Fondos de investimento
Accede aos principais mercados do mundo investindo a cantidade que elixas.
- Contrata https://bancaelectronica.abanca.com/?url=abro Serás redirixido a outro sitio web
- Pide cita https://solicitudonline.abanca.com/SolicitudCita/GL/4_gen_fondos/J Serás redirixido a outro sitio web
Investir en fondos de investimento
Os fondos de investimento son vehículos de investimento que consisten nun patrimonio formado polas achegas dun número variable de investidores, denominados partícipes. A través dos fondos, as achegas invístense en diferentes instrumentos: renda fixa, renda variable… en función da política de investimento de cada fondo. O seu obxectivo é obter rendibilidade, aínda que se trata de produtos que levan asociados riscos e poden supoñer perdas de capital.
Son as sociedades xestoras especializadas as que elixirán onde, cando e canto diñeiro se vai investir en cada activo, seguindo unhas pautas fixadas de antemán. Ademais, ABANCA dispón dunha xestora propia, ABANCA Xestión de Activos, mediante a cal xestiona e pon a disposición dos seus clientes fondos propios marca ABANCA.
Unha vez que invistas neles, non terás que preocuparte de tomar decisións de investimento diarias, xa que a sociedade xestora faráo por ti. É, polo tanto, unha forma de deixar que un grupo de profesionais (sociedade xestora) invista e xestione as achegas realizadas ao fondo por parte dos distintos partícipes.
Se queres saber máis e falar cun experto en investimento, pide cita agoraSerás redirixido a outro sitio web na túa oficina ABANCA máis próxima e un dos nosos xestores estará agardándote o día e a hora que ti elixas.
-
Non necesitas ser un experto
Só tes que ter claras as túas expectativas de rendibilidade, o risco que podes asumir e o horizonte temporal do teu investimento
-
Comeza a investir desde 60 euros nalgúns fondos
Un produto ao alcance de todos os petos cun investimento mínimo. Dependendo do fondo concreto, o importe mínimo e a manter pode variar.
-
O teu diñeiro, cando queiras1
A liquidez de moitos fondos permíteche recuperar os aforros investidos en poucos días asumindo as posibles ganancias ou perdas. Ten en conta o horizonte temporal de cada fondo, xa que solicitar o reembolso antes do horizonte recomendado pode implicar un maior risco de perda no capital investido.
Desde ABANCA poñemos ao dispor dos nosos clientes unha extensa oferta de fondos de investimento.
ABANCA Xestión de Activos
Algúns dos fondos que che ofrecemos en ABANCA están xestionados por ABANCA Xestión de Activos, SGIIC.
Cada día un extenso equipo humano e técnico traballa para manter a nosa oferta de fondos de investimento na vangarda da xestión.
Economistas, xuristas, matemáticos e outros expertos teñen a misión de darche os produtos e as ferramentas que precisas para mellorar a túa situación patrimonial, e para que o poidas facer de forma cómoda, eficaz e rigorosa.
Comezar a investir é moi sinxelo
-
Atopa o teu fondo de investimento
Escolle o fondo que mellor se adapta a ti tendo en conta o nivel de risco que queiras asumir.
-
Subscríbete ás túas participacións
Escolle a cantidade que queres investir tendo en conta o investimento mínimo do fondo e selecciona a conta asociada na que se realizarán os cargos, reembolsos…
-
E listo!
Poderás consultar o estado do teu fondo desde a túa app de ABANCA, traspasar o teu investimento a outro fondo, etc.
-
Atopa o fondo que estás buscando
Poñemos á túa disposición o noso catálogo completo de fondos de investimento. Con máis de 750 fondos de investimento, propios e de terceiros, que poderás filtrar por divisa, risco, categoría…
Se estás comezando no mundo do investimento, antes de facelo debes ter en conta que cada fondo, dependendo das súas características específicas e dos activos nos que invista, implicará máis ou menos risco. Se a evolución dos mercados ou dos activos nos que o fondo inviste non é a esperada, o seu valor pode ter unha evolución negativa e poderías ter que asumir perdas. A volatilidade dun fondo mide precisamente o grao no que o valor liquidativo dese fondo varía. A maior volatilidade, máis risco, e normalmente, maiores rendibilidades supoñen maiores riscos. Rendibilidades pasadas non son garantía de rendibilidades futuras. Infórmate ben e inviste o teu diñeiro con responsabilidade.
Ten en conta que todo o que che contamos aquí ten fins exclusivamente informativos, e non constitúe ningunha recomendación nin oferta personalizada. Os detalles sobre as principais características e riscos podes consultalos no folleto informativo e no documento de datos fundamentais para o investidor de cada fondo, que está á túa disposición, xunto co resto da documentación legal exixible, na información detallada de cada fondo á que podes acceder desde o buscador e nas nosas oficinas, na sociedade xestora, e na web da Comisión Nacional do Mercado de Valores. Consultar os folletos e o resto da documentación legal dos fondos é imprescindible antes de tomar calquera decisión de investimento.
Investe cando e onde queiras co bróker online
O noso bróker online é un servizo exclusivo para clientes de ABANCA que che axudará a xestionar e facer seguimento da túa carteira de valores e fondos de investimento, ¡e moito máis!
- Información sobre a túa carteira, as túas operacións en curso, a rendibilidade e o risco dos teus investimentos.
- Consulta os teus contratos de fondos e valores e os xustificantes das túas operacións desde a túa banca electrónica.
- Localiza valores, fondos e ETFs que che interesen de forma eficaz.
- A cotización de valores da bolsa española e das principais bolsas do mundo.
Se xa es cliente de ABANCA e queres saber como funciona, podes entrar no bróker online sen compromisoSerás redirixido a outro sitio web desde esta web ou a app de ABANCA e de forma gratuíta. Só necesitarás introducir as túas claves de banca online, ¡e nada máis! Se aínda non as tes, solicítas aquí.Serás redirixido a outro sitio web
Se aínda non es cliente de ABANCA, podes abrir unha conta corrente online desde esta mesma web, ¡en cuestión de minutos!
Máis información
ABANCA Corporación Bancaria S.A. (ABANCA) advirte que toda a información publicada nesta sección foi elaborada por ABANCA tomando como fonte para determinados contidos a terceiros, e elaborouse sen ter en conta a información persoal e específica do usuario, polo que en ningún caso representa opinión, estimación, predición, recomendación ou asesoramento en materia de investimento por parte de ABANCA nin de terceiros.
A información proporciónase exclusivamente a efectos informativos e publicitarios sen que poida estimarse como elemento determinante para a toma de decisións por parte do usuario.
ABANCA non responderá polas perdas, directas ou indirectas, ocasionadas polo uso da información aquí exposta.
Queda completamente prohibida a reprodución ou distribución da información aquí contida por calquera medio sen a previa autorización de ABANCA.
A adquisición de instrumentos financeiros leva asociados riscos de diversa tipoloxía que deben ser asumidos polo investidor.
A natureza e alcance do risco dependerá do tipo de instrumento. A modo de resumo, os principais riscos que debe asumir un investidor son os seguintes: de prezo, de tipo de cambio, de crédito, de xuro e de falta de liquidez. Outros riscos atenden a moi diversas orixes e circunstancias: contornas políticas, económicas e sociais en xeral.
1 Algúns fondos non teñen liquidez ata o seu vencemento, como os fondos alternativos, ou só teñen liquidez en determinadas datas, como os fondos garantidos ou os buy and hold.
Para saber máis...
dúbidas
DOCUMENTACIÓN
- Máis información sobre ABANCA Gestión de Activos
- Guías de investimento da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) Serás redirixido a outro sitio web
- Glosario de termos de investimento na web da CNMV Serás redirixido a outro sitio web
- Toda a información sobre fondos de investimento na web da CNMV Serás redirixido a outro sitio web
NO BLOG