Política de privacidade de aplicacións móbiles
Política de privacidade de aplicacións móbiles
Información básica sobre protección de datos persoais
1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?
ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en diante, “a ENTIDADE” ou “ABANCA”), co NIF A-70302039.
2. Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?
Debemos diferenciar entre as fontes das que proceden os teus datos persoais e as categorías de datos persoais que tratamos a través da nosa aplicación:
2.1. Fontes das que proceden os teus datos persoais:
os teus datos persoais tratados pola aplicación de Banca Móbil poden proceder de ti mesmo, ser xerados en ABANCA ou ter a orixe en fontes externas - i) Datos facilitados por ti - ii) Datos xerados sobre ti derivados da propia xestión, desenvolvemento e mantemento das relacións contractuais que teñas con ABANCA - iii) Empresas do Grupo Económico de ABANCA
2.2. Categorías de datos persoais:
Os datos que tratamos corresponden ás seguintes categorías: - i) Datos identificativos e de contacto; - ii) Datos referidos á túa imaxe; - iii) Datos relativos a códigos ou claves de identificación; - iv) Datos económicos e de solvencia patrimonial; - v) Datos financeiros; - vi) Datos transaccionais; - vii) Datos de seguros; - viii) Datos de situación xeográfica; - ix) Datos do teu dispositivo móbil; - x) atos de navegación e comportamento da aplicación; - xi) Categorías especiais de datos: na nosa aplicación de Banca móbil, con carácter xeral, non recollemos nin utilizamos categorías especiais de datos, poderemos solicitalos e tratalos unicamente no caso de que tramites a alta como cliente desde a propia Banca Móbil, posto que procederemos á túa identificación por medio dunha videochamada, sempre previo consentimento pola túa parte e informándote de todos os extremos do tratamento dos datos biométricos asociados á túa imaxe que se realizará neste proceso.
3. Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos?
A seguir informámoste sobre os distintos tratamentos dos teus datos persoais dos que ABANCA é responsable, con especificación das finalidades e as bases xurídicas de cada un deles.
3.1 Tratamentos estritamente necesarios para o funcionamento básico da aplicación:
3.1.1 Tratamentos baseados na execución do contrato de banca a distancia. A finalidade é a correcta formalización, mantemento e cumprimento da relación contractual establecida con ABANCA mediante a descarga da aplicación, para iso levaremos a cabo as seguintes operacións de tratamento:
- i) Xestionar o acceso á aplicación de Banca Móbil a través das túas claves de banca a distancia;
- ii) Executar as operacións que realices a través da túa Banca Móbil;
- iii) Poñer ao teu dispor a información sobre o saldo e os movementos nas contas e tarxetas de ABANCA, os teus préstamos e investimentos con ABANCA e mesmo poderán amosarse os teus seguros comercializados a través de ABANCA;
- iv) Proceder, de ser o caso, á sinatura de contratos mediante a modalidade de sinatura ABANCA;
- v) Poñer ao teu dispor, de ser o caso, un servizo chat que che permitirá comunicarte de forma directa co teu xestor;
- vi) Enviarche comunicacións non comerciais estritamente relacionadas cos produtos e servizos que teñas contratados con ABANCA ou comercializados por ABANCA á túa caixa de correo privada do servizo de e-correspondencia da Banca a Distancia;
- vii) Categorizar os teus gastos e ingresos de forma automática;
- viii) Poñer ao teu dispor información sobre a localización xeográfica do comercio no que realizaras unha compra ou ben do caixeiro de ABANCA no que realizaras unha retirada de efectivo (esta información infírese da localización do comercio ou do caixeiro e en ningún caso da localización do teu dispositivo).
3.1.2 Tratamentos baseados no interese lexítimo de ABANCA na prevención da fraude. Tratamos os teus datos persoais tendo en conta a satisfacción dos intereses lexítimos perseguidos por ABANCA, e na medida en que sobre eses intereses lexítimos non prevalezan os teus propios intereses ou dereitos e liberdades fundamentais; neste caso é interese lexítimo de ABANCA impedir situacións de fraude, tanto na provisión da Banca Móbil coma durante o seu uso que puideran derivar na suplantación da túa identidade.
3.2 Tratamentos opcionais para mellorar os servizos que ofrece a aplicación previa autorización do usuario.
Estes tratamentos están vinculados aos permisos do teu dispositivo e en todo momento poderás revisar e modificar os permisos nos axustes do teu dispositivo.
3.2.1. Tratamentos asociados ao permiso de “Notificacións”: se nos outorgas este permiso no teu dispositivo poderás recibir avisos sobre a túa operativa en ABANCA, ademais na Banca Móbil poderás configurar que tipo de notificacións queres recibir.
3.2.2 Tratamentos asociado ao permiso de “Contactos”:
Se nos outorgas este permiso de acceso á túa axenda de contactos do dispositivo poderás desde a Banca Móbil:
-
i) Seleccionar directamente un contacto da túa axenda para notificar unha transferencia.
-
ii) Seleccionar directamente un contacto da túa axenda para realizar un Halcash.
-
iii) Seleccionar directamente un contacto da túa axenda para realizar un Bizum.
Coa finalidade de axilizar o proceso de envío ou recepción de pagamentos a través do servizo Bizum, poderás autorizar no teu dispositivo o permiso de acceso á túa axenda de contactos, en cuxo caso a aplicación compartirá con Bizum os teus datos de contacto para que poidas identificar cales deles teñen a condición de usuarios do servizo Bizum.
Se non autorizaches este permiso no teu dispositivo, poderás facer uso destas funcionalidades da aplicación escribindo manualmente o número de teléfono ao que queiras notificar o envío dunha transferencia ou ben solicitar ou enviar un pagamento a través de Bizum ou Halcash.
-
iv) Incrementar a seguridade no uso da túa Banca Móbil.
3.2.3. Tratamentos asociados ao permiso de “Cámara”: se nos outorgas este permiso de acceso á cámara do teu dispositivo poderás desde a Banca Móbil:
- i) Xestionar a alta como cliente e autenticarte en liña. Neste suposto poderemos tratar datos biométricos asociados coa túa imaxe, sempre previo consentimento pola túa parte e despois de ser informado de todos os extremos do tratamento dos datos biométricos que se realizará neste proceso
- ii) Personalizar o teu perfil da Banca Móbil incluíndo unha fotografía tirada directamente coa cámara do dispositivo.
- iii) Xestionar o pagamento de recibos non domiciliados mediante a captura do código de barras. No caso de que non nos deas permiso poderás utilizar esta funcionalidade da aplicación introducindo manualmente os díxitos do código de barras do teu recibo..
- iv) Actualizar o documento de identidade: poderás tirar unha fotografía usando directamente a cámara do dispositivo na que se recollan todos os datos do teu documento de identidade. No caso de que non nos deas permiso poderás utilizar esta funcionalidade da aplicación subindo directamente unha fotografía da túa galería ou ben actualizar os datos en calquera oficina da Entidade.
- v) Incrementar a seguridade no uso da Banca Móbil.
3.2.4. Tratamento asociado ao permiso de “Teléfono”: a aplicación poderache solicitar este permiso coa finalidade de incrementar a túa seguridade no uso da Banca Móbil, co que poderemos implementar controis adicionais no uso da nosa aplicación.
3.2.5. Tratamentos asociados ao permiso de “Datos móbiles": poderémosche solicitar este permiso coa finalidade de poder acceder á túa aplicación da Banca Móbil usando os datos móbiles do teu dispositivo. Este permiso (a diferenza do resto de permisos informados) vén autorizado por defecto polo propio dispositivo, con todo, se a súa versión o permite, o usuario poderá retiralo en calquera momento de tal forma que unicamente será posible acceder á aplicación da Banca Móbil a través da rede wifi.
3.2.6. Tratamentos asociados ao permiso de “Ubicación”: se nos outorgas este permiso de acceso á localización do teu dispositivo poderemos:
- i) Ofrecerche o servizo de localizador de oficinas integrado na nosa aplicación da Banca Móbil.
- ii) Incrementar a seguridade no uso da túa Banca Móbil implementando controis adicionais tanto no uso coma na descarga da nosa aplicación para previr a fraude. Unicamente trataremos os datos da túa localización no momento de descargar a aplicación e acceder a ela, por iso só accederemos á túa localización se estás a usar a Banca Móbil e nunca nun segundo plano.
3.2.7. Tratamentos asociados ao permiso de “Identificación biométrica”: coa finalidade de incrementarmos a túa seguridade no acceso á Banca Móbil, se o dispositivo ou a versión da aplicación o permiten, dámosche a posibilidade de autenticarte usando o patrón biométrico asociado ao teu dispositivo. Previamente debes ter activada a identificación biométrica no dispositivo móbil e tal e como te informamos nas condicións aceptadas no teu propio dispositivo, os teus datos biométricos (Face ID, impresión dixital) permanecen no teu dispositivo e en ningún caso a aplicación de Banca Móbil pode acceder a esta información, así a única información que recibimos por parte do teu dispositivo é que a autenticación foi correcta. A seguir, detállase como trataremos os teus datos persoais no caso de que voluntariamente e se o teu dispositivo o permite crees a túa Chave ABANCA, este tratamento non está vinculado aos permisos do teu dispositivo polo que poderás activar e desactivar a Chave ABANCA directamente desde a túa Banca Móbil:
3.2.8. Tratamentos asociados á instalación de Chave de acceso ou Chave ABANCA.
Chave ABANCA é un sistema de verificación de identidade baseado na tecnoloxía de chaves de acceso, tamén coñecida como Passkey. As chaves de acceso validan a túa identidade utilizando o método de desbloqueo do teu dispositivo persoal (a túa cara, a impresión dixital ou o PIN do dispositivo). Cómpre aclararmos que ABANCA nunca terá acceso ao teu PIN ou aos datos biométricos, esta información só se almacena no teu dispositivo.
Polo tanto, cando creas unha Chave ABANCA permites que para realizar certas operacións (por exemplo un envío de diñeiro) previamente verifiquemos que es ti coa finalidade de incrementarmos a seguridade. Para iso, solicitarémoslle ao teu dispositivo que valide a túa identidade a través do sistema de desbloqueo que configuraras no teu dispositivo.
Chave ABANCA pódete axudar a previr intentos de fraude dado que, no caso de que mediante un engano lles proporciones as claves de acceso a ciberdelincuentes, terán máis difícil operar desde a túa Banca Móbil xa que se queren realizar unha transferencia poderáselles requirir que validen a súa identidade coa túa Chave ABANCA á cal só ti tes acceso mediante o método de desbloqueo do teu dispositivo (a túa cara, a impresión dixital ou o PIN).
Lembra que no caso de que crees a túa Chave ABANCA desde un dispositivo ao cal pode acceder máis dun usuario cos seus datos biométricos (cara ou impresión dixital), estarás autorizando a estas persoas para que se identifiquen coa Chave ABANCA e, xa que logo, poidan realizar operativa desde a túa Banca Móbil, ao igual que se compartes con terceiros o PIN de desbloqueo do teu dispositivo.
4. Con quen compartimos os teus datos?
A aplicación poderá compartir datos coa Entidade Bizum S.L unicamente no caso de que voluntariamente actives na Banca Móbil o servizo de transferencias inmediatas prestado por Bizum S.L.
Activando este servizo poderás, a través da Banca Móbil, enviar ou solicitarlles fondos a outros usuarios do servizo de forma inmediata, utilizando como datos de identificación do beneficiario (ou de ser o caso ordenante) o número de teléfono móbil e nos termos e condicións do servizo Bizum que deberás aceptar para activar esta funcionalidade.
Así, coa finalidade de poder xestionar o servizo de transferencias inmediatas Bizum a aplicación poderá compartir con Bizum S.L os seguintes datos:
-
Datos identificativos e de contacto: nome, apelidos e teléfono móbil.
-
Datos financeiros: unicamente o IBAN da conta que selecciones como conta de cargo ou de ser o caso beneficiaria das ordes de pagamento, así como o importe e o concepto de cada unha das operacións que realices facendo uso do servizo
Adicionalmente, tal e como se detalla no apartado 3.2.2.c) e no caso de que facilites o permiso de acceso á túa axenda de contacto, poderemos compartir con Bizum os teus datos de contacto para que poidas identificar cales deles teñen a condición de usuarios do servizo Bizum. No seu defecto facilitarémoslle a Bizum o número de teléfono que manualmente escribas como beneficiario (ou de ser o caso ordenante) dunha orde de pagamento.
5. Cales son os teus dereitos?
Podes exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos teus datos persoais, dirixíndote ao Servizo de Atención ao Cliente de ABANCA a través das canles referidas na información adicional e detallada sobre protección de datos que figura na política de privacidade accesible na nosa páxina web (https://www.abanca.com/), dentro do apartado de “Aspectos legais e de seguridade”, situado na parte inferior desta páxina web.
6. Onde podes consultar a información detallada de protección de datos?
A seguir podes consultar a información adicional e detallada sobre a política de privacidade da Banca Móbil.
INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?
O responsable do tratamento dos teus datos persoais é ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en diante, “ABANCA”), co NIF A-70302039 e domicilio social en Betanzos (A Coruña - España), r/ Cantón Claudino Pita, núm. 2, 15300.
En ABANCA contamos cun Delegado de Protección de Datos (en diante, tamén “DPD” ou “DPO”), co que poderás contactar, se o necesitas, para obter máis información sobre calquera dos puntos incluídos na nosa política de privacidade e para facerlle chegar as túas dúbidas, consultas ou reclamacións relacionadas co tratamento dos teus datos persoais, a través do enderezo de correo electrónico privacidad@abanca.com.
A seguir, ofrecémosche información detallada do tratamento dos teus datos persoais efectuado por ABANCA como responsable deste tratamento a través da nosa aplicación de Banca Móbil.
2. Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?
Debemos diferenciar entre as fontes das que proceden os teus datos persoais e as categorías de datos persoais que tratamos a través da nosa aplicación:
2.1. Fontes das que proceden os teus datos persoais
Os teus datos persoais tratados pola aplicación de Banca Móbil poden proceder de ti mesmo (cando os facilitas ou achegas no ámbito das túas relacións con nós), ser xerados en ABANCA (con motivo da xestión desas relacións), ou ter a orixe en fontes externas (é dicir, proceder de terceiros que non son parte das relacións que mantés con nós e dos que obtemos datos referentes á túa persoa ao abeiro do consentimento que, de ser o caso, nos outorgaras para tal efecto, ou ben ao abeiro dalgunha outra das bases xurídicas legalmente previstas que o permiten). A seguir, ofrecémosche información detallada respecto das mencionadas fontes internas e externas das que poden proceder os teus datos persoais:
-
Datos facilitados por ti no ámbito da formalización e o desenvolvemento das túas relacións contractuais con ABANCA (p. ex. datos identificativos, datos de contacto).
-
Datos xerados sobre ti derivados da propia xestión, desenvolvemento e mantemento das relacións contractuais que teñas con ABANCA (p. ex. os teus datos da conta e movementos da conta, datos de tarxetas contratadas coa Entidade).
-
Empresas do Grupo Económico de ABANCA, cuxos sectores de actividade comprenden o financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de investimento mobiliario, de formación, de mercadotecnia e de servizos de consultoría e asesoramento. .
Podes acceder á listaxe completa das sociedades que en cada momento forman parte do Grupo Económico de ABANCA premendo aquí.
No caso de que teñas contratado un seguro mediado por ABANCA Mediación Operador de Banca-Seguros Vinculados, S.L ou un plan de pensións contratado con ABANCA VIDA y PENSIONES, S.A, terás dispoñible a información dos teus seguros ou do teu plan de pensións con orixe nestas entidades do Grupo na túa aplicación de Banca Móbil.
Á súa vez, no caso de que contrataras un fondo de investimento comercializado por ABANCA amosarase a información sobre o teu fondo de investimento na túa aplicación de Banca Móbil
2.2. Categorías de datos persoais
Na aplicación de Banca Móbil tratamos distintos tipos de datos persoais para xestionarmos o funcionamento da aplicación, así como para o resto de finalidades que se indican no apartado 3.“Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?” desta política de privacidade.
Co propósito de que dispoñas de información clara e detallada ao respecto, agrupamos os datos persoais que tratamos nas seguintes categorías:
-
Datos identificativos e de contacto: nome, apelidos, documento de identidade (DNI, pasaporte ou NIE), enderezo postal e electrónico e teléfono fixo ou móbil.
-
Datos referidos á túa imaxe (p. ex. no caso de que personalices o perfil da Banca Móbil incluíndo unha fotografía).
-
Datos relativos a códigos ou claves de identificación para o acceso e a operativa na aplicación.
-
Datos económicos e de solvencia patrimonial: ingresos e gastos; investimentos e préstamos.
-
Datos financeiros: datos das túas contas, tarxetas e préstamos contratados en ABANCA.
-
Datos transaccionais: datos relacionados cos apuntamentos e movementos das contas, como poden ser os datos dos recibos domiciliados, transferencias e cargos; a información sobre os pagamentos realizados con tarxetas ou outros medios de pagamento de ABANCA ou ben usando os nosos TPV, ou a información sobre os pagamentos realizados con cargo ás liñas de crédito ou préstamos concedidos por ABANCA.
-
Datos de seguros: datos dos seguros comercializados por ABANCA que contrataras (datos que comprenden os de entidade aseguradora, rama do seguro, cota ou prima, data de vencemento, tomador e beneficiario/asegurado, capitais ou sumas aseguradas e matrícula do vehículo, no caso de seguros de automóbiles).
-
Categorías especiais de datos: referímonos a aqueles datos que, pola súa natureza, son particularmente sensibles en relación cos dereitos e liberdades fundamentais e que, por iso, merecen especial protección, xa que o seu tratamento podería implicar un maior risco para o individuo; é dicir, referímonos aos datos que revelen a túa orixe étnica ou racial, as túas opinións políticas, conviccións relixiosas ou filosóficas, afiliación sindical, datos xenéticos, datos relativos á túa saúde (p. ex., información relativa a enfermidades, a discapacidades ou ao estado fisiolóxico ou biomédico) ou á túa vida ou orientación sexual, datos de colectivos vulnerables –no caso de que estiveras incluído nalgún–, así como os datos biométricos dirixidos a identificarte de maneira unívoca.
Na nosa aplicación de Banca móbil, con carácter xeral, non recollemos nin utilizamos esta tipoloxía de datos persoais, pero si podemos conseguilos e tratalos no caso de que tramites a alta como cliente desde a propia Banca Móbil, posto que procederemos á túa identificación por medio dunha videochamada, sempre previo consentimento pola túa parte e informándote de todos os extremos do tratamento dos datos biométricos asociados á túa imaxe que se realizará neste proceso.
-
Datos de situación xeográfica. Distinguimos neste punto entre:
- Datos de situación xeográfica obtidos do teu enderezo IP.
- Datos de situación xeográfica que obtemos usando a localización do teu dispositivo para o que cómpre que previamente autorizaras o permiso de localización.
-
Datos do teu dispositivo móbil: tales como o ID do dispositivo, fabricante, modelo e sistema operativo.
-
Datos de navegación e comportamento app: enderezo IP e hábitos de comportamento na nosa Banca Móbil (p. ex. como navegas polas distintas seccións da nosa app), sempre que, cando se utilicen cookies e/ou tecnoloxías similares, aceptaras expresamente o seu uso e información ou a instalación e funcionamento técnico de aplicacións de terceiros que descargues no mesmo dispositivo no que instalaras a nosa aplicación de Banca Móbil; os datos sobre o ISP (dominio do provedor que dá acceso á rede), e a data-hora vinculada ao acceso; así como os códigos ou claves que se utilizan para acceder/operar na Banca Móbil e a identificación física do dispositivo ou dispositivo móbil (p. ex. IMEI)
Informámoste de que non todas as categorías de datos sinaladas anteriormente son utilizadas para todos os tratamentos previstos nesta política de privacidade. En efecto, e por aplicación do principio legal de minimización de datos, tales datos persoais utilizaranse soamente na medida en que, en función das circunstancias de cada caso concreto, resulten adecuados e pertinentes para cumprir coa finalidade asignada nesta política de privacidade ao tratamento correspondente.
3. Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos?
Seguidamente informámoste sobre os distintos tratamentos dos teus datos persoais dos que ABANCA é responsable con especificación das finalidades e as bases xurídicas de cada un deles.
Adicionalmente distinguiremos que tratamentos compren para o funcionamento básico da aplicación e cales destes tratamentos son opcionais, é dicir son tratamentos que, sen ser estritamente necesarios para o uso da aplicación, ofrecen melloras no seu uso ou ben nos permiten mellorar a seguridade; estes tratamentos están ligados aos permisos do dispositivo.
3.1 Tratamentos estritamente necesarios para o funcionamento básico da aplicación.
3.1.1 Tratamentos baseados na execución do contrato de banca a distancia.
A finalidade deste tratamento é a correcta formalización, mantemento e cumprimento da relación contractual establecida con ABANCA mediante a descarga da aplicación. A seguir, indícanse as operacións de tratamento dos teus datos que poderemos efectuar no marco do tratamento referido:
-
Xestionar o acceso á aplicación de Banca Móbil a través das túas claves de banca a distancia.
-
Executar as operacións que realices a través da túa Banca Móbil.
-
Poñer ao teu dispor a información sobre:
- O teu saldo e os movementos en contas de ABANCA.
- As túas tarxetas de ABANCA incluíndo o detalle das operacións e, no caso de tarxetas de crédito, información sobre o saldo disposto e dispoñible.
- Os teus préstamos e investimentos con ABANCA.
- Poderán amosarse os teus seguros comercializados a través de ABANCA.
-
Proceder, de ser o caso, á sinatura de contratos mediante a modalidade de sinatura ABANCA.
-
De ser o caso, poñer ao teu dispor un servizo chat que che permitirá comunicarte de forma directa co teu xestor.
-
Enviarche comunicacións non comerciais estritamente relacionadas cos produtos e servizos que teñas contratados con ABANCA ou comercializados por ABANCA (comunicacións relativas aos teus seguros ou fondos de investimento) á túa caixa de correo privada do servizo de e-correspondencia da Banca a Distancia..
-
Categorizar os teus gastos e mais os ingresos de forma automática. Se esta categorización non é correcta poderás modificala desde o detalle do movemento seleccionando a categoría correspondente entre unha listaxe predeterminada.
-
Poñer ao teu dispor información sobre a localización xeográfica do comercio no que realizaras unha compra ou ben do caixeiro de ABANCA no que realizaras unha retirada de efectivo. Esta información infírese da localización do comercio ou caixeiro e en ningún caso da localización do teu dispositivo, pois unicamente accederemos á localización do teu dispositivo previa obtención do permiso de xeolocalización correspondente e para as finalidades informadas no apartado 3.2.6 desta política.
3.1.2 Tratamentos baseados no interese lexítimo de ABANCA na prevención da fraude.
Facemos referencia neste apartado aos tratamentos dos teus datos persoais que teñen como base xurídica a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos por ABANCA, sempre que sobre eses intereses lexítimos non prevalezan os teus propios intereses ou dereitos e liberdades fundamentais
Por este motivo, de forma previa á realización dos tratamentos que se describen neste subapartado 3.3, realizamos unha ponderación entre os teus dereitos e o interese lexítimo de ABANCA, concluíndo que prevalece este último. Podes consultar a análise de ponderación que realizamos poñéndote en contacto co noso DPD no seguinte enderezo de correo electrónico: privacidad@abanca.com.
É interese lexítimo de ABANCA impedir situacións de fraude na utilización da aplicación que puideran derivar na suplantación da túa identidade e polo tanto nun prexuízo para ti. Por iso, e coa finalidade da prevención da fraude tanto en (i) a provisión da Banca Móbil, así como (ii) durante o seu uso, poderemos levar a cabo as seguintes operacións de tratamento sobre os teus datos persoais:
-
Despois de che provisionar a Banca Móbil asociaranse ao teu usuario datos como o modelo de dispositivo, fabricante, sistema operativo ou a túa localización xeográfica; estes parámetros permitirannos aplicar medidas para a prevención da fraude, ante a concorrencia de determinadas regras, tendo en conta a combinación dos parámetros asociados ao teu usuario. .
-
Poderemos detectar un código malicioso (malware) instalado no dispositivo no que provisionaches a túa Banca Móbil, deste modo, se se detecta a existencia dun “malware” no dispositivo móbil, ABANCA poderá aplicar medidas para a prevención da fraude.
-
Tendo en conta o comportamento na interacción coa aplicación do usuario autenticado na Banca Móbil, poderase determinar se este patrón de comportamento é común ou ben se detectan irregularidades no uso, en cuxo caso se poderán aplicar medidas para a prevención da fraude.
Tal e como se informa no apartado 2.2 da presente política “Categoría de datos persoais” a aplicación da Banca Móbil unicamente trata datos biométricos na alta de cliente e previa obtención do teu consentimento; por iso aclaramos que a través deste tratamento non xeramos datos biométricos asociados ao teu concreto comportamento na aplicación (“datos condutuais”), senón que unicamente verificamos que o comportamento na aplicación do usuario autenticado non se corresponde cun patrón ao que se asociara un risco de fraude.
3.2 Tratamentos opcionais para mellorar os servizos que ofrece a aplicación previa autorización do usuario.
A seguir, detállanse aqueles tratamentos que están vinculados aos permisos do teu dispositivo. Isto é, a aplicación poderá solicitarche permisos, por exemplo para acceder á cámara, aos contactos ou ás túas notificacións co obxectivo de que poidas facer uso de certas funcionalidades da aplicación. En todo momento poderás revisar e modificar os permisos nos axustes do teu dispositivo:
3.2.1. Tratamentos asociados ao permiso de “Notificacións”:
Se nos outorgas este permiso no teu dispositivo poderemos desde a Banca Móbil enviarche avisos sobre a túa operativa:
Coa finalidade de que poidas recibir avisos sobre a túa operativa en ABANCA poderás activar o permiso de notificacións no teu dispositivo, ademais na Banca Móbil poderás configurar, co detalle que che amosamos a seguir, que tipo de notificacións queres recibir:
-
Notificacións sobre as túas contas e a tarxeta:
- Avisarémoste cada vez que recibas un ingreso en calquera das túas contas de ABANCA.
- Notificarémosche se tes saldo negativo nalgunha das contas de ABANCA.
- Avisarémoste cada vez que teñas gastos coas tarxetas superiores ao importe que nos indiques.
-
Outros servizos:
- Avisarémoste no caso de que sexa devolto un recibo domiciliado en ABANCA.
- Avisarémoste sobre as operacións realizadas na túa conta de valores.
- Enviarémosche notificacións sobre produtos e servizos que poidan interesarche tendo en conta o teu perfil comercial e de risco, unicamente no caso de que non amosaras previamente a oposición ao envío de comunicacións comerciais da Entidade.
Non poderás desactivar na Banca Móbil as notificacións de seguridade necesarias para garantir a máxima seguridade do servizo aínda que, ao igual ca o resto das notificacións están ligadas a que nos outorgues o permiso de notificacións no teu propio dispositivo.
3.2.2 Tratamentos asociado ao permiso de “Contactos”:
Se nos outorgas este permiso no dispositivo poderás, desde a Banca Móbil, facer uso das seguintes funcionalidades:
-
a) Seleccionar directamente un contacto da axenda para notificar unha transferencia. Coa finalidade de notificar unha transferencia realizada a un dos contactos do teu dispositivo poderás autorizar o permiso de acceso á axenda de contactos.
-
b) Seleccionar directamente un contacto da axenda para realizar un Halcash. Coa finalidade de enviar diñeiro con Halcash mediante a retirada do efectivo ao instante nun caixeiro, poderás autorizar o permiso de acceso á túa axenda de contactos.
-
c) Seleccionar directamente un contacto da axenda para realizar un Bizum.
A Banca Móbil inclúe entre as funcionalidades o Servizo de Transferencias Inmediatas (en diante Bizum) prestado por Bizum S.L. que permite enviar e recibir diñeiro dispoñendo unicamente do número de teléfono do beneficiario (ou de ser o caso ordenante) da orde de pagamento.
Coa finalidade de axilizar este proceso, poderás autorizar no dispositivo o permiso de acceso á axenda de contactos, en cuxo caso a aplicación compartirá con Bizum os teus datos de contacto para que poidas identificar cales deles teñen a condición de usuarios do servizo Bizum.
Se non autorizaches este permiso no teu dispositivo poderás facer uso destas funcionalidades da aplicación escribindo manualmente o número de teléfono ao que queiras notificar o envío dunha transferencia ou ben solicitar ou enviar un pagamento a través de Bizum ou Halcash.
-
d) Incrementar a seguridade no uso da Banca Móbil.
Adicionalmente, se habilitaches este permiso no teu dispositivo, poderemos implementar controis adicionais coa finalidade de incrementarmos a túa seguridade no uso da nosa aplicación.
3.2.3. Tratamentos asociados ao permiso de “Cámara”.
Se nos outorgas este permiso no teu dispositivo poderás, desde a Banca Móbil, facer uso das seguintes funcionalidades:
-
a) Videoidentificación na alta de cliente
Coa finalidade de xestionar a túa alta como cliente e autenticarte en liña, poderás autorizar o acceso á cámara do dispositivo.
Neste suposto e tal e como te informamos no apartado 2.2 “Categoría de datos persoais” poderemos tratar datos biométricos asociados á túa imaxe, sempre previo consentimento pola túa parte (consentimento diferenciado do propio permiso de acceso á cámara do teu dispositivo) e informándote de todos os extremos do tratamento dos datos biométricos que se realizará neste proceso.
-
b) Personalizar o teu perfil da Banca Móbil.
Coa finalidade de personalizarmos o teu perfil da Banca Móbil, incluíndo unha fotografía tirada directamente coa cámara do dispositivo, solicitámosche o permiso de acceso á cámara do dispositivo. No caso de que non nos deas permiso poderás utilizar esta funcionalidade da aplicación subindo unha imaxe directamente da túa galería.
-
c) Xestionar o pagamento de recibos.
Coa finalidade de xestionar o pagamento de recibos non domiciliados mediante a captura do código de barras facendo uso directamente da cámara, solicitámosche o permiso de acceso á cámara do dispositivo. No caso de que non nos deas permiso poderás utilizar esta funcionalidade da aplicación introducindo manualmente os díxitos do código de barras do recibo.
-
d) Actualizar o documento de identidade.
Coa finalidade de actualizarmos o teu documento de identidade en cumprimento das obrigas previstas na Lei 10/2010, do 28 de abril, de prevención do branqueo de capitais e financiamento do terrorismo, poderás tirar unha fotografía facendo uso directamente da cámara do dispositivo na que se recollan todos os datos do teu documento de identidade. No caso de que non nos deas permiso poderás utilizar esta funcionalidade da aplicación subindo directamente unha fotografía da túa galería ou ben actualizar os datos en calquera oficina da Entidade..
-
e) Incrementar a seguridade no uso da túa Banca Móbil.
Adicionalmente, se habilitaches este permiso no teu dispositivo, poderemos implementar controis adicionais coa finalidade de incrementarmos a seguridade no uso da nosa aplicación.
3.2.4. Tratamiento asociado ao permiso de “Teléfono”.
A aplicación poderache solicitar este permiso coa finalidade de incrementarmos a túa seguridade no uso da Banca Móbil, co que poderemos implementar controis adicionais no uso da nosa aplicación.
3.2.5. Tratamientos asociados ao permiso de “Datos móbiles".
Coa finalidade de poder acceder á túa aplicación da Banca Móbil facendo uso dos datos móbiles do teu dispositivo, poderemos requirir o permiso de acceso aos datos do teu dispositivo móbil. Este permiso (a diferenza do resto de permisos informados) vén autorizado por defecto polo propio dispositivo, con todo, se a súa versión o permite, o usuario poderá retiralo en calquera momento de tal forma que unicamente será posible acceder á aplicación da Banca Móbil a través da rede wifi.
3.2.6. Tratamientos asociados ao permiso de “Ubicación”.
Se nos outorgas este permiso no teu dispositivo poderás, desde a Banca Móbil, facer uso das seguintes funcionalidades:
-
a) Localizador de Oficinas.
Coa finalidade de poder ofrecerche o servizo de localizador de oficinas, integrado na nosa aplicación da Banca Móbil, solicitarémosche o permiso de acceso á localización do teu dispositivo, desta forma amosarémosche as oficinas da rede de ABANCA dispoñibles na túa contorna en cada momento.
-
b) Incrementar a seguridade no uso da Banca Móbil.
Coa finalidade de incrementarmos a seguridade no uso da Banca Móbil solicitarémosche o permiso de acceso á túa localización, co que poderemos implementar controis adicionais tanto no uso coma na descarga da nosa aplicación. Unicamente trataremos os datos da túa localización no momento de descargar a aplicación e acceder a ela, o que nos permitirá implementar controis adicionais para previr a fraude, por iso só accederemos á túa localización se estás usando a Banca Móbil e nunca nun segundo plano.
3.2.7. Tratamientos asociados ao permiso de “Identificación biométrica”:
Coa finalidade de incrementarmos a seguridade no acceso á Banca Móbil, se o dispositivo ou a versión da aplicación o permiten, dámosche a posibilidade de autenticarte usando o patrón biométrico asociado ao teu dispositivo.
Previamente debes ter activada a identificación biométrica no teu dispositivo móbil e tal e como se che informa nas condicións aceptadas no teu propio dispositivo, os teus datos biométricos (Face ID, impresión dixital) permanecen no teu dispositivo e en ningún caso a aplicación de Banca Móbil pode acceder a esta información, así a única información que recibimos por parte do teu dispositivo é que a autenticación foi correcta.
A seguir, detállase como trataremos os teus datos persoais no caso de que voluntariamente e se o teu dispositivo o permite crees a túa Chave ABANCA, este tratamento non está vinculado aos permisos do teu dispositivo polo que poderás activar e desactivar a Chave ABANCA directamente desde a Banca Móbil:
3.2.8. Tratamentos asociados á instalación de Chave de acceso ou Chave ABANCA.
Chave ABANCA é un sistema de verificación da identidade baseado na tecnoloxía de chaves de acceso, tamén coñecida como Passkey. As chaves de acceso validan a túa identidade utilizando o método de desbloqueo do teu dispositivo persoal (a cara, a impresión dixital ou o PIN do dispositivo). É importante aclarar que ABANCA nunca terá acceso ao teu PIN ou aos datos biométricos, esta información só se almacena no teu dispositivo.
Polo tanto, cando creas unha Chave ABANCA permites que para realizar certas operacións (por exemplo un envío de diñeiro) previamente verifiquemos que es ti coa finalidade de incrementarmos a seguridade. Para iso, solicitarémoslle ao teu dispositivo que valide a túa identidade a través do sistema de desbloqueo que configuraras nel.
Chave ABANCA pódete axudar a previr intentos de fraude, dado que no caso de que mediante un engano lles proporciones as claves de acceso a ciberdelincuentes, terán máis difícil operar desde a túa Banca Móbil xa que, se queren realizar unha transferencia poderáselles requirir que validen a identidade coa túa Chave ABANCA á cal só ti tes acceso mediante o método de desbloqueo do teu dispositivo (a cara, a impresión dixital ou o PIN)
Lembra que no caso de que crees a túa Chave ABANCA desde un dispositivo ao cal pode acceder máis dun usuario cos seus datos biométricos (cara ou impresión dixital), estarás autorizando estas persoas para que se identifiquen coa Chave ABANCA e, xa que logo, poidan realizar operativa desde a túa Banca Móbil, ao igual que se compartes con terceiros o PIN de desbloqueo do teu dispositivo. .
4. Con quen compartimos os teus datos?
A aplicación poderá compartir datos coa entidade Bizum S.L. unicamente no caso de que voluntariamente actives na Banca Móbil o Servizo de Transferencias Inmediatas prestado por Bizum S.L.
Activando este servizo poderás, a través da Banca Móbil, enviar ou solicitarlles fondos a outros usuarios do servizo de forma inmediata, utilizando como datos de identificación do beneficiario (ou de ser o caso ordenante) o número de teléfono móbil e nos termos e condicións do servizo Bizum que deberás aceptar para activar esta funcionalidade.
Así, coa finalidade de poder xestionar o servizo de Transferencias Inmediatas Bizum a aplicación poderá compartir con Bizum S.L. os seguintes datos:
-
Datos identificativos e de contacto: nome, apelidos e teléfono móbil.
-
Datos financeiros: unicamente o IBAN da conta que selecciones como conta de cargo ou, de ser o caso, beneficiaria das ordes de pagamento, así como o importe e mais o concepto de cada unhas das operacións que realices usando o servizo.
Adicionalmente, tal e como se detalla no apartado 3.2.2.c) e, no caso de que facilites o permiso de acceso á túa axenda de contactos, poderemos compartir con Bizum os teus datos de contacto para que poidas identificar cales deles teñen a condición de usuarios do servizo Bizum. No seu defecto, facilitarémoslle a Bizum o número de teléfono que manualmente escribas como beneficiario (ou de ser o caso ordenante) dunha orde de pagamento.
5. Está prevista algunha transferencia internacional?
Determinadas sociedades que lle prestan servizos a ABANCA están localizadas fóra da Unión Europea, o que implica a realización de transferencias internacionais de datos. Neste sentido, ABANCA garante a aplicación de medidas de seguridade técnicas, organizativas e legais que resulten axustadas ao nivel de risco do tratamento con independencia do territorio onde este se produza.
Calquera comunicación de datos que se produza a terceiros localizados en países fóra do espazo económico europeo (EEE) estará suxeita a un nivel adecuado de protección que garanta a seguridade e a lexitimidade do tratamento dos teus datos persoais, consonte o disposto na normativa vixente que resulte de aplicación..
Para máis información sobre as transferencias internacionais de datos, podes dirixirte ao Delegado de Protección de Datos de ABANCA no seguinte enderezo de correo electrónico:privacidad@abanca.com
6. Por canto tempo conservamos os teus datos?
Os teus datos persoais conservaranse durante a vixencia da relación contractual ou precontractual con ABANCA e, no caso de que prestases o consentimento para tal efecto, serán conservados con posterioridade á relación contractual ou precontractual por un prazo máximo de 5 anos. Finalizada a relación contractual ou precontractual (ou, de ser o caso, transcorrido o prazo de 5 anos), os datos serán bloqueados consonte o disposto na normativa aplicable, o que implica a identificación e reserva dos datos, adoptando medidas técnicas e organizativas para impedir o seu tratamento, agás para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou para a posta ao dispor de xuíces e tribunais, o ministerio fiscal ou as administracións públicas competentes, para os efectos da atención ou esixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só durante os prazos da súa prescrición legal. Transcorridos estes prazos, os teus datos persoais serán eliminados..
7. Cales son os teus dereitos?
A normativa de protección de datos confíreche unha serie de dereitos en relación co tratamento dos teus datos persoais:
-
Dereito de acceso. Podes coñecer que tipo de datos estamos a tratar e as características do tratamento que estamos levando a cabo.
-
Dereito de rectificación. Podes solicitar a modificación dos teus datos cando estes sexan inexactos ou incompletos.
-
Dereito de portabilidade. Podes obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.
-
Dereito á limitación do tratamento. Podes solicitar a limitación do tratamento dos teus datos persoais cando se cumpra algunha das condicións que se recollen na lei:
- Cando impugnes a exactitude dos teus datos persoais, durante o prazo no que ABANCA comproba a súa exactitude;
- Cando o tratamento é ilícito pero te opoñas á supresión dos teus datos;
- Cando ABANCA non necesite tratar os teus datos pero ti os necesites para o exercicio ou a defensa de reclamacións; e
- Cando te opuxeras ao tratamento dos teus datos realizado para o cumprimento dunha misión en interese público ou para a satisfacción dun interese lexítimo mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os teus.
-
Dereito de supresión. Podes solicitar a supresión dos teus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.
-
Dereito de oposición. Podes solicitar que non tratemos os teus datos persoais (p. ex. para o cesamento do envío de comunicacións comerciais de produtos da Entidade) e a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente en tratamentos automatizados. Así mesmo, podes solicitar o cesamento nos tratamentos amparados no interese lexítimo de ABANCA, en cuxo caso deixaremos de tratar os teus datos, salvo que acreditemos motivos lexítimos imperiosos para o tratamento que puideran prevalecer sobre os teus dereitos, ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
-
Dereito a revogar o consentimento prestado en calquera momento.
-
Dereito a interpoñer unha reclamación fronte á autoridade de control (en España, la Axencia Española de Protección de Datos: https://www.aepd.es/Serás redirixido a outro sitio web.
Para o exercicio de calquera destes dereitos, debes dirixirte ao noso Servizo de Atención ao Cliente a través do enderezo postal: rúa Nova, 1 - Entreplanta, 15003, A Coruña; ou do correo electrónico a: atencioncliente@abanca.com.
Tramitaremos a túa solicitude coa maior brevidade posible e, en calquera caso, dentro do prazo legal dun mes a partir da recepción do teu escrito. Este prazo poderá prorrogarse outros dous meses no caso de ser necesario, tendo en conta a complexidade e mais o número de solicitudes. Neste último caso serás informado da prórroga, dentro do transcurso do primeiro mes desde a recepción da solicitude, indicando os motivos da dilación.
8.Ampliar información sobre protección de datos.
Na presente política informámoste do concreto tratamento dos teus datos no uso da nosa aplicación de Banca Móbil, podes consultar a política de privacidade de clientes desde a nosa (https://www.abanca.com/) dentro do apartado de “Aspectos legais e de seguridade”, situado na parte inferior desta páxina web https://www.abanca.com/gl/legal/politica-privacidade-clientes/informacion-adicional/.
9. Modificacións da política de privacidade.
Esta política será revisada e actualizada para cumprir cos cambios normativos que se produzan en cada momento, ou cando se realicen novos tratamentos por parte de ABANCA. Por este motivo, é importante que de maneira periódica revises o contido. A data da última actualización é maio de 2024.