Personalizado
Defensa xurídica
Axuda á dixitalización
Coberturas ON-OFF
Que cobre este seguro de negocios?
Xa sexas un autónomo, unha peme ou un comercio, necesitas un seguro para protexer os teus bens, empregados e clientes ante calquera prexuízo ou sinistro. Así terás a tranquilidade de que o teu negocio poderá seguir funcionando pase o que pase.
Este seguro é completamente personalizable, polo que poderás escoller unha por unha as coberturas que mellor se adapten a ti.
por defecto
Coberturas
Xerais
Coberturas personalizadas por
Actividade*
Coberturas
Adicionales
Coberturas
ON-OFF
*Estas coberturas estarán dispoñibles en función da actividade seleccionada.
Acende e apaga coberturas
Poderás apagar e acender algunhas das coberturas complementarias, que vos protexen tanto a ti como aos teus empregados, desde a app de ABANCA, en calquera parte do mundo e para que as teñas dispoñibles só cando realmente as necesites.
- Asistencia en viaxes. Este seguro cubre as viaxes fóra de España. Inclúe gastos médicos, repatriación por enfermidade, accidente ou falecemento, entre outros.
- Accidentes. Este seguro cubre o falecemento ou incapacidade a causa dun accidente sufrido durante o desempeño do traballo.
Un seguro de negocios personalizado
Sabemos que cada negocio é diferente. Por iso deseñamos este seguro para que sexa totalmente personalizable.
Á hora de contratalo incluímos e recomendámosche as coberturas que mellor se adaptan á túa actividade, os capitais que necesitas asegurar e unha serie de coberturas adicionais para que ao teu negocio non lle falte de nada. Poñémosche uns exemplos:
- Se rexentas unha farmacia, recomendarémosche as coberturas de equipos electrónicos, bens refrixerados ou roubo e perda de receitas.
- Se tes un restaurante, propoñerémosche as coberturas de bens refrixerados, transporte de mercadorías ou bens en terraza (se tes terraza).
- Por último, para un hostal, aconsellarémosche as coberturas de avaría de maquinaria e equipos electrónicos.
Paga o seguro de negocios mes a mes
Podes pagar o seguro de forma mensual e a través da Tarifa Plana Seguros. Este servizo permitirache pagar mes a mes, sen xuros nin comisións (0% TXN, 0% TAE), os seguros comercializados por ABANCA. No caso dos paquetes de coberturas ON-OFF, será necesario que os pagues desta forma.
Por exemplo, se a prima anual do teu seguro de negocios é de 1200 €, poderás dividir o pagamento en 12 meses e pagar 100 € ao mes. Daquela, o importe total debido serían 1200 €.
Podes consultar todo o detalle das coberturas e mais as condicións nas condicións xerais.
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista do CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co núm. OV-0044. Con seguro de responsabilidade civil e capacidade financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Consulta as aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia. Aseguradora: ABANCA GENERALES DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A., co CIF A-14715270, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, folla C-47133, tomo 3407 e folio 9, con domicilio social na avda. Linares Rivas, 30 - 3, A Coruña, 15005, A Coruña, con número de inscrición no Rexistro Administrativo de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras da DXSFP C0808.
Consulta aquí as condicións xerais da Tarifa Plana Seguros.Ver ficheiro PDF Financiamento ofrecido por ABANCA Corporación Bancaria, S.A.
Tes dúbidas? Nós respondemos
Si, tamén poderás asegurar o negocio aínda que non sexas dono do local. O Seguro de Negocios ABANCA cubrirate en todas as obras de reforma que realizaras no local, así como o seu contido.
Tamén defenderemos os teus intereses nos conflitos derivados do contrato de arrendamento do local e en casos de acoso inmobiliario. Ademais, tamén terás incluída a responsabilidade civil locativa.
Coa cobertura de danos estéticos do Seguro de Negocios ABANCA en caso de sinistro que entre na protección do teu seguro, encargámonos de aboarche os custos para que o teu negocio recupere o seu aspecto. Con danos eléctricos, cubrimos os danos eléctricos no inmoble así como no mobiliario e nos obxectos asegurados.
DOCUMENTACIÓN