-
Para que vale o Hal Cash? O Hal Cash é o sistema máis rápido e cómodo de enviarlles diñeiro a outras persoas: a parte que tes que pór para a cea dos amigos, os cartos que che emprestou a túa nai… E só debes saber o seu número de móbil para enviarllo.
Podes facer un pagamento en Hal Cash desde banca electrónica, a app de ABANCA do teu móbil, banca telefónica, nun caixeiro automático de ABANCA ou doutras entidades adheridasSerás redirixido a outro sitio web ao programa Hal Cash, e, por suposto, nas nosas oficinas. Só necesitas acceder á túa conta, indicar canto diñeiro queres enviar, e teclear o número de móbil da persoa destinataria.
A persoa á que lle mandes o diñeiro só ten que acudir a un caixeiro dunha entidade adheridaSerás redirixido a outro sitio web ao programa Hal Cash e introducir as dúas chaves que ti lle enviarás para retirar a cantidade. Sen necesidade de tarxeta, nin de ser cliente de ABANCA ou outra entidade da mesma rede.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#243 -
É Hal Cash un sistema seguro? Moito. Ti enviaraslle ao teu amigo ou amiga unha chave para retirar o diñeiro e nós enviarémoslle outra por unha mensaxe ao móbil que ti nos indicaches Con dous contrasinais asegurámonos de que as chaves non son interceptadas por outras persoas. Ou de que non te trabucaches ao darnos o móbil.
Se queres extremar a seguridade, podes enviarlle a túa chave por outros medios que non sexan mensaxes ao móbil.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#244 -
E podo enviarme diñeiro a min mesmo co sistema Hal Cash? Xaora que si! Do mesmo xeito que lle envías cartos a outras persoas, podes mandarchos a ti mesmo/a. E iso que sentido ten? Pois moi doado, porque como con Hal Cash non necesitas tarxeta, podes enviarche diñeiro a ti mesmo directamente desde a túa conta coa app do teu móbil ou coa banca electrónica. Terás dous contrasinais tamén, que serán os que deberás usar no caixeiro para retirar o diñeiro. É moi sinxelo, e xa verás como cando o fagas algunha vez repites.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#245 -
Que pasa se envío diñeiro a un caixeiro con ABANCA Cash e ao final non se usa? Non te preocupes, se finalmente non se retira o diñeiro no caixeiro, devolveráseche á conta de orixe cando se cumpra a data de caducidade seleccionada cando deches de alta a operación. Se non seleccionaches outra data, o prazo máximo é de 10 días
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#624 -
Como podo eliminar ou recuperar unha operación gardada en favoritos da miña banca móbil? Podes consultar e modificar as túas operacións favoritas podes facelo seleccionando a opción “operar” de calquera das túas contas.
Posteriormente debes pulsar en ‘ver todos’ para poder utilizar calquera operación. Para eliminala é necesario pulsar en ‘editar’
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#389 -
Podo utilizar unha tarxeta de crédito para pasar diñeiro á miña conta? Se nalgún momento necesitas aumentar o saldo dunha das túas contas, podes facer un envío de diñeiro dende a túa tarxeta de crédito de forma moi sinxela. Ten en conta que pagarás unha comisión, a mesma que se sacas diñeiro dun caixeiro ca túa tarxeta de crédito. É moi fácil:
- Na túa banca electrónica, selecciona a opción ‘Tarxetas’ > ‘Traspaso a conta’. Elixe a tarxeta na que queres realizar o cargo, a conta á que desexas enviar o diñeiro o importe, e listo!
- Na túa banca móbil, selecciona a pestana ‘Tarxetas’ e preme en 'Operar’ da tarxeta desde a que desexas enviar diñeiro. Posteriormente, seleccionas ‘Enviar diñeiro’ e a conta á que desexas enviar, o importe e o concepto.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#355 -
Por que a miña conta ten parte do saldo bloqueado ou retido? Na posición de cada conta móstrase o saldo dispoñible e o saldo bloqueado. O saldo bloqueado corresponde con operacións realizadas e pendentes de cargar en conta como (compras con tarxetas de débito pendentes de liquidar, bloqueo por embargo, ingreso de cheques, …).
Para ver o detalle dos movementos retidos débese pulsar sobre o despregable
Se queres saber máis, ampliamos esta información no noso blogSerás redirixido a outro sitio web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#536 -
Como podo anular un envío de diñeiro a outro banco? Para anular un envío de diñeiro realizado por banca electrónica ou banca móbil, chámanos ao 900 815 522 ou ao +34 981 910 522 se chamas desde o estranxeiro en horario de 08:00 a 22:00 h de luns a venres.
Se realizaches o envío de diñeiro a a través da banca electrónica empresas, podes solicitar a anulación a través do formulario web da propia páxina, na opción ‘Contas’ > ‘Transferencias’ > ‘Anulación de transferencias’.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#173 -
Pódese realizar unha compra venda de divisas? Se tes unha conta en divisas (libras, dólares, etc,…) poderás realizar un traspaso desde esa conta a outra en euros e viceversa. Tamén podes facer envíos de divisas a contas doutros bancos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#349 -
Podo gardar unha xestión que fago habitualmente como unha operación favorita? As operacións favoritas están pensadas para gardar aquelas operacións que se realizan habitualmente, de forma que non haxa que teclear todos os datos cada vez que se realiza esa operación. Para gardar unha operación como ‘Operación favorita’, unha vez realizada a operación abonda con que pulses o botón 'Engadir favorito' que aparece na última pantalla, cando se mostra o xustificante da operación. Unha vez gardada a operación favorita poderás utilizala sempre que queiras a través da opción “Operar" de cada unha das contas. Podes eliminar calquera favorito pulsando en ‘Ver todos’ e deslizando o favorito que queiras a eliminar. Iso si: para modificar algún dato é necesario volver realizar a operación e engadila a favoritos novamente.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#357 -
Canto tarda en chegar un envío de diñeiro que fixen a través da miña banca electrónica? Se fixeches un envío de diñeiro ordinario a outro cliente de ABANCA, chegaralle sempre o mesmo día. Se o destinatario é unha conta doutra entidade, se fixeches a operación antes das 12.00 h chegaralle ese mesmo día. Se é máis tarde, ao día seguinte hábil.
Aparte, agora con ABANCA podes realizar e recibir envíos de diñeiro inmediatos na SEPA. Se escolles esta modalidade, o diñeiro que envíes chegará ao seu receptor en menos de 20 segundos se a entidade de destino está certificada.
Contámoscho no noso blog Cuentas ClarasSerás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#143 -
Por que é necesario incluír a dirección do beneficiario no envío de diñeiro a determinados países? Seguindo as indicacións do Regulamento UE 2015/847, nos envíos de fondos emitidos a algúns países non pertencentes á Unión Europa, como Reino Unido, Australia ou Canadá, é necesario indicar o domicilio do beneficiario.
Cada país define a información necesaria para os envíos de fondos, esta é a razón de que che solicitemos este datos para executar a transferencia.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#566 -
Como envío diñeiro por Bizum? Para facer un pago Bizum, só tes que abrir a nova banca móbil de ABANCA, entrar en ‘Enviar diñeiro’ > ‘A un móbil’, e seleccionar o destinatario, a cantidade e o importe do Bizum.
Ao momento o beneficiario recibirá o importe na súa conta ou lle indicaremos como pode cobralo se non está dado de alta en Bizum.
Se es ti o que recibes o pago chegarache unha notificación ao móbil. Desde ese momento xa terás o diñeiro dispoñible na túa conta.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#240 -
Como podo gardar unha operación en 'Os meus favoritos' na app de banca móbil? Na nova versión da app de banca móbil podes gardar as operacións que realizas de forma máis habitual no apartado 'Os meus favoritos'. Desa forma aforrarás tempo nas túas xestións máis habituais xa que poderás evitar introducir os mesmos datos cada vez que repitas a acción.
Podes facelo despois de realizar unha operación: abonda con que selecciones a opción 'Engadir favorito' que che mostraremos ao finalizar, na última pantalla, xunto ao resumo da operación realizada. Unha vez gardada, poderás consultala sempre que queiras na parte superior da pantalla, no menú de opcións de cada conta.
Se queres modificar algún dato dunha operación gardada en 'Os meus favoritos' será necesario volver realizar a operación e engadila a favoritos novamente.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#544 -
Onde podo consultar ou modificar os meus pagamentos programados (transferencias periódicas)? Podes xestionar os pagamentos programados desde a app de ABANCA ou desde
o ordenador.
Na banca móbil, podes acceder aos teus pagamentos periódicos desde o menú
de Contas > Operar > Pagamentos programados e modificar ou cancelar os que
elixas.
Desde a banca electrónica, pódelo facer desde o menú de Transferencias >
Transferencias periódicas.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#662 -
Que é un pagamento programado ou unha transferencia periódica? Un pagamento programado é un envío de diñeiro que podes programar cunha periodicidade determinada para que se realice de forma automática sen que teñas que facer nada.
Podes programar un envío de diñeiro como periódico no momento de realizar
calquera envío ou activalo desde Contas > Operar > Pagamentos programados cando elixas.
Para programar un envío de diñeiro debes:- Incorporar a conta de destino, o concepto e o importe
- Seleccionar a periodicidade: mensual, diaria, semanal, quincenal, bimensual, trimestral, semestral ou anual
- Marcar a data de inicio e fin
- Finalizar a operación
Podes consultar, modificar ou anular os envíos periódicos en Contas > Operar > Pagamentos programados.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#663 -
Existe algún límite nas operacións con Bizum? Na operativa con Bizum os límites son os seguintes:
Para os envíos de diñeiro de móbil a móbil:
- Importe máximo por operación intercambiada: 500 €.
- Importe mínimo por operación intercambiada: 0,50 €.
- Importe máximo recibido por cada usuario ao día: 2000 €.
- Importe máximo enviado por cada usuario ao día: 500 €.
- Número máximo de operacións recibidas por cada usuario ao mes: 60 operacións.
- Número máximo de solicitudes de pagamento realizadas por cada usuario ao mes: 60 operacións.
- Importe máximo para envíos por cada usuario ao mes: 1000 €.
Para as compras en liña:
- Importe máximo por operación: 1500 €.
- Importe máximo diario: 2500 €.
- Importe máximo mensual: 9000 €.
Para as doazóns:
- Importe máximo por operación: 500 €.
- Importe mínimo por operación: 0,50 €.
- Importe máximo enviado por cada usuario ao día: 1000 €.
- Importe máximo para envíos por cada usuario ao mes: 1000 €.
Para os pagamentos en administracións de lotarías e apostas do estado:
- Importe máximo por operación: 500 €.
- Importe máximo por cada usuario ao día: 1000 €.
- Importe máximo por cada usuario ao mes: 1000 €.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/envio-de-dineiro#660