Medidas para aliviar a carga hipotecaria (Código de Boas Prácticas)
A subida dos tipos de xuro, unida ao incremento recente doutros custos de bens e servizos básicos, tivo un impacto significativo na situación financeira das familias con hipotecas a tipo variable. Esta situación derivou na necesidade inminente de adoptar, e de forma urxente, un conxunto de medidas para reforzar a protección dos debedores hipotecarios en risco de vulnerabilidade que permitan aliviar a súa carga financeira.
Por este motivo, publicouse no BOE do 23 de novembro, o Real decreto lei 19/2022, do 22 de novembroSerás redirixido a outro sitio web polo que se establece un Código de Boas Prácticas para aliviar a subida dos tipos de xuro en préstamos hipotecarios sobre vivenda habitual (NCBP 2022), modifícase o Real decreto lei 6/2012, do 9 de marzo, de medidas urxentes de protección de debedores hipotecarios sen recursos (CBP 2012), e adóptanse outras medidas estruturais para a mellora do mercado de préstamos hipotecarios.
O NCBP 2022, de natureza transitoria (ata o 31 de decembro de 2025), nace coa finalidade de aliviar a carga financeira dos debedores hipotecarios en risco de vulnerabilidade pola subida dos tipos de xuro. A el poderán acollerse aqueles prestatarios que cumpran cos requisitos de elixibilidade (nivel de renda, aumento do esforzo hipotecario, cota hipotecaria…) establecidos no Acordo do Consello de Ministros do 23 de novembro de 2022Serás redirixido a outro sitio web publicado no BOE do 24 do mesmo mes (modificado pola Resolución do 27 de decembro de 2023 da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 27 de decembro de 2023 para a modificación do Código de Boas Prácticas de medidas urxentes para debedores hipotecarios en risco de vulnerabilidade).
O Real decreto lei mencionado amplía, así mesmo, o xa vixente CBP 2012 para a reestruturación da débeda hipotecaria de debedores sen recursos, co obxecto de que cubra aqueles debedores vulnerables afectados por subidas dos tipos de xuro que alcancen niveis de esforzo hipotecario excesivos ante calquera incremento do esforzo hipotecario.
A estas medidas deseñadas, configuradas como Boas Prácticas, está adherida ABANCA na actualidade.
Preme nas seguintes ligazóns para obter máis información e solicitar, se é o caso, se cumpres os requisitos de elixibilidade, as medidas ás que poderás optar nos distintos Códigos de Boas Prácticas.
- NCBP 2022: alivio da carga hipotecaria con motivo da subida dos tipos de xuro
- CBP 2012: reestruturación da débeda hipotecaria de debedores sen recursos
Ademais, poñemos á túa disposición tanto a “Guía de ferramentas para o debedor hipotecario con dificultades de pagamento” como o “Simulador para comprobar a elixibilidade das medidas” que elaborou o Banco de España (BdE).
- Guía de ferramentas para o debedor hipotecario con dificultades de pagamentoVer ficheiro PDF
- Simulador Código de Boas PrácticasSerás redirixido a outro sitio web
(*) No caso de persoas físicas residentes nalgunha das localidades incluídas no anexo do Real decreto lei 6/2024, do 5 de novembro, polo que se adoptan medidas urxentes de resposta ante os danos causados pola Depresión Illada en Niveis Altos (DANA) en diferentes municipios entre o 28 de outubro e o 4 de novembro de 2024, dito prazo estenderase ata o 30 de xuño de 2026.
Tes preguntas? Nós respostas
Dúbidas
Se tes bloqueado o teu usuario de banca electrónica de empresas, podes solicitar o desbloqueo no 981 910 537 (ou no +34 981 910 537 se nos chamas dende o estranxeiro) ou nunha das nosas oficinas.
Se es usuario de banca electrónica de particulares e te equivocaches tres veces coa clave e se che bloqueou o acceso, podes desbloqueala dende a túa banca móbil se dispós dunha tarxeta financeira, chamarnos ao 900 815 669 (+34 981 980 505 se nos chamas dende o estranxeiro) ou acudir a calquera das nosas oficinas.
Podes conectarte á banca a distancia de ABANCA en calquera lugar, tanto en España como no estranxeiro. Para iso, tes tres opcións:
- Coa app de banca móbil de ABANCA para Android Serás redirixido a outro sitio webe iOSAbrirase nunha nova ventá..
- Accedendo ao ‘Área cliente’ na parte superior da web desta web.
- Ou por banca telefónica, coas túas claves e chamando ao 981 179 600 (ou ao +34 981 179 600 se nos chamas desde o estranxeiro)
Os datos que che solicitaremos son o teu NIF e PIN. Se non dispós de claves de banca a distancia, podes solicitalas aquí.Serás redirixido a outro sitio web
Se es usuario de banca electrónica de empresas, normalmente o código de usuario de acceso correspóndese co teu NIF, accede desde aquí.Serás redirixido a outro sitio web
O PIN é un número de identificación persoal e secreto. Consta de seis díxitos e utilízase para acceder aos servizos dixitais da entidade. A súa función principal é autenticar a identidade do usuario para acceder aos servizos da app de banca móbil, a banca electrónica e a banca telefónica.
Utiliza o teu PIN unicamente cando accedas de forma proactiva á túa banca dixital. Ignora calquera petición urxente ou sospeitosa que che pida este código. En ABANCA nunca che pediremos as túas claves fóra das nosas aplicacións seguras.
Si, as túas claves son únicas. Cun só usuario e PIN podes acceder a todos os nosos canais dixitais. Ao dar de alta o teu servizo de banca a distancia tes acceso a:
- App de banca móbil. Descárgaa no teu smartphone iOS Serás redirixido a outro sitio webou AndroidSerás redirixido a outro sitio web
- Banca electrónica. Accede de forma segura desde a área de clientes de abanca.com.
- Banca Telefónica. Chámanos ao 900 815 522 (ou ao +34 981 910 522 desde o estranxeiro)
Como te identificas? Só precisas o teu usuario (normalmente o teu DNI ou NIE) e o teu PIN secreto de 6 díxitos. Os nosos sistemas validan esta clave de forma automática e cifrada para que ninguén máis poida vela.
Se precisas contactar con ABANCA, chama aos números oficiais que se indican na información contractual ou na web. O teléfono xeral de ABANCA é o 900 815 522 (+34 981 910 522 se chamas desde o estranxeiro). Se che pedimos que nos indiques o motivo da chamada, farémolo a través dun sistema automático de voz que solicita que teclees no teclado do teu móbil o PIN de 6 cifras. O sistema automático realiza a lectura de forma segura sen acceso real aos números.
Un consello de seguridade importante: se somos nós quen te chamamos, nunca che pediremos o PIN completo. Se ti nos chamas a nós, introduciralo unicamente a través do teclado do teu teléfono cando o sistema automático cho solicite.
Mostrámosche como facer un Bizum de forma clara e sinxela desde a app de ABANCA.
- Selecciona a conta desde onde queres enviar o diñeiro.
- Preme Enviar diñeiro > Bizum
- Busca ou introduce o móbil do destinatario, o concepto e mais o importe do Bizum.
- Preme en enviar diñeiro, e listo!
Ao momento o beneficiario recibirá o importe na súa conta ou lle indicaremos como pode cobralo se non está dado de alta en Bizum.
Se es ti o que recibes o pago chegarache unha notificación ao móbil. Desde ese momento xa terás o diñeiro dispoñible na túa conta.