desexes e, entón, ABANCA cesará na realización do tratamento correspondente. Non obstante, a retirada do consentimento non terá efectos retroactivos, polo que non afectará á licitude do tratamento previamente realizado. Para revogar ou retirar o consentimento que, se é o caso, nos outorgases, poderás dirixirte por escrito ao Departamento de Selección de ABANCA da forma que che indicamos no apartado 7 (“Cales son os teus dereitos?”) da presente Política de Privacidade.
3.4.1. Xestionar a túa solicitude de acceso, alta e rexistro no portal de emprego de ABANCA
Trataremos os teus datos persoais para atender a túa solicitude de alta e rexistro no portal de emprego de ABANCA, para realizar cantas xestións deriven da devandita solicitude, así como para facilitar o teu acceso ao portal de emprego de ABANCA.
Para os efectos indicados, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no apartado 2.2. (“Categorías de datos persoais”) da presente Política de Privacidade: Datos identificativos e de contacto; Datos relativos a circunstancias persoais contidos no teu documento de identidade; Datos relativos a circunstancias familiares e sociais; Datos académicos; Datos de emprego; Datos adicionais proporcionados polo candidato; Categorías especiais de datos (de conformidade co indicado no subapartado 2.2).
3.4.2. Ofrecerche información de ofertas de emprego
Para recibir información relativa a ofertas de emprego, deberás configurar o envío de notificacións a través do teu perfil de usuario no portal de emprego de ABANCA. Nestes casos, solicitaremos o teu consentimento para poder ofrecerche, por calquera medio, incluídos os electrónicos, información sobre novas ofertas de emprego, programas de talento impulsados por ABANCA ou próximas convocatorias de procedementos de selección de persoal levados a cabo por ABANCA ou polas demais empresas do Grupo Económico ABANCA que puidesen interesarche en función do teu perfil.
A información referida no parágrafo anterior realizarase mentres o teu usuario no portal se atope activo e non revogases o teu consentimento para o efecto.
Para os efectos indicados, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no apartado 2.2. (“Categorías de datos persoais”) da presente Política de Privacidade: Datos identificativos e de contacto.
4. Con quen compartimos os teus datos persoais?
Só compartiremos os teus datos persoais con terceiros cando nos outorgases o teu consentimento para iso ou exista outra base xurídica que ampare a devandita comunicación de datos. Deste xeito, os tratamentos de datos realizados por ABANCA que se describen na presente Política de Privacidade poden implicar que os teus datos sexan comunicados aos seguintes destinatarios:
Ás Empresas do Grupo Económico ABANCA e a empresas colaboradoras.
Aos seus provedores de servizos. A finalidade destas comunicacións será a xestión por estes terceiros, denominados encargados do tratamento, da prestación de determinados servizos en nome de ABANCA. Tratarán os teus datos persoais en nome e pola nosa conta, seguindo en todo momento as nosas instrucións. En ningún caso poderán tratar os teus datos persoais para finalidades propias. En ABANCA seguimos uns estritos criterios de selección de provedores de servizos e subscribimos con cada un deles o correspondente contrato de encargado do tratamento, no que se establecen as condicións de confidencialidade, seguridade e de tratamento de datos conforme á normativa vixente en cada momento.
Aos órganos competentes das Administracións Públicas que determine a lexislación vixente en cada momento, tales como Autoridades Laborais, Servizo Público de Emprego Estatal, Fundación Estatal para a Formación no emprego, Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Axencia Española da Administración Tributaria, así como órganos xudiciais e órganos sindicais, en todo caso para o exercicio das súas lexítimas competencias e para os efectos de dar cumprimento ás obrigas legais que correspondan e sempre co alcance que determine a lexislación aplicable en cada momento.
5. Está prevista algunha transferencia internacional dos teus datos persoais?
Informámoste de que non está prevista a realización de ningunha transferencia internacional de datos para acadar as finalidades indicadas no apartado 3 (“Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?”) da presente Política de Privacidade.
6. Por canto tempo conservamos os teus datos persoais?
Os datos persoais obtidos e/ou que se xeren con motivo da creación do teu perfil de usuario no portal de emprego de ABANCA serán conservados durante o período en que se manteña activo o devandito perfil. Neste sentido, informámoste de que poderás dar de baixa o teu perfil de usuario en calquera momento accedendo á sección correspondente dentro do propio portal de emprego de ABANCA.
Non obstante o establecido no parágrafo anterior, procederemos a dar de baixa automaticamente o teu perfil do portal de emprego de ABANCA transcorridos dous (2) anos sen que fagas uso ningún do mesmo. Para estes efectos, entenderase que non fas uso do teu perfil cando, durante o referido período de dous (2) anos, non actualices a túa información ou non presentes unha candidatura a algún proceso de selección.
No caso de que, durante o prazo en que permaneza activo o seu perfil, o candidato supere un proceso de selección no portal de emprego de ABANCA, pasará a formar parte do cadro de persoal, adquirindo a condición de “candidato interno”, de maneira que o teu perfil continuará permanecendo activo tamén durante todo o período en que manteñas relacións laborais con ABANCA.
No caso de que, posteriormente e por calquera circunstancia, se produza o cesamento das túas relacións laborais con ABANCA, deixarás de ter a condición de “candidato interno”, reactivándose o teu perfil inicial de candidato externo, comezando a computarse desde ese momento novamente o prazo de dous (2) anos sinalado.
Unha vez que se tramite a baixa do teu perfil no portal de emprego de ABANCA, xa sexa por petición expresa ou por transcurso do prazo referidos de dous (2) anos, os teus datos serán eliminados.
7. Cales son os teus dereitos?
A normativa de protección de datos confíreche unha serie de dereitos en relación co tratamento dos teus datos persoais:
Dereito de acceso. Podes coñecer que tipo de datos estamos tratando e as características do tratamento que estamos levando a cabo.
Dereito de rectificación. Podes solicitar a modificación dos teus datos cando estes sexan inexactos ou incompletos.
Dereito de portabilidade. Podes obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.
Dereito á limitación do tratamento. Podes solicitar a limitación do tratamento dos teus datos persoais cando se cumpra algunha das condicións recollidas na lei:
- Cando impugnes a exactitude dos teus datos persoais, durante o prazo no que ABANCA comproba a exactitude dos mesmos;
- Cando o tratamento é ilícito pero te opoñas á supresión dos teus datos;
- Cando ABANCA non necesite tratar os teus datos pero ti os necesites para o exercicio ou a defensa de reclamacións; e
- Cando te opoñas ao tratamento dos teus datos realizado para o cumprimento dunha misión en interese público ou para a satisfacción dun interese lexítimo mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os teus.
Dereito de supresión. Podes solicitar a supresión dos teus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.
Dereito de oposición. Podes solicitar o cesamento no envío de comunicacións comerciais nos termos antes sinalados.
Dereito a interpoñer unha reclamación fronte á autoridade de control (en España, a Axencia Española de Protección de Datos: www.aepd.es.
Podes exercitar os teus dereitos dirixíndote por escrito ao Departamento de Selección de ABANCA a través do enderezo postal: Rúa Nueva 30, 5ª planta, C.P 15003, A Coruña. Na devandita comunicación deberás indicar no Asunto “Protección de Datos - Portal emprego de ABANCA” e especificar o concreto dereito a exercitar.
Tramitaremos a túa solicitude coa maior brevidade posible e, en todo caso, no prazo legal dun (1) mes a partir da recepción do teu escrito. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous (2) meses no caso de ser necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes recibidas. Neste último caso, informaráseselle da prórroga dentro do transcurso do primeiro mes desde a recepción da solicitude, indicando os motivos da dilación.
8. Modificacións da presente Política de Privacidade
A presente Política de Privacidade será revisada e actualizada para cumprir cos cambios normativos que, se é o caso, se produzan en cada momento ou cando se realicen novos tratamentos dos teus datos por parte de ABANCA. Por este motivo, é importante que, de maneira periódica, revises o seu contido.
A última actualización deste documento realizouse en setembro de 2023.