En que condicións?
Canto tarda?
Só online!
En que prazo?
Se necesitas unha resposta rápida a unha necesidade de financiamento, respondémosche en 24 horas. É o noso compromiso, certificado e por escrito. Solicita desde 6000 € até 60.000€ a través dun préstamo persoal bonificable, cunha comisión de apertura do 1,50%, cun mínimo de 90€, e sen ningún outro coste de formalización da operación.
O tipo de xuro deste Préstamo Reforma 24h, sen ningunha bonificación, é TXN 8,95%, TAE desde 10,32% (TAE máxima 17,38%) Mostrámosche como sería a túa cota e os xuros no exemplo que atoparás máis abaixo.
Pero podes rebaixar até un 3% esta tarifa ata un TXN 5,95%, TAE desde 10,59% (TAE máxima 24,02%) se contratas algúns produtos ou servizos de ABANCA que bonifican o tipo de xuro. Non é obligatorio que os contrates, pero poden facer que pagues menos polo teu préstamo:
Mellora as condicións do teu préstamo
Se domicilias a nómina
Se contratas un seguro de vida
Seguro de protección de pagamentos
Tarxeta de crédito VISA Tú
Devólveo ao teu ritmo
Que che fai falla? Pasos e condicións
Cubre o noso formulario online
Porémonos en contacto contigo
Asina o empréstito
Ademais, recorda que polas características deste produto, só poderás contratalo e ter a bonificación no tipo de xuro ata que ti ou calquera titular interveniente cumprades 59 anos. Neste caso, consulta outras opcións na túa oficina
E lembra tamén que estas condicións son válidas só se tramitas o teu empréstito a través desta web.
Bota contas. Calcula o teu préstamo online
Respondémosche en 24 horas.
Nin un minuto máis
O noso compromiso co voso tempo
Hai ocasións nas que non podes agardar. Por iso creamos este Préstamo persoal 24h como un préstamo online de tramitación rápida
- Só van pasar 24h: nin un minuto máis, dende entregas a documentación, asinas a solicitude e che confirmamos que é viable.
- Cumpriremos o plazo. se non fose así, compensariamoste. E se non cumpres os requerimentos para o crédito, tamén te avisamos nun máximo de 24 horas!
Exemplo de préstamo reforma 24h con e sen bonificación
| Importe | Prazo | TXN | TAE | Cota mensual | Última cota | Importe total debido | Custo total do financiamento |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Préstamo personal sen bonificación | |||||||
| 6000 € | 1 ano (12 cotas) | 8,95% | 17,38% | 524,57€ | 524,55€ | 6.528,82€ | 528,82€ (1) |
| 12.000 € | 4 anos (48 cotas) | 8,95% | 13,00% | 298,34€ | 298,06€ | 15.205,04€ | 3.205,04€ (2) |
| 60.000 € | 8 anos (96 cotas) | 8,95% | 10,32% | 877,46€ | 876,95€ | 86.588,65€ | 26.588,65€ (3) |
| Préstamo personal con bonificación máxima | |||||||
| 6000 € | 1 ano (12 cotas) | 5,95% | 24,02% | 516,26€ | 516,27€ | 6.686,41€ | 686,41€ (4) |
| 12.000 € | 4 anos (48 cotas) | 5,95% | 17,32% | 281,55€ | 281,27€ | 15.787,18€ | 3.787,18€ (5) |
| 60.000 € | 8 anos (96 cotas) | 5,95% | 10,59% | 787,03€ | 786,55€ | 84.348,49€ | 24.348,49€ (6) |
| A TAE deste préstamo está calculada baixo o suposto de formalización da operación o primeiro primer día de mes, e poderá variar desde o 10,32% ata o 24,02% en función do importe, o prazo, o tipo de xuro e a data de formalización. O sistema de amortización é o EPC (francés ou cota constante). Que gastos e comisións inclúe este préstamo? (1) Nestes 528,82€ inclúense todos os gastos incorridos: 294,82€ en concepto de xuros; 90€ de comisión de apertura, e 36€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada. (2) Nestes 3.205,04€ inclúense todos os gastos incorridos:2.320,04€ en concepto de xuros; 180€ de comisión de apertura; 36€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú. (3) Nestes 26.588,65€ inclúense todos os gastos incorridos:24.235,65€ en concepto de xuros; 900€ de comisión de apertura; 36€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú. (4) Nestes 686,41€ inclúense todos os gastos incorridos: 195,13€ en concepto de xuros; 90€ de comisión de apertura; 36€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; 54,79€ de prima do seguro de vida, e 202,49€ de prima do seguro de protección de pagos. (5) Nestes 3.787,18€ inclúense todos os gastos incorridos: 1.514,12€ en concepto de xuros; 180€ de comisión de apertura; 36€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú, 630€ de prima do seguro de vida, e 758,06€ de prima do seguro de protección de pagos. (6) Nestes 24.348,49€ inclúense todos os gastos incorridos: 15.554,40€ en concepto de xuros; 900€ de comisión de apertura; 36€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú; 1853,08€ de prima do seguro de vida, e 4588,01€ de prima do seguro de protección de pagos. | |||||||
Buscas un préstamo para o teu coche?
Co Préstamo Auto 24h poderás financiar comodamente a compra dun novo coche. Descubre as vantaxes!
Necesitas menos de 6000€?
Tanto se xa aforraches para o teu proxecto coma se necesitas menos de 6000€, bota unha ollada á tarxeta revolving VISA Clip.
Información sobre o seguro de vida e o seguro de protección de pagos:
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en Avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista de CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Podes consultar as aseguradoras coas que traballamos. Ademais, atoparás máis información sobre condicións e tarifas nas oficinas de ABANCA.
¿Tes preguntas? Nós respostas
Dependerá do importe que necesites:
- Se necesitas desde 500 € até 6.000 €, darémosche o importe nunha tarxeta de crédito.
- Se necesitas máis de 6.000 €, darémosche o importe nun empréstito persoal.
Para que estudemos o teu empréstito tes que traernos uns documentos básicos: esforzámonos para que sexan os menos posibles.
Se optas pola modalidade de empréstito persoal do Préstamo 24h ou polo Préstamo Auto 24h, e xa es cliente noso e tes a túa nómina domiciliada en ABANCA, só nos tes que traer:
- a túa última nómina
- o teu último resumo anual de IVE, se es autónomo e non tes nómina
- a túa última declaración da renda (IRPF)
- os últimos tres recibos dos empréstitos que teñas concedidos noutras entidades.
Se aínda non es cliente de ABANCA, ou se o es, pero non tes unha nómina domiciliada, imos necesitar tamén a túa nómina e as túas declaracións tributarias, os recibos dos empréstitos noutras entidades e ademais:
- o teu documento de identidade, sexa DNI, NIE ou pasaporte
- un extracto bancario do último trimestre de todas as contas que teñas abertas noutras entidades.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG