Menu

En ABANCA podes facer (case) todo co teu móbil. Pero algunha vez podes necesitar a axuda dun xestor especializado. Pide cita e estarémosche esperando cun sorriso.

Estás a pensar en solicitar un préstamo ou unha hipoteca? Tes dúbidas con algún trámite por unha herdanza? A túa filla é maior de idade e queres cambiar a titularidade da conta? Queres saber como podemos axudarte a dixitalizar o teu negocio, ou a internacionalizar a túa empresa? Non o dubides: dinos cando e onde che vén mellor, esperarémoste.

Para que podo solicitar unha cita previa co meu xestor?

Podes solicitar unha cita previa para xestións comerciais como solicitar contas, préstamos, etc. Tamén, se tes que realizar trámites dunha herdanza ou porque o teu fillo é maior de idade e se cambiaron os autorizados da conta.

Para xestións nas que sexa necesario diñeiro efectivo, xestión de cheques, pagar recibos, multas, taxas, licenzas… non necesitas solicitar unha cita: comproba cal é o horario de caixa na túa oficina.

Para outras xestións como consultar saldos, movementos, facer transferencias, devolver un recibo, apagar unha tarxeta ou amortizar un préstamo ou un gasto con tarxeta, tampouco necesitas solicitar unha cita. Para estas consultas e operacións e moitas outras tes á túa disposición a app de banca móbil ou a banca electrónica. Tamén podes utilizar a banca telefónica coas túas claves de Banca a distancia, chamando ao 981 17 96 00 (+34 981 17 96 00 se chamas desde o estranxeiro).

En que oficinas me poden atender en horario de tarde?

En todas, en horario de inverno (desde o 16 de setembro ao 14 de xuño), de luns a xoves con cita previa e para as xestións comerciais como solicitar contas, préstamos, etc… porque non temos horario de caixa polas tardes.

Para solicitar unha cita previa chama ao 900 815 200 e indícanos o motivo, a que oficina desexas ir e a que hora. Se necesitas realizar algunha operación de efectivo, tes á túa disposición os nosos caixeiros as 24 horas do día.

E se as xestións profesionais as realizas coa túa oficina de empresas, lembra que ten un horario diferente: en inverno, de luns a xoves de 8:15 a 17:00 e os venres, de 8:15 a 14:15. En verán, do 15 de xuño ao 15 de setembro, de luns a venres de 8:15 a 14:15.

Para xestións de efectivo ou de cambio de moeda, podo pedir cita previa na oficina ou non é necesario?

Para xestións nas que sexa necesario diñeiro efectivo ou cambio de moeda, non debes solicitar unha cita: atenderémoste en horario de caixa.

Necesito pedir unha cita previa para hoxe mesmo, é posible?

Para o mesmo día non te podemos dar unha cita, pero buscaremos a data e hora máis próxima na túa oficina. O teléfono de cita previa é 900 815 200 para xestións comerciais como solicitar contas, préstamos, etc. para o resto non necesitas cita, podes acudir á túa oficina no ** seu horario de caixa**.

BANCA MÓBIL: A MELLOR APP PARA O TEU DÍA A DÍA

A app de banca móbil de ABANCA está considerada unha das mellores do sector, confírmano os votos dos usuarios nas principais stores de aplicacións. Na túa app podwrás facer transferencias, traspasos, pagar os teus recibos cunha foto, encender e apagar as túas tarxetas cando queiras e ¡moito máis! E todo iso desde o autobús, a cola do supermercado ou desde donde ti queiras. Se a descargas, terás todos os servizos do teu banco na palma da túa man.

movil-app-hola

BANCA ONLINE: NO TEU ORDENADOR OU TABLET

Desde o teu ordenador, o teu portátil ou a túa tablet. Todo o banco ao alcance dun clic, desde o máis sinxelo ás operacións máis complexas, donde e cando ti queiras. Ademais, a seguridade é o máis importante, por iso cumprimos os requisitos internacionais mais esixentes, para que fagas as túas operacións coa tranquilidade que buscas.

Podes acceder tanto á banca electrónica de particulares como á de empresas no botón "Área de cliente" situado na parte superior dereita desta páxina.