Perdín a tarxeta
-
Que fago se me chega unha mensaxe para confirmar unha operación que eu non fixen?
Se che chega unha mensaxe ao móbil avisándoche de que instalaches a túa banca móbil ou indicando que asines unha operación de banca electrónica pero non es ti o que está a facer a xestión, chámanos o máis rápido que poidas ao 900 815 522 (ou ao +34 981 910 522 se nos chamas desde o estranxeiro) para que realicemos todas as xestións necesarias para bloqueala. Este servizo está dispoñible as 24 horas do día.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/perdin-a-tarxeta#538 -
Creo que me roubaron a tarxeta ou pode ser que a perdera, que fago?
Se non estás seguro de que pasou coa túa tarxeta, podes apagala na túa banca electrónica ou a túa app móbil para impedir que se realicen operacións con ela. Se finalmente atopas a túa tarxeta, poderás volver acendela e volver usala.
Cando esteas seguro de que perdiches ou che roubaron a tarxeta, podes bloqueala e solicitar un duplicado. É moi sinxelo:
- Desde a túa banca móbil, accede á tarxeta que necesitas bloquear pulsando en 'Más' > 'Personalizar tarxeta'. No apartado Para a túa seguridade, selecciona 'Perdiches a tarxeta?' e aquí poderás elixir o motivo e se queres un duplicado.
- Desde a banca electrónica, terás que ir á opción 'Tarxetas' > 'Aviso perda ou roubo".
Lembra que cando pidas unha nova tarxeta a antiga deixará de funcionar inmediatamente.se posteriormente a atopas non a poderás utilizar. Recibirás a tarxeta nova na túa casa ou, se prefires, na oficina que nos indiques.
No caso que non a poidas bloquear ti mesmo, chámanos o máis rápido que poidas ao 900 815 524 (ou ao +34 981 910 524 se nos chamas desde o estranxeiro).
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/perdin-a-tarxeta#96 -
Canto tempo tardades en enviarme unha tarxeta nova?
Recibirás a túa nova tarxeta nun prazo estimado máximo de entre cinco e sete días laborables tanto se elixes recollela na túa oficina coma se elixes recibila por correo postal no teu domicilio.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/perdin-a-tarxeta#97 -
Perdín ou roubáronme o DNI, que teño que facer?
O primeiro que debes facer é denunciar o roubo na Policía Nacional ou na Garda Civil e tamén avisarnos. É importante, xa que a persoa que teña o teu DNI podería suplantarche a identidade e tratar de facer operacións no teu nome. Para avisarnos tes as seguintes opcións:
- Por teléfono.
- Por correo electrónico. Escríbenos a tuseguridad@abanca.comAbrirase nunha nova ventá., co asunto ‘DNI PERDIDO’ e mais o teu nome e o número do DNI.
- En calquera das nosas oficinas. Podes solicitar unha Cita Previa se che resulta máis cómodo.
Mentres non teñas o novo DNI, por motivos de seguridade poderías ver restrinxidas certas operacións en liña e por teléfono. Tamén podes pedir unha Cita Previa na oficina se necesitas axuda.
Ademais, cando teñas o novo DNI, necesitaremos que nos avises. Poderás atopar máis información sobre este tema na web do Banco de EspañaSerás redirixido a outro sitio web.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/perdin-a-tarxeta#571