Empréstito Emprendedores
Consigue o financiamento que necesitas para facer realidade o teu soño. Botámosche unha man para pór en marcha os teus proxectos de futuro con empréstitos destinados á creación de novos negocios en condicións moi vantaxosas.
- Chamámoste? #llamada-gratis
- Solicítao xa https://solicitudonline.abanca.com/empresas/gl/prestamo_emprendedores/J
Pon en marcha o teu novo negocio
Se es unha empresa ou un autónomo e tes o teu domicilio fiscal en Galicia, axudámosche a botar a andar os teus novos proxectos mediante empréstitos de garantía persoal destinados á creación de negocios en condicións moi vantaxosas, que puxemos en marcha coa colaboración das catro deputacións provinciais galegas.
Non importa cal sexa o teu sector ou o teu ámbito de actuación. En ABANCA tendémosche unha ponte cara ao teu futuro laboral, para que poidas desenvolver o modelo de negocio no que levas tanto tempo a pensar.
Grazas ao Empréstito Emprendedores do Plan Activamos podes solicitar o financiamento que che cómpre para facer realidade o teu proxecto, e poderás devolver os cartos comodamente.
E mentres o teu negocio vai medrando, beneficiaraste de numerosas vantaxes:
-
tipos de xuro reducidos durante toda a vida do empréstito,
-
sen comisións de amortización nin cancelación anticipada,
-
con amplos prazos de amortización (ata 10 anos) para conseguir cotas máis cómodas e asequibles,
-
poderás solicitar unha carencia de amortización para darche tiempo a que poidas xerar ingresos co teu novo negocio.
Cales son as condicións?
Podes solicitar até 200.000 € para pór en marcha a túa empresa e devolvelos nun prazo de até 10 anos, cun ano opcional de carencia ao inicio do empréstito. Iso quere dicir que, se durante un ano non podes pagar as cotas mensuais do empréstito, podes adialas até 12 meses. Durante este período só pagarás a parte correspondente aos xuros da túa cota principal. Este empréstito tamén admite destinar ata un 50% do importe concedido para o financiamento dos gastos de circulante necesarios para a posta en marcha do negocio.
Tipo de xuro. O Empréstito Emprendedores permíteche pagar tipos de xuros moi interesantes para que poñer en marcha o teu negocio sexa moito máis sinxelo. Tampouco pagarás ren por comisións de amortización ou de cancelación anticipada.
Como solicitalo. Para facer a túa solicitude só tes que presentarnos o teu plan ou proxecto de empresa para o noso estudo e, ao que che concedamos o empréstito, entregarnos as facturas dos investimentos feitos e de todos os pagamentos realizado no proxecto. Así de sinxelo! Este é o noso compromiso co Sentir Común.