Só algúns clientes coma ti poden acceder á nova versión da banca electrónica de ABANCA , unha plataforma máis áxil e sinxela que desarrollamos nos últimos meses pensando nas túas necesidades, no teu día a día.

Poñemos a túa disposición unha versión aínda en desarrollo que queremos ir probando cos nosos mellores clientes. Durante este tempo, podes acceder á nova versión da banca electrónica mellorada ou, se o prefires, á banca electrónica de empresas de sempre que xa coñeces. Nas dúas terás toda a información das contas do teu negocio e toda a documentación. Proba a nova banca electrónica en online.abanca.com!

Durante os próximos meses incorporaremos progresivamente novas funcionalidades ata completar o servizo. Se che gustaría mellorar algunha das prestacións, non dubides en dicírnolo. Os teus comentarios sonnos de gran axuda para seguir mellorando. Podes facelo desde a túa nova banca electrónica xa que habilitamos un espazo para que nos deixes os teus comentarios ou valoracións.

Que podo realizar nesta nova versión de banca electrónica?

Nesta nova versión actualizamos a tecnoloxía aplicada á nosa banca electrónica de empresa, permitirache gozar de melloras na navegación e na xestión das túas operacións habituais de contas e tarxetas.

A nova banca electrónica é máis fácil de usar, o seu deseño está pensado para que poidas personalizar o nome dos teus produtos como contas e tarxetas así como a súa cor para que che sexa máis sinxelo identificalos.

Como che comentabamos, traballamos cada día para mellorar o servizo que ofrecemos, así que iremos incorporando novas funcionalidades nos próximos meses, polo momento podes utilizar a nova banca electrónica para as túas operacións habituais:

  • Consultar a posición de contas, depósitos a prazo e pólizas de crédito
  • Consultar os movementos das túas contas e as do teu negocio
  • Realizar transferencias e traspasos
  • Consultar e localizar a correspondencia dunha forma máis sinxela e áxil.

Tamén poderás acceder a este servizo a través dos teus dispositivos táctiles como tablet, aínda que se te queres conectar desde o móbil a nosa recomendación é que o fagas desde a túa app de banca móbil empresas ou desde o teu app de banca móbil para particulares. Se aínda non a tes descargada, contámosche todas as vantaxes!

Cal é o meu usuario de banca electrónica?

Para acceder á túa nova versión de banca electrónica debes introducir o mesmo usuario que utilizas habitualmente para identificarte na túa banca electrónica de empresas.

O teu usuario, por defecto,é o teu NIF con letra (Ex.01222333A). Se tes un usuario personalizado será ese o que introduzas para acceder.

Olvidaches o teu PIN?

No caso de que teñas bloqueado o teu usuario de banca electrónica de empresas, podes solicitar o desbloqueo no 981 910 522 ou nunha das nosas oficinas.

Se te equivocaches tres veces coa clave e bloqueas o acceso, podes desbloquealo desde a túa banca móbil ou banca electrónica se dispós dunha tarxeta financeira, chamarnos ao 981 910 522 ou acude a calquera das nosas oficinas.

Canto tarda en chegar unha transferencia que fixen desde a miña banca electrónica de empresas?

Se realizaches o envío entre contas propias, sexa na divisa que sexa, chegará de forma inmediata e aplicarase data valor o día da execución.

No caso das transferencias ordinarias en euros con conta destino en Europa (SEPA) se fixeches a operación antes das 12:00 chegará ese mesmo día. Se é máis tarde, ao día seguinte hábil.

Se seleccionas a opción de transferencias inmediatas o diñeiro abonarase na conta destino en menos de 20 segundos. Esta opción é válida todos os días da semana sexa a hora que sexa (só para envíos menores a 15.000 € e cuxo destinatario sexa unha conta de Europa).

As transferencias en divisas deben realizarse en horario de 08:30 a 17:00 horas en días hábiles. A súa data valor será dous días hábiles desde a súa execución. Cando o día de execución non sexa hábil en España executaranse ao día seguinte hábil.

As transferencias diferidas ou periódicas execútanse todos os días hábiles ás 18:00h. Se coincide en día non hábil, realizarase o día hábil anterior.

A data valor das operacións varía dependendo da divisa na que realices a transferencia:

  • Ás realizadas en Euros (OMF) aplícaselles data valor no día de execución.
  • En dólares americanos (USD) se se executan antes das 13:00 horas teñen data valor no día (sempre que o contravalor sexa inferior a 200.000 €). Se se realizan despois aplícase a data valor do seguinte día hábil.
  • En dólares canadenses (CAD), libra esterlina (GBP), francos suízos (CHF) e pesos mexicanos (MXN) se se executan antes das 11.30h teñen data valor no día (sempre que o contravalor sexa inferior a 200.000€). Se se realizan despois aplícase a data valor do seguinte día hábil.
  • Para o resto de divisas as transferencias urxentes sempre teñen data valor do seguinte día hábil.