Menu

Somos a entidade financeira de referencia no noroeste peninsular, área na que históricamente se concentra boa parte do sector industrial, produtivo e comercial do mar. A través de nosa unidade especializada ABANCA Mar, ofrecemos unha proposta de valor única no sector na que conxugamos un enorme coñecemento e experiencia no sector; unha atención dedicada a través de xestores especializados altamente formados e cunha ampla traxectoria de casos de éxito; e un catálogo de produtos deseñados para resolver as necesidades dos profesionais do sector naval.