Sobre Chaves e acceso
-
Como contrato o servizo de banca a distancia para empresas?
Se non tes este servizo, e tes unha empresa ou negocio, solicita aquí a túa banca a distanciaSerás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá.
E se xa tes o servizo activado e todas as chaves, só tes que acceder a través da web de ABANCASerás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso/#170 -
Como podo recuperar as chaves de acceso á Banca Electrónica de Empresas?
Se non podes acceder á túa Banca Electrónica é posible que esteas nunha destas situacións:
- Que as claves que esteas a introducir non sexan correctas.
- Que as claves estean bloqueadas.
Podes solicitar un novo PIN ou a sinatura electrónica en calquera das nosas oficinasAbrirase nunha nova ventá..
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso/#133 -
Para que vale o token de seguridade e como se usa?
O token é un dispositivo externo que xera unha clave diferente para cada operación. Se xa dispós dun, no momento de accederes á banca electrónica solicitarémosche esa chave xunto co número de usuario e mailo PIN.
Lembra que podes utilizar, no seu lugar, o móbil (mensaxes SMS) como reforzo de seguridade. podes solicitar o cambio de token a mensaxes sms na túa oficina máis próxima.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso/#135 -
Como podo acceder á miña banca a distancia? Podo facelo desde o estranxeiro?
Podes conectarte á banca a distancia de ABANCA en calquera lugar, tanto en España como no estranxeiro. Para iso, tes tres opcións:
- Coa app de banca móbil de ABANCA para Android Serás redirixido a outro sitio webe iOSSerás redirixido a outro sitio web.
- Accedendo ao ‘Área cliente’ na parte superior da web desta web.
- Ou por banca telefónica, coas túas claves e chamando ao 981 179 600 (ou ao +34 981 179 600 se nos chamas desde o estranxeiro)
Os datos que che solicitaremos son o teu NIF e PIN. Se non dispós de claves de banca a distancia, podes solicitalas aquí.Serás redirixido a outro sitio web
Se es usuario de banca electrónica de empresas, normalmente o código de usuario de acceso correspóndese co teu NIF, accede desde aquí.Serás redirixido a outro sitio web
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso/#186 -
Como contrato o servizo de banca electrónica de ABANCA?
Se non tes este servizo, e tes unha empresa ou negocio, acude á túa oficina e solicita que che activen a banca electrónica de empresas.
E se xa tes o servizo activado e todas as chaves, só tes que acceder a través da web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso/#136 -
Cal é o meu código de usuario de banca electrónica empresas?
Para acceder á túa banca electrónica de empresas debes identificarte, por defecto, co teu NIF (Ej.11222333A).
E, se queres, poderás cambialo por un código de usuario composto de 10 caracteres accedendo desde a pestana ‘Utilidades’ > ‘Administración de credenciais’ > ‘Modificar usuario’.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso/#200 -
Como podo cambiar as miñas claves de acceso a Banca Electrónica de Empresas?
Podes cambiar as túas claves de acceso na pestana "Utilidades/ Administracción de credenciais" da túa Banca Electrónica de Empresas, seleccionando a continuación a opción "Personalización > Cambio de claves ".Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso/#201 -
Que é o código PIN de identificación e para que serve?
O PIN é un número de identificación persoal e secreto. Consta de seis díxitos e utilízase para acceder aos servizos dixitais da entidade. A súa función principal é autenticar a identidade do usuario para acceder aos servizos da app de banca móbil, a banca electrónica e a banca telefónica.
Utiliza o teu PIN unicamente cando accedas de forma proactiva á túa banca dixital. Ignora calquera petición urxente ou sospeitosa que che pida este código. En ABANCA nunca che pediremos as túas claves fóra das nosas aplicacións seguras.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso/#157 -
Como podo desbloquear as claves de acceso á miña banca electrónica?
Se tes bloqueado o teu usuario de banca electrónica de empresas, podes solicitar o desbloqueo no 981 910 537 (ou no +34 981 910 537 se nos chamas dende o estranxeiro) ou nunha das nosas oficinas.
Se es usuario de banca electrónica de particulares e te equivocaches tres veces coa clave e se che bloqueou o acceso, podes desbloqueala dende a túa banca móbil se dispós dunha tarxeta financeira, chamarnos ao 900 815 669 (+34 981 980 505 se nos chamas dende o estranxeiro) ou acudir a calquera das nosas oficinas.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso/#134 -
Esquecín o meu PIN de banca a distancia, podo solicitar un novo? E modificalo?
Poderás solicitar un PIN novo de banca a distancia desde a túa app de banca móbil. Para asegurarnos de que es ti, necesitas ter a man unha tarxeta ABANCA da que sexas titular.
Tamén podes chamarnos ao 900 815 669 (ou ao 34 981 980 505 se nos chamas dende o estranxeiro), dispoñible 24 horas do día e os 365 días do ano.
Se queres modificar o teu PIN de banca a distancia, accede á túa banca electrónica coas túas claves, no menú ‘O meu Perfil’ > ‘Cambiar PIN da túa banca electrónica’. Ou desde a túa banca móbil, accedendo ao menú esquerdo > ‘Seguridade e privacidade > ‘Cambiar PIN’.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso/#104