Ir al contenido principal
Ir a menú accesibilidad
Abanca
Particulares Empresas Banca Persoal Atención ao cliente
GL
ES
EU
CA
Oficinas Faite cliente Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Para ti
  • Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Autónomos e profesionais
  • Comercios
  • Pemes
  • Empresas
  • ABANCA Agro
  • ABANCA Mar
  • Todos os productos
  • Atención ao cliente
  • Preguntas frecuentes
  • Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
  • Español
  • En euskera
  • En català
Autónomos e profesionais
Comercios
Pemes
Empresas
ABANCA Agro
ABANCA Mar

Desconto comercial

O desconto comercial é o mellor xeito de conseguir finanzamento a curto prazo e de traballar sen estar preocupado pola túa tesouraría. Con el poderás adiantar o cobro dos pagos pendentes dos teus clientes, sen agardar ao seu vencemento. Gañarás liquidez e poderás dedicarlle o tempo que aforras ao máis importante, facer negocios.

  • Solicita agora Serás redirixido a outro sitio web
  • Con respostas a todas as túas dúbidas
  • 981 910 534 tel:0034981910534
  • Chamámoste? #llamada-gratis
  • Solicita agora https://solicitudonline.abanca.com/empresas/gl/descuento-comercial/J Serás redirixido a outro sitio web
  • Para quen é?

    Podes aproveitar o desconto comercial se a túa empresa se dedica á compra e venda de produtos ou prestación de servizos.

  • Como funciona?

    Co desconto comercial podes anticipar o cobro das vendas que realizou a túa empresa, para obter ao momento a liquidez que che cómpre.

  • Canto tempo?

    Des que nos envíes unha remesa, só pasarán 24 horas até que recibas o importe das operacións incluídas.

  • En que condicións?

    Adaptamos os límites e as condicións do contrato de desconto ás necesidades que ten o teu negocio.

Dos cobros encargámonos nós

O desconto comercial é o mellor xeito de conseguir finanzamento a curto prazo para a túa empresa. Se necesitas anticipar os cobros pendentes das compras que realizou a túa empresa, ofrecémosche unha liña de traballo que lle permitirá ao teu negocio obter ao momento a liquidez que necesita para funcionar perfectamente. A través de banca electrónica podes obter toda a información da liña de desconto comercial, para supervisala cando queiras e para que poidas dedicarlle máis tempo a outros labores da túa empresa.

A cambio de xestionar as túas facturas e de aboarche o seu importe por adiantado, cobrámosche uns xuros polo diñeiro que che cedemos emprestado. Ti obtés liquidez e despreocúpaste da xestión dos cobros. As condicións económicas deste acordo, que se denomina contrato de desconto, son negociables: podemos adaptar os límites e as condicións económicas ás túas necesidades.

Como funciona?

As remesas que queiras descontar, ou sexa, cobrar por adiantado, debes presentalas fisicamente nas nosas oficinas ou enviárnolas a través dun ficheiro normalizado de adeudos financiados en formato SEPA desde a banca electrónica. Se non tes unha aplicación que xere este tipo de ficheiros, podes descargala desde a propia banca electrónica. Ao que a descargues, introduce na aplicación os datos da túa remesa. Despois, accede outra vez á banca electrónica, recupera o ficheiro que crearas coa aplicación e envíalo canda as sinaturas operativas que che entregamos.

Cóbralas en 24 horas. As operacións de remesas execútanse varias veces ao día, polo que ao día seguinte de que nolas envíes terás xa aboado o importe. Así de rápido e sinxelo, segundo as túas necesidades e todo por internet.

Para saber máis...

dúbidas

  • A miña empresa pode utilizar o desconto comercial?

    Se a túa empresa realiza venda de produtos e servizos podes anticipar o importe dos cobros diferidos dos teus clientes mediante o desconto de pagarés, letras, pagos domiciliados, facturas, certificacións ou  Adeudos SEPA,  CORE e B2B.  

    Este tipo de financiamento por desconto comercial non está destinado a empresas de subministracións recorrentes ou con cobros inmediatos ou en man. No seu lugar, poden utilizar o servizo de Adeudos SEPA ao cobro. Por exemplo, un ximnasio, un colexio ou unha xestoría utilizarían o servizo de cobros de recibos electrónicos á vista, do que tamén te podemos informar en ABANCA. 

  • Cal é a diferenza entre as liñas de desconto e a xestión de cobro?

    No desconto comercial, ABANCA anticípache o importe pendente do cobro dos teus clientes e, a cambio, cobra uns xuros e unha comisión. Se ao vencemento o debedor non paga, retrocederemos o anticipo e cobrarémosche os gastos que se producen pola devolución.

    Coa xestión de cobramento, ABANCA préstalle un servizo ao cliente para xestionar o cobramento no teu nome. Unha vez realizado este cobramento, aboarase o importe na conta e cobraráseche unha comisión por esta xestión. Se o teu cliente, ao vencemento, non atende o pagamento cobraremos unha comisión pola devolución.

  • Máis preguntas e respostas reais sobre as liñas de desconto

NO BLOG

  • Montar unha franquicia: vantaxes e inconvenientesSerás redirixido a outro sitio web

Introduce o teu número e chamarémoste de contado.
O noso horario de atención é de luns a venres, de 8 da mañá a 10 do serán.

En que podemos axudarche?

Sobre ABANCA

Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
Información corporativa Serás redirixido a outro sitio web
Presenza internacional
Banesco Internacional Serás redirixido a outro sitio web
Axentes Financeiros
Traballa en ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Contáctanos
Servizo de Atención ao Cliente
Seguridade

Aspectos legais

Política de privacidade
Somos accesibles
Política de cookies
Configuración de cookies
Aviso legal
Taboleiro de anuncios
Información MIFID
Outra información legal

Máis webs da rede ABANCA

Cuentas Claras: Blog de ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente empresas Serás redirixido a outro sitio web
Bróker online Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Servicios Financieros Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA USA Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Portugal Serás redirixido a outro sitio web
Escogecasa Serás redirixido a outro sitio web
Tusitiodecompras.es Serás redirixido a outro sitio web
Open Banking Serás redirixido a outro sitio web

Produtos

Contas e aforro
Tarxetas
Hipotecas
Créditos
Seguros
Plans de pensións
Particulares
Empresas e Autónomos
Banca Persoal
Banca Privada
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Logo da UNEP - Ligazón aos asinantes dos Principios de Banca Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Logo de PRI - Ligazón ao directorio de asinantes dos Principios para o Investimento Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
©2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Texto

Filtros de cor

Seleccionar cores