Menu

Cando pensas no ambiente laboral dunha entidade financeira imaxinarás, probablemente, persoas vestidas cun traxe e caras serias. Con todo, hoxe un banco é sinónimo de dinamismo, de innovación e de tecnoloxía. De aprendizaxe desde o primeiro día, de compañeiros de traballo e de amigos fóra da oficina. Porque un banco tamén pode ser un lugar no que innovar, aprender, descubrir e medrar.

Se non nos cres, deixa que as nosas compañeiras e os nosos compañeiros cho conten.

Innovar

A innovación é unha das ferramentas principais do sector financeiro desde hai centos de anos. Sabías que cada vez contamos cun maior número de matemáticos, enxeñeiros ou programadores?

maria

Pensaba que un matemático non se tiña en conta para tomar decisións estratéxicas nun banco, pero foi todo o contrario. O meu traballo achega valor e véxoo reflectido nos resultados”.

María González Estévez
Matemática. Traballa creando modelos preditivos.

Aprender

Aplicar o que aprendiches na carreira… E seguir formándote. Os profesionais que traballamos en ABANCA contamos con ferramentas e recursos cos que poder innovar e avanzar na nosa carreira profesional.

estefania

O que atopas é un equipo boísimo e, sobre todo, que aprendes todos os días. A innovación está no día a día de ABANCA, é unha empresa na que non tes horizontes e na que sempre podes avanzar".

Estefanía Bravo Castro
Dereito e ADE. Axuda as persoas a conseguir as súas metas.

Descubrir

Os bancos temos un enorme impacto na vida das persoas e das empresas. Persoas que axudan a outras persoas a cumprir as súas metas, a realizar os seus proxectos.

carlos

Esperaba unha banca máis tradicional, un sector moito máis serio, pero decateime de que estamos nun ambiente súper dinámico. Aprendes desde o minuto un; a tratar coas persoas e a coñecer as súas necesidades. Iso xérache unha motivación que non che dan outros traballos”.

Carlos Mendonça Barreiro
Economista. Axuda a emprendedores e empresarios a medrar.

Medrar

Nós dámosche as ferramentas, ti fixas o horizonte. Calquera que sexa o teu perfil (matemático, enxeñeiro, empresarial…), fomentamos o traballo en equipo e a colaboración entre áreas, para que descubras todo do que es capaz.

cristina

En ABANCA atopei un ambiente moi dinámico e con xente próxima, que fan un contorno súper agradable. É un traballo intenso pero gratificante, no que podes avanzar persoal e profesionalmente”.

Cristina Chao Brage
Dereito e ADE. Axuda a crear novos produtos para protexer os nosos clientes.