Como se activa Bizum Pay?
Como se activa Bizum Pay? Para meirande seguridade, o proceso de activación poderá realizarse de forma guiada desde a aplicación móbil de ABANCA. Para iso, accede á sección de personalización, selecciona Bizum e inicia a configuración de Bizum Pay. Para completar o proceso, deberás descargar a aplicación de Bizum Pay desde a túa tenda de aplicacións (Google Play ou App Store). Lembra que é necesario rexistrarte previamente en Bizum para iniciar a activación.
Tamén é posible descargar directamente a aplicación de Bizum Pay desde a tenda de aplicacións do teu móbil, introducir o teu número de teléfono asociado a Bizum e a propia aplicación redirixirache á app de ABANCA para completar o proceso.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-se-activa-bizum-pay/