ABANCA Pay

Envía e recibe diñeiro de móbil a móbil da forma máis sinxela, gratuitamente, onde e cando queiras. E a quen queiras, con só ter os datos de contacto desa persoa.

Fai a túa vida máis fácil con ABANCA Pay

Coa app de ABANCA Pay poderás enviar diñeiro dende a túa conta a quen queiras, sexa do banco que sexa. Só necesitas ter o teu móbil coa app descargada a man, e saber o número de teléfono ou o correo electrónico da persona á que queres enviarlle o diñeiro.

Con eses datos, só tes que decirnos na app de ABANCA Pay o importe que lle queres enviar e nós nos encargamos do resto. De maneira gratuíta, segura e inmediata, é decir, que a persoa á que lle estás enviando o diñeiro pode telo ao instante, sen esperar ao día seguinte.

Se a persoa á que lle estás enviando o diñeiro ten ademais descargada a app de ABANCA Pay, recibirao inmediatamente e a súa app lle avisará. Se aínda non a ten (a que espera?) poderá recibir o diñeiro igualmente, e no momento, pero terá que cubrir uns datos en canto lle chegue a notificación ao móbil.

Ao ser unha app de ABANCA, os pagos e cobros son ao momento, sen recargas previas e coa tranquilidade de sempre. Pero como ademais está desenvolta cunha tecnoloxía estándar para o sector bancario español, podes enviarlle diñerio a clientes de calquera entidade, cas mesmas garantías de seguridade e eficacia que che da ABANCA.

Momentos perfectos para usala

Estás a preparar unha festa? Ou a organizar unha viaxe cos amigos? No día a día hai moitas situacións en que ABANCA Pay pode facer que a vida che sexa máis sinxela.

abanca-movil-180

Xestiona os teus cartos cun só clic

Coa outra app de ABANCA, a app de Banca móbil, podes consultar os teus gastos, apagar e acender as tarxetas, aprazar as túas compras, retirar diñeiro do caixeiro sen levar tarxeta e moito máis.

E todo superdoado