O seguro de coche como ti o farías.

Coñece o noso seguro de automóbil, podes escoller o nivel de protección que prefires e personalizar a cobertura que mellor se adapte a ti.

Vantaxes deste seguro de coche

Coche de substitución

Terás un coche de substitución cando o necesites, consulta as modalidades donde se incluye, os requisitos e límites nas condicións xeraisVer ficheiro PDF.

Guindastre antes dunha hora

Onde queira que esteas, terás un guindastre ao teu dispor en menos de 60 minutos.

Asistente único

Asignarémosche un único asistente para que xestione o teu sinistro de principio a fin.

Seguro personalizado

Sempre che recomendaremos o que mellor se adapte a ti.

Elixe o teu taller

Poderás escoller o taller que prefiras, o de confianza. Consulta os requisitos e límites nas condicións xeraisVer ficheiro PDF.

ON-OFF

Podes acender e apagar algunhas coberturas desde a app, para adaptalo ás túas necesidades.

Que cobren os nosos seguros de coche?

A seguir podes ver as coberturas dos tres niveis de protección do seguro de coche ABANCA que che ofrecemos. Se queres, contámosche en que consiste cada unha delas máis detalladamente e explicadas para que poidas entender o que vas contratar. Así coñecerás e poderás gozar de todas as túas vantaxes por ser de ABANCA.

Coberturas

Terceiros esencial

Responsabilidade civil obrigatoria
Responsabilidade civil voluntaria
Protección do conductor
Defensa xurídica e reclamación de danos
Asistencia
Coberturas

Terceiros cristais

Responsabilidade civil obrigatoria
Responsabilidade civil voluntaria
Protección do conductor
Defensa xurídica e reclamación de danos
Asistencia con vehículo de substitución
Cristais
Coberturas

Terceiros ampliado

Responsabilidade civil obrigatoria
Responsabilidade civil voluntaria
Protección do conductor
Defensa xurídica e reclamación de danos
Asistencia con vehículo de substitución
Cristais
Roubo vehículo
Incendio vehículo
Danos materiais por atropelo de animais cinexéticos e domésticos
Coberturas

Todo risco

Responsabilidade civil obrigatoria
Responsabilidade civil voluntaria
Protección do conductor
Defensa xurídica e reclamación de danos
Asistencia con vehículo de substitución
Cristais
Roubo vehículo
Incendio vehículo
Danos materiais por atropelo de animais cinexéticos e domésticos
Danos propios

Contrata agora o seguro e levate 30€

Porque a túa tranquilidade e a dos teus é o primeiro. Se te deches de alta como cliente en 2024 ou 2025 e contratas o teu Seguro de Coche ABANCA coa Tarifa Plana Seguros antes do 31 de decembro de 2025, non só ganas en seguridade, tamén che levas 30€ directamente na túa conta, para o que ti queiras!

O seguro contratado deberá ter unha data de inicio anterior ao 1 de abril de 2026.

Consulta as condicións

Necesitas máis? Ti mandas! Estes son os nosos paquetes opcionais

Todo o que necesitas saber sobre o teu seguro de coche

Explicámosche todos os detalles sobre as túas coberturas para que as entendas, para que coñezas o teu nivel de serenidade e para que saibas como che poderían axudar. Tamén che damos consellos para unha condución responsable e respondemos as preguntas doutras persoas coma ti. Resultarache moi útil!

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas

En realidade, moi pouca. Só che solicitamos o teu DNI, o carné de conducir dos condutores (tanto do tomador como do propietario), o permiso de circulación do coche e a súa ficha técnica.

Creamos desde cero un seguro para o teu coche coa nosa compañía propia ABANCA Seguros Generales. Trátase dun seguro 100% ABANCA que che coñece, asesora e está sempre ao teu carón. Ademais das vantaxes e coberturas principais, poderás incluír nos teus seguro paquetes opcionais, así como coberturas  ON- OFF que poderás acender e apagar desde a túa app de ABANCA para que as teñas dispoñibles só cando realmente as necesites.

De momento as motos non están cubertas a través do noso Seguro Copiloto, pero as compañías Caser, Liberty e Pelayo coas que traballamos nestes casos proporcionaranche o seguro que necesitas para a túa moto. Achégate á túa oficina ABANCA máis próxima ou chámanos para que che axudemos a atopar o seguro que necesitas. 

A verificación é o ditame profesional e obxectivo do estado dun vehículo, unha avaría ou un dano, baseándose nos resultados da revisión dun perito. 

Este proceso realizarase mediante unha videochamada, no caso excepcional de que non poidas utilizar esta canle, poderás solicitar a verificación presencial do vehículo no momento de marcar a cita co perito.

A verificación realizaráselles a todos os vehículos que contraten un seguro de Todo risco con ou sen franquía, agás os vehículos novos que teñan unha data de primeira matriculación menor ou igual a 14 días no momento no que entra en efecto o seguro. 

No caso de que realices un aumento de modalidade ou un cambio de vehículo á modalidade de Todo risco (con e sen franquía), tamén cumprirá realizar a verificación do vehículo.

A compañía CED encargarase de poñerse en contacto contigo para marcar unha cita na que realizar a verificación do teu vehículo.

O período de verificación será de 10 días naturais, por este motivo, CED contactará contigo 10 días antes de que entre en efecto o seguro, para que a revisión do vehículo estea finalizada no momento da data de efecto.

 

No caso de que o seguro entre en efecto o propio día da contratación ou nos 10 días seguintes á contratación, CED porase en contacto contigo o antes posible para axilizar o proceso.


 

O seguro contrátase e actívase de forma natural, independentemente do proceso de verificación mais, mentres non se realice, a cobertura de danos propios non estará activa consonte o que se establece nas condicións da póliza.

Si, naqueles casos nos que o perito identifique danos no vehículo superiores á franquía contratada cambiarase de forma automática a modalidade. En función dos danos identificados, pasará a Todo Risco con Franquía, submodalidade de 200, 300 ou 400 euros, ou á modalidade de Terceiros Ampliado. Neste suposto, notificarase mediante a e-correspondencia da Banca Móbil, ademais do envío por correo postal certificado.

No caso de non estar conforme co cambio, o tomador disporá dun prazo máximo de 10 días naturais desde a comunicación da nova modalidade para cancelalo.

DOCUMENTACIÓN