Tarifa Plana Seguros

Activa a túa tranquilidade cun clic
Contrata a túa Tarifa Plana Seguros desde o móbil e paga todos os meses o mesmo, sen xuros nin comisións (0% TAE).

Vantaxes da tarifa plana do seguro

Suma os seguros

Agrupa nun único recibo os seguros da unidade familia

Divide o pagamento

Paga sempre o mesmo: reparte o custo anual de todas as pólizas contratadas con ABANCA en 12 pagos mensuais iguais, sen custo adicional (0% TAE)

Multiplica as vantaxes

Consigue ata un 7% de bonificación e, se o necesitas, apraza 2 cotas ao ano.

Leva ata un 7% de bonificación se contratas un novo seguro domiciliado na Tarifa Plana Seguros

Cantos máis seguros contrates, maior será o aforro

Se o prefires, ven por unha das nosas oficinas e axudarémoste a que contrates o mellor seguro coas mellores condicións.

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas

 A bonificación da Tarifa Plana Seguros aplícase sobre cada cota mensual e se actualiza coa contratación de cada seguro. A bonificación é maior cantas máis modalidades de seguros inclúas na conta. Por exemplo, se inclúes un seguro de vida, un seguro de fogar e dous seguros de auto, computarán como 4 seguros pero só 3 modalidades, polo que a bonificación será dun 3%.

Número de modalidades 1 e 2 modalidades 3 modalidades 4 modalidades 5 ou máis modalidades
Bonificación Non aplica 3% 5% 7%

 

A domiciliación de varios seguros correspondentes á mesma modalidade computarán para estes efectos como unha única modalidade. 

 

Non serán obxecto de bonificación os seguros combinados con operacións de activo formalizados con ABANCA (préstamo persoal ou hipotecario) nin os seguros de protección de pagos.

DOCUMENTACIÓN

NO BLOG