Vantaxes deste seguro de viaxe
Seguro de asistencia en viaxes
O Seguro de Viaxe de ABANCA permíteche contratar un extra de protección só durante o tempo que esteas viaxando, e só polas coberturas que ti consideres, en función do país de destino e do tipo de actividades que vaias realizar.
As enormes diferenzas entre os sistemas sanitarios e o trato aos estranxeiros de visita turística fan que sexa moi recomendable, sobre todo en determinados destinos (Estados Unidos, Exipto, Bangladesh…), saber que as túas vacacións non acabarán comprometendo nin a túa saúde física ¡nin a túa saúde financeira! Gastos médicos, traslados sanitarios, ata danos ou perda da túa equipaxe… Suma unha pequena partida ao orzamento total da túa viaxe e poderás viaxar sabendo que á volta, todo seguirá igual.
Interesante, verdade? Se xa es cliente de ABANCA, ten en conta que a cobertura máis básica de viaxe (ata 60 días) está incluída nos nosos seguros de fogar, coche ou saúde de ABANCA, e que existen outras coberturas que te protexen se utilizaches a tarxeta de crédito para pagar a viaxe.
En calquera caso, sexas ou aínda non sexas cliente de ABANCA, se vas viaxar, e sobre todo se o vas facer ao estranxeiro, o seguro de asistencia en viaxes é para ti. Por que non te achegas a unha das nosas oficinas e revisamos o teu caso polo miúdo? Pide cita, estarémoste esperando!
Coberturas da asistencia en viaxe
A continuación, contámosche as coberturas deste seguro para unha viaxe de ata tres meses:
- Reembolso dos gastos médicos no estranxeiro, ata 25.000€ no estranxeiro, e ata 1800€ en España.
- Regreso anticipado por causas familiares graves, falecemento ou hospitalización.
- Reembolso dos gastos de anulación da viaxe.
- Busca e localización da equipaxe no caso de extravíos.
- Compensación por atrasos na viaxe ou na entrega das maletas.
- Repatriación ou transporte de feridos ou enfermos.
- Seguro de responsabilidade civil.
- E moito máis…
Se a túa viaxe é dunha duración maior (ata doce meses), podes acudir á túa oficina ABANCA máis próxima para informarte sobre as nosas coberturas.
Que me pode pasar se viaxo sen seguro?
Agardamos e desexamos que non teñas que pasar por unha situación así, e seguro que non che pasará nada. Pero para que o saibas, imos darche uns exemplos aproximados pero reais do que terías que afrontar se tes algún problema de saúde no estranxeiro.
Como verás, contratar un seguro de viaxe ten un custo moi baixo se o comparamos co risco que supón un contratempo deste estilo para os teus aforros, verdade?
Exemplos de prima por persoa
| Duración da viaxe | España | UE | Resto do mundo |
|---|---|---|---|
| 1 a 5 días | 10,29€ | 13,53€ | 23,59€ |
| 6 a 8 días | 15,14€ | 19,86€ | 34,47€ |
| 9 a 13 días | 22,09€ | 29,30€ | 50,64€ |
| 61 a 90 días | 118,90€ | 169,26€ | 321,72€ |
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en Avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista de CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Consulta aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia.
Aseguradora: ARAG SE, SUCURSAL EN ESPAÑA, con número de inscripción en el Registro administrativo de entidades aseguradoras y reaseguradoras de la DGSFP E0210.
