Menu
  • ico-nbm-facil

    Fácil, segura, e gratis!

    Unha banca online pensada para o teu día a día: as túas contas, gastos, ingresos, investimentos…

  • ico-nbm-bizum

    Bizum integrado

    Envía diñeiro desde o móbil ao de quen queiras, calquera que sexa o seu banco. Ao instante!

  • ico-nbm-favoritos

    Os teus favoritos

    Terás as operacións e mais os destinatarios frecuentes nun mesmo lugar.

  • ico-nbm-personaliza

    Personaliza a túa app

    Edita o nome das túas contas e asígnalles unha cor para identificalas ao momento.

  • ico-nbm-gestiona-compras

    Xestiona as compras

    Controla os teus gastos e apraza as compras que elixas en poucos clics.

  • ico-nbm-firma

    Asina a distancia

    Asina contratos desde onde queiras, con garantía xurídica e total seguridade.


Controla as túas finanzas de forma segura

nueva-banca-movil-gastos

Alertas instantáneas

Avisarémoste, por exemplo, cando che ingresen a nómina ou cando fagas certas compras.

Acceso biométrico

Configura o acceso ás túas contas a través da túa pegada ou con recoñecemento facial.

Informe de gastos

Comproba en que gastas o diñeiro cos informes personalizados das túas compras con tarxeta.

Apaga e acende as túas tarxetas

Se perdes a tarxeta ou a queres bloquear durante un tempo, podes apagala desde o móbil.

Bloquea a túa tarxeta e pide un duplicado

Tamén podes bloquear a tarxeta de forma permanente e pedir un duplicado desde a app.

Activa a tarxeta e solicita o PIN

Poderás activar a nova tarxeta nun clic e solicitar o PIN ao momento.


Paga co móbil alá onde vaias

Asina desde o móbil onde queira que esteas

A app de ABANCA tamén che permite asinar os contratos de moitos produtos financeiros directamente desde o móbil, mesmo se sodes varios titulares. Contas, préstamos, seguros, tarxetas… Pregúntalle ao teu xestor durante a contratación.

Recibirás no móbil unha notificación da app de ABANCA (é importante que teñas as notificacións activadas!) indicando que dispós de documentación para asinar. Así, poderás finalizar a contratación en calquera momento e en calquera parte.

E moito máis!

  • ico-nbm-abanca-cash

    Efectivo co teu móbil

    Envía e saca diñeiro nun caixeiro de forma segura só co móbil con ABANCA Cash.

  • ico-nbm-seguros

    Xestiona os seguros

    Apaga e acende as coberturas ON-OFF, avisa dun sinistro desde a app, e máis!

  • ico-nbm-broker

    O teu bróker online

    Para moverte pola bolsa, buscar fondos ou mercar e vender accións.

  • ico-nbm-justificantes

    Descarga xustificantes

    Certificados de titularidade, xustificantes de transferencias ou do pagamento de recibos.

  • ico-nbm-limites-gasto

    Límites de gasto

    Configura os importes máximos das túas compras físicas, online e retiradas nos caixeiros.

  • ico-nbm-valida-compras

    Valida as compras

    Cando pagues certas compras online, poderás confirmar a identidade desde o móbil.

Para saber máis...

dúbidas

  • Perdín o móbil onde teño a app de ABANCA, poden acceder á miña conta?

    Non, non te preocupes. Lembra que para acceder á app de ABANCA é necesario un PIN. Terían que atopar o teu móbil e ademais ter o PIN de acceso. De todos os xeitos avísanos ao 900 815 522 (ou ao +34 981 910 522 se nos chamas desde o estranxeiro), e na opción de 'Tarxetas', un servizo 24 horas, tamén che bloqueamos as claves de banca a distancia.

    Sempre poderás instalala outra vez cando che apareza o móbil, ou cando te compres un novo. Ah, e sentimos que o perderas :(  
     

DOCUMENTACIÓN

NO BLOG