
Ola! :)
Presentámosche
a túa nova banca electrónica.
Que melloras incorpora?
-
Máis moderna
Nesta nova versión actualizamos a tecnoloxía, o que che permitirá gozar de melloras na navegación e na xestión das túas operacións habituais.
-
Personalizable
A nova banca electrónica é máis fácil de usar. O seu deseño está pensado para que poidas personalizar o nome das túas contas e tarxetas e a cor para que che sexa máis sinxelo identificalas.
-
E moito máis...
No novo servizo terás toda a información das túas contas e toda a túa documentación.
Que podo facer na nova banca electrónica?
- Consultar todos os detalles das túas contas, tarxetas, préstamos, domiciliacións…
- Enviar diñeiro a quen ti queiras
- Xestionar os teus envíos de diñeiro, programar pagos e reutilizar operacións
- Pagar impostos e devolver os teus recibos
- Consultar e dar de baixa domiciliacións
- Xestionar os teus pagos con tarxeta e operacións favoritas
- Apagar e acender tarxetas, crear tarxetas virtuais…
- Xestionar a túa axenda de destinatarios
- Buscar documentos no teu buzón segundo texto, datas, categorías…
Como acceder?
Seguirás accedendo como ata o de agora, no Área Cliente de abanca.com, co teu usuario e PIN de sempre.
-
Coñeces a nosa app?
E se prefires consultar as túas contas desde o móbil, cando e onde queiras, faino desde a app de ABANCA.
Se aínda non a tes, contámosche todas as vantaxes!
Se tes algunda dúbida, consulta aquí as preguntas máis frecuentes
Agora as transferencias chámanse "envío de diñeiro". Só tes que seguir os seguintes pasos:
- Na conta desde onde queres enviar diñeiro, selecciona a opción Operar > Enviar diñeiro.
- Se queres facer unha transferencia a outra persoa, selecciona Enviar diñeiro > A outra persoa ou banco. Se queres envialo a outra conta túa, escolle Ás miñas contas ou tarxetas de ABANCA.
- Introduce a conta do destinatario, o seu nome, concepto e o importe da operación se é unha transferencia. En cambio, se o envío de diñeiro é ás túas contas, selecciona a conta ou tarxeta de destino.
- Pulsa Continuar e finaliza a operación.
Na conta que desexes consultar, selecciona a opción Operar > Domiciliacións.
Aquí poderás acceder ás ordes de domiciliación asociadas á conta, consultar os recibos pendentes ou devolvelos se aínda están en prazo.
Para realizar unha procura de movementos dunha conta debes pulsar sobre a conta sobre a que queres realizar a consulta.
Para acceder ao buscador de movementos debes facer clic en Movementos recentes > Personalizar. A continuación, poderás buscar por data, importe, categoría ou concepto.
Na conta que desexes consultar, selecciona a opción Operar > Domiciliacións.
No detalle de cada domiciliación móstranse os recibos que están en prazo de devolución e a opción de Devolver.
Para saber máis...
dúbidas
-
Como podo desbloquear as claves de acceso á miña banca electrónica?
Se te equivocaches tres veces coa clave e bloqueaches o acceso, podes desbloqueala desde a túa banca móbil se dispós dunha tarxeta financeira, chamarnos ao 900 815 669 (ou +34 981 980 505 se chamas desde o estranxeiro) ou acudir a calquera das nosas oficinas.
No caso de que teñas bloqueado o teu usuario de banca electrónica de empresas, podes solicitar o desbloqueo no 981 910 537 (o al +34 981 910 537 si nos llamas desde el extranjero) ou nunha das nosas oficinas.
-
Como podo acceder á miña banca a distancia? Podo facelo desde o estranxeiro?
Podes conectarte á banca a distancia de ABANCA en calquera lugar, tanto en España como no estranxeiro. Para iso, tes tres opcións:
- Coa app de banca móbil de ABANCA para Android Serás redirixido a outro sitio webe iOSSerás redirixido a outro sitio web.
- Accedendo ao ‘Área cliente’ na parte superior da web desta web.
- Ou por banca telefónica, coas túas claves e chamando ao 981 179 600 (ou ao +34 981 179 600 se nos chamas desde o estranxeiro)
Os datos que che solicitaremos son o teu NIF e PIN. Se non dispós de claves de banca a distancia, podes solicitalas aquí.Serás redirixido a outro sitio web
Se es usuario de banca electrónica de empresas, normalmente o código de usuario de acceso correspóndese co teu NIF, accede desde aquí.Serás redirixido a outro sitio web
DOCUMENTACIÓN